Saltar ao contido

Sessue Hayakawa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSessue Hayakawa

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ja) 早川雪洲 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ja) 早川 金太郎 Editar o valor en Wikidata
10 de xuño de 1889 Editar o valor en Wikidata
Chiba, Xapón Editar o valor en Wikidata
Morte23 de novembro de 1973 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Toquio, Xapón Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetrombose Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Chicago Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, director de cinema, actor de teatro, guionista, novelista, actor de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1914 Editar o valor en Wikidata -
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Competición
- Chicago Maroons football
Familia
CónxuxeTsuru Aoki (1914–1961) Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética (1926—1947)
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0370564 Allocine: 4409 Allmovie: p31162 TCM: 83170 TV.com: people/sessue-hayakawa IBDB: 44581
BNE: XX1393850 WikiTree: 早川-3 Find a Grave: 8710456 Editar o valor en Wikidata

Kintaro Hayakawa (早川 金太郎), nado en Minamibōsō o 10 de xuño de 1889 e finado en Toquio o 23 de novembro de 1973, coñecido profesionalmente como Sessue Hayakawa (早川 雪洲), foi un actor e ídolo popular xaponés. Foi unha das maiores estrelas de Hollywood do cinema mudo nas décadas de 1910 e principios de 1920. Hayakawa foi o primeiro actor de orixe asiática que se converteu nunha estrela como protagonista nos Estados Unidos e Europa. A súa "beleza inquietante"[1] xunto cos seus papeis como malvado sexualmente dominante fixeron del un rompecorazóns para as mulleres estadounidenses durante unha época de discriminación racial, facendo del dun dos primeiros sex symbols de Hollywood.[2][3][4]

Realizou o seu papel revelación en The Cheat (1915), e posteriormente fíxose célebre por interpretar amantes prohibidos. Hayakawa foi unha estrela ben pagada no seu tempo, e gañaba 3500 dólares á semana en 1919[5] e dous millóns grazas á súa propia produtora entre 1918 e 1920.[6] A causa do sentimento antixaponés en auxe e das dificultades nos negocios,[7] Hayakawa abandonou Hollywood en 1922 e actuou en Broadway e no Xapón e Europa durante varios anos antes de regresar a Hollywood con Daughter of the Dragon (1931).[8]

Entre os seus filmes sonoros, Hayakawa probablemente é máis coñecido polo seu papel como o coronel Saito en A ponte sobre o río Kwai (1957), polo que recibiu unha candidatura ao Óscar ao mellor actor secundario.[9] Hayakawa participou en máis de 80 longametraxes, e tres dos seus filmes (The Cheat, The Dragon Painter e A ponte sobre o río Kwai) foron incluídos no National Film Registry dos Estados Unidos.[10][11][12]

  1. Saltz, Rachel (2007-09-07). "Sessue Hayakawa: East And West, When The Twain Met". The New York Times (NYTimes.com). 
  2. Miyao 2007, pp. 1–3, 191, 227, 281
  3. Prasso, Sheridan (2006). The Asian Mystique: Dragon Ladies, Geisha Girls, and Our Fantasies of the Exotic Orient. PublicAffairs. p. 124. ISBN 978-1586483944. 
  4. Warner, Jennifer (2014). The Tool of the Sea: The Life and Times of Anna May Wong. CreateSpace Independent Publishing Platform. p. 8. ISBN 978-1502403643. 
  5. Miyao 2007, pp. 334, 325
  6. Miyao 2007, p. 176
  7. Miyao 2007, p. 227
  8. Miyao 2007, p. 263
  9. Nakagawa, Orie (2012). Sesshū! : sekai o miryōshita Nihonjin sutā Hayakawa Sesshū. Kodansha. ISBN 978-4062179157. 
  10. Eaton, William J. (15 de decembro de 1993). "Out of the Vault and Onto the Film Registry's List : Movies: Some of the Library of Congress' newly selected classics and popular favorites will make a nationwide tour next September.". Los Angeles Times. Consultado o 25 de novembro de 2019. 
  11. Tsutakawa, Mayumi (2 de marzo de 2017). "STG presents Sessue Hayakawa in The Dragon Painter". International Examiner. Consultado o 25 de novembro de 2019. 
  12. "Complete list of films admitted". CNN. 18 de novembro de 1997. Arquivado dende o orixinal o 31-01-2011. Consultado o 25 de novembro de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]