Saltar ao contido

Sergei Sheremetev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSergei Sheremetev

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de novembro de 1844 Editar o valor en Wikidata
San Petersburgo, Rusia Editar o valor en Wikidata
Morte17 de decembro de 1918 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor en Wikidata
Membro do Consello de Estado do Imperio Ruso
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónCorpo de Pagens (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor en Wikidata
Partido políticoRussian Assembly (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Rango militarCoronel Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra ruso-turca Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaSheremetev family (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeYekaterina Sheremeteva Editar o valor en Wikidata
FillosDmitry Sheremetev, Pavel Sergeyevich Sheremetev (graaf), Boris Sheremetev, Anna Sheremeteva, Pyotr Sheremetev, Sergey Sheremetev, Yekaterina Sheremeteva, Mariya Sheremeteva, Vasily Sheremetev Editar o valor en Wikidata
PaisDmitriy Nikolaevich Sheremetev Editar o valor en Wikidata  e Anna Sheremeteva Editar o valor en Wikidata
IrmánsAleksandr Sheremetev Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Moskovskaia entsiklopedia: Litsa Moskvi Editar o valor en Wikidata

Sergei Sheremetev, nado o 26 de novembro de 1844 en San Petersburgo e finado o 17 de decembro de 1918 en Moscova, foi un nobre, terratenente, militar e académico do Imperio Ruso.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Sergei Sheremetev cos galóns de rotmister
A súa dona, a princesa Ekaterina Sheremeteva, contra 1870

Procedía dunha das familias nobres máis podentes de Rusia, os Sheremetev descendentes de Feodor Koshka, proxenitor tamén dos Romanov. Seu pai era o conde (graf) Dmitri Sheremetev (1803-1871), militar e alto funcionario, e súa nai Anna Sergeievna Hemeteva (1811-1849). O seu medio irmán, por parte de pai, Aleksandr Sheremetev (1859-1931), foi director de orquestra. Sergei estudou no fogar como era habitual na época entre as familias da gran nobreza rusa e realizou o exame para ingresar na academia do Corpo dos Paxes. Serviu no Rexemento de Gardas Cabaleiros en 1863 como corneta, e en 1865 logrou o rango de poruchik (tenente), foi axuda de campo do rexemento dende 1866 e acadou o grao de stab-rotmister en 1867. En 1868 como rotmister foi axudante do tsarévich Alexandre.

En 1868 casou con Ekaterina Pavlovna Viazemskaia (1849-1929), filla do príncipe Pavel Petrovich Viazemski e neta do poeta Piotr Viazemski. A parella tivo nove fillos, entre eles o militar Dmitri Sheremetovv (1869-1943) e o artista e escritor Pavel Sheremetov (1871–1943).

En 1873 foi deputado da nobreza do distrito de Shlisselburg na provincia de San Petersburgo e entre 1873 e 1875 foi tamén o seu xuíz de paz honorario e en diversos períodos (1876-1879; 1885-1888; 1902-1914) foino no distrito de Podolskii na provincia de Moscova. Ascendeu a coronel en 1875 e participou na Guerra ruso-turca de 1877 e 1878 no destacamento comandado polo tsarévich na campaña dos Balcáns e recibiu a medalla da Orde de San Vladimir de terceira clase con espadas. Dende 1881 foi axudante de campo do tsar Alexandre III. Entre 1883 e 1894 dirixiu a Capela de Canto da Corte Imperial de San Petersburgo e dende 1885 foi administrador da fogar da emperatriz Alexandra Theodorovna para o coidado dos pobres. En 1885 ascendeu á posición civil de conselleiro de estado activo (deystvitelnyi statskiy sovetnik)[1] e líder da nobreza (predvodítel dvorianstva) da provincia de Moscova. En 1892 acadou o rango cortesán de mestre de caza (egermeister). Entre 1900 e 1917 foi membro do Consello de Estado e asemade presidente da Comisión Arqueográfica. En 1904 ascendeu a xefe de mestres de caza (Ober-egermeister) na corte imperial. Cara a 1905 Sergei Sheremetev era o segundo propietario en superficie de terras do Imperio Ruso, tras seu medio irmán, con aproximadamente 151 000 desiatinas[2] en 22 uezd [3].

Tras a Revolución Rusa de 1917 viviu en Moscova, as autoridades permitíronlle que residise nun dos apartamentos comunais nos que se dividiu unha das mansións do coñecido como o Patio de Sheremetev, antiga posesión da súa familia[4]e alí morreu o 17 de decembro de 1918. Soterrárono no novo cemiterio do mosteiro de Novopasski.

Foi autor de numerosas obras sobre historia e cultura rusa. Entre as súas obras máis coñecidas salientan unha unha serie de libros sobre a Moscova antiga, con biografías de recoñecidos moscovitas ou con información de mosteiros locais. Preparou e publicou ao seu custo varios volumes con crónicas, cartas ou manuscritos, incluídos moitos que procedían do arquivo familiar. Tamén publicou tres volumes de memorias que publicou entre 1898 e 1899

  1. No Imperio Ruso dende 1722 existía a Táboa de rangos, unha xerarquización de rangos sociais que consistía nunha listaxe oficial de cargos e postos do ámbito militar, gobernamental e da corte. Esa táboa determinaba a posición e o estado dun individuo baseado nos servizos ao tsar. Os cinco rangos superiores concedían a nobreza hereditaria. Véxase: Simon M. Dixon The Modernisation of Russia, 1676-1825 Cambridge University Press, 1999
  2. Medida do Imperio Ruso que equivalía aproximadamente a 1 hectárea. Véxase Cardarelli, F. (2004). Encyclopaedia of Scientific Units, Weights and Measures: Their SI Equivalences and Origins (2ª ed.). Springer. pp. 120–124
  3. Becker, Seymour (1985). Nobility and Privilege in Late Imperial Russia. Norther Illinois University Press. p. 38. 
  4. Krasko, А. В. (2009). Три века городской усадьбы графов Шереметевых: люди и события.