Gardacostas de Galicia
Gardacostas de Galicia | |
---|---|
Tipo | garda costeira |
Data de fundación | 21 de abril de 2004 |
Nº de empregados | 239 |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Servizo de Gardacostas de Galicia, tamén coñecido de modo extraoficial como Gardacostas de Galicia, é o organismo encargado de velar pola garda costeira, vixilancia pesqueira, busca e salvamento e protección do medio mariño nas augas da comunidade autónoma de Galicia, España. Depende directamente da Consellería do Mar por medio da Subdirección Xeral de Gardacostas.
A súa fundación coma corpo de gardacostas data do ano 2004, a raíz da promulgación da Lei 2/2004, de 21 de abril, pola que se crea o Servizo de Gardacostas de Galicia.[1] O corpo de gardacostas naceu a partir de servizos que xa estaban a funcionar Galicia, como eran o Servizo de Vixilancia Pesqueira e o Servizo de Busca e Salvamento. No servizo traballan 239 persoas (incluído persoal colaborador doutras empresas),[2] entre eles 112 axentes[3] e conta con 2 helicópteros, 19 embarcacións, 60 vehículos e 3 camionetas.[4]
Historia
[editar | editar a fonte]Dende a promulgación do Estatuto de Autonomía de Galicia en 1981, a comunidade autónoma de Galicia dispón de exclusividade en competencias de materia de pesca en augas interiores, marisqueo e acuicultura, e de desenvolvemento e execución da lexislación española en materia de ordenación do sector pesqueiro.[5]
En base a esas competencias, o Parlamento de Galicia aprobou a súa primeira normativa en materia pesqueira, a Lei 5/1985, de 11 de xuño, de sancións en materia pesqueira, marisqueira e de cultivos mariños. Esta normativa, quedaría posteriormente derogada pola Lei 6/1991, de 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros, que sentaría as bases para a creación do Servizo de Inspección e Vixilancia pesqueira.[6]
O mesmo tempo, en abril do ano 1990, a Consellería de Pesca, creou o Servizo de Busca e Salvamento, co obxectivo de «mellorar a calidade de vida do pescador galego». A necesidade da creación dun servizo de busca e salvamento propio naceu a raíz dos numerosos accidentes marítimos nas costas de Galicia, e na falta dun servizo de salvamento a nivel estatal, xa que non sería ata dous anos máis tarde cando nacese a Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima. Este servizo constituíuse coma o primeiro deste tipo en España, e o segundo en Europa, sendo pioneiro no emprego de medios aéreos civís para as misións de salvamento.[7]
Tras unha década dende a creación destes dous servizos, estimouse necesaria a creación dunha estrutura única, tendo en conta a nova situación socioeconómica do sector e do tráfico marítimo. En 2004 promulgouse a Lei 2/2004, de 21 de abril, pola que se crea o Servizo de Gardacostas de Galicia,[1] que englobaba todas estas funcións.
Unidades de intervención
[editar | editar a fonte]Para a realización das súas tarefas, o Servizo de Gardacostas de Galicia dispón de distintos medios marítimos e aéreos. Dentro das unidades marítimas dispón dun total dun buque remolcador, o Sebastián de Ocampo, un buque de salvamento e inspección marítima, o Irmáns García Nodal, e varias embarcacións de patrulla. As unidades aéreas están formadas por dous helicópteros Sikorsky S-76, mais un terceiro helicóptero para cubrir as paradas de mantemento.
Unidades marítimas
[editar | editar a fonte]Código | Nome | Ano | Estado | Base | Observacións |
---|---|---|---|---|---|
IP-601 | Punta Roncadoira | En servizo | Viveiro | Embarcación da Clase Rodman-58. | |
IP-208 | Os Cairos | En servizo | Viveiro | Embarcación tipo Zodiac. | |
IP-309 | A Miranda | En servizo | Ferrol | ||
IP-120 | Serra do Galiñeiro | En servizo | A Coruña | ||
IP-303 | Illa Vionta | En servizo | A Coruña | ||
IP-600 | Punta Festiñazo | En servizo | Muxía | Embarcación da Clase Rodman-58. | |
Illas Sisargas | En servizo | Muxía | Embarcación tipo Zodiac | ||
IP-117 | Punta Faladoira | En servizo | Porto do Son | ||
IP-312 | Illa de Onza | En servizo | Porto do Son | ||
IP-123 | María de Pazos | En servizo | Ribeira | ||
IP-118 | Pena Forcadas | En servizo | Ribeira | ||
IP-311 | Illas Malveiras | En servizo | Ribeira | ||
IP-112 | Xistral | En servizo | Ribeira | ||
Gaivotiña | En servizo | Ribeira | Exhibición e ás veces Inspección | ||
IP-122 | Serra do Faro | En servizo | Vilagarcía de Arousa | ||
IP-308 | Illa de Cortegada | En servizo | Vilagarcía de Arousa | ||
IP-119 | Pena Trevinca | En servizo | Pontevedra | ||
IP-209 | María Figueroa | En servizo | Pontevedra | Embarcación tipo Zodiac | |
IP-121 | Serra do Caurel | En servizo | Pontevedra | ||
IP-111 | Serra do Barbanza | En servizo | Vigo | ||
IP-310 | Illa de San Simón | En servizo | Vigo | ||
Valentín Paz Andrade | En servizo | Vigo | Buque Escola e Inspección | ||
IP-700 | Paio Gómez Chariño | En servizo | Itinerante | Embarcación da Clase Rodman-101 | |
Sebastián de Ocampo | 2005 | En servizo | Itinerante | Buque remolcador | |
Irmáns García Nodal | 2005 | En servizo | Itinerante | Embarcación de inspección e salvamento |
Unidades aéreas
[editar | editar a fonte]Os medios aéreos do Servizo de Gardacostas de Galicia son dous helicópteros coñecidos como «Pescas», máis un empregado para coberturas de mantemento. Son as sequintes aeronaves:
Aeronave | Orixe | Matrícula | Versión | Base | Observacións |
---|---|---|---|---|---|
Sikorsky S-76 | Estados Unidos | EC-JES | S-76C+ | Aeroporto de Vigo | Coñecido coma Pesca 1. Propiedade da Xunta de Galicia e operado por Helicsa.[8] |
Sikorsky S-76 | Estados Unidos | EC-JET | S-76C+ | Heliporto Costa Norte | Coñecido coma Pesca 2. Propiedade da Xunta de Galicia e operado por Helicsa.[9] |
Eurocopter Dauphin | Francia | EC-HIM | AS-365N-2 Dauphin 2 | Heliporto Costa Norte | Baseado en Viveiro para coberturas. Unidade alugada a Helicsa. Anteriormente operou dende a mesma base, antes de ser substituído polo Sikorsky S-76.[10] |
Tamén, con anterioridade, outros modelos de helicópteros foron empregados coma medios aéreos do Servizo de Gardacostas de Galicia coma «Pescas»:
Aeronave | Orixe | Matrícula | Versións | Base | Observacións |
---|---|---|---|---|---|
Eurocopter Dauphin | Francia | EC-HCL | AS-365N-2 Dauphin 2 | Aeroporto de Vigo | Empregado coma Pesca 1.[11] |
Agusta-Bell 212 | Italia/ Estados Unidos | EC-FBM | AB-212 | Heliporto Costa Norte | Empregado coma Pesca 2.[12] |
Agusta-Bell 212 | Italia/ Estados Unidos | EC-FBL | AB-212 | Aeroporto de Vigo | Empregado coma Pesca 1.[13] |
Agusta-Bell 412 | Italia/ Estados Unidos | EC-GSK | AB-412 | Aeroporto de Vigo | Empregado coma Pesca 1.[14] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Lei 2/2004, de 21 de abril, pola que se crea o Servizo de Gardacostas de Galicia.". DOGA. Consultado o 8 de setembro de 2017.
- ↑ "Estrutura", Gardacostas de Galicia
- ↑ "Mar reforzará el Servizo de Gardacostas incorporando quince nuevos agentes", La Voz de Galicia, 28 de decembro de 2017
- ↑ "Medios", Gardacostas de Galicia
- ↑ "ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA - Título II: Das Competencias de Galicia". Xunta de Galicia. Consultado o 15 de xaneiro de 2011.
- ↑ "Lei 6/1991, de 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros. (Vixente ata o 20 de febreiro de 2005)" (PDF). Parlamento de Galicia. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de setembro de 2017. Consultado o 8 de setembro de 2017.
- ↑ Rodríguez Somoza, E. P. (11 de agosto de 2010). "Los guardacostas celebran 20 años y más de 1.300 rescates". ABC. Consultado o 15 de xaneiro de 2011.
- ↑ FOTOS, J.A. "LEVX_EC-JES_Sikorsky S76C+". flickr. Consultado o 16 de xaneiro de 2011.
- ↑ Pernas, Enrique. "Sikorsky S 76 C+ (EC-JET) @ Helipuerto Costa Norte". flickr. Consultado o 16 de xaneiro de 2011.
- ↑ Pernas, Enrique. "Eurocopter AS-365N2 Dauphin II EC-HIM @ Helipuerto Costa Norte". flickr. Consultado o 16 de xaneiro de 2011.
- ↑ Bobadilla, Javier F. "Picture of the EC-HCL Aerospatiale AS-365N-2 Dauphin 2 aircraft - Xunta de Galicia". airliners.net. Consultado o 16 de xaneiro de 2011.
- ↑ Acuña, Fabio. "Picture of the EC-FBM Bell 212 Twin Two-Twelve aircraft - Xunta de Galicia". airliners.net. Consultado o 16 de xaneiro de 2011.
- ↑ Acuña, Fabio. "Picture of the EC-FBL Bell 212 Twin Two-Twelve aircraft - Xunta de Galicia". airliners.net. Consultado o 16 de xaneiro de 2011.
- ↑ Acuña, Fabio. "Picture of the EC-GSK Bell 412 aircraft - Helicsa". airliners.net. Consultado o 16 de xaneiro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- O Servizo de Gardacostas de Galicia, Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, 2005. ISBN 84-453-4192-8