Setsuko Hara
Nome orixinal | (ja) 原節子 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 17 de xuño de 1920 Iocoama, Xapón |
Morte | 5 de setembro de 2015 (95 anos) Prefectura de Kanagawa, Xapón |
Causa da morte | pneumonía |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación |
Ocupación | actriz, actriz de cinema |
Período de actividade | 1935 - |
Familia | |
Irmáns | Yoshio Aida Sumiko Aida |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Setsuko Hara (原 節子 Hara Setsuko?), nada en Yokohama o 17 de xuño de 1920 e finada en Kanagawa o 5 de setembro de 2015, foi unha actriz xaponesa. En Occidente, é coñecida especialmente polas súas interpretacións en filmes de Yasujirō Ozu como Primavera tardía (1949) e Contos de Toquio (1953),[1] aínda que xa participara en 67 filmes antes de traballar co director.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Inicios
[editar | editar a fonte]Setsuko Hara naceu como Masae Aida (会田 昌江 Aida Masae?) na actual Hodogaya-ku, Yokohama nunha familia con tres fillos e cinco fillas. A súa irmá máis vella casou co director de cinema Hisatora Kumagai, que a introduciu no mundo do cinema, animándoa a que deixase a escola, o que fixo[3] e comezou a traballar para os estudios Nikkatsu en Tamagawa, nas aforas de Toquio, en 1935. Debutou aos quince anos co nome artístico escollido polo estudio[3] en Tamerafu Nakare Wakōdo Yo[4]
Comezou a destacara como actriz na coprodución xermano-xaponesa de 1937 Die Tochter des Samurai, coñecida no Xapón como Atarashiki Tsuchi ("A nova terra"), dirixida por Arnold Fanck e Mansaku Itami.[5] No filme, Hara interpreta unha muller que intenta sen éxito inmolarse nun volcán. Continuou a interpretar heroínas tráxicas en moitos dos seus filmes ata o final da segunda guerra mundial,[6] como en Kēkkon no seitaī (1942) e Aoi sanmyaku (1949), dirixidos por Tadashi Imai, e Kēssen no ōzora he, dirixido por Kunio Watanabe.[3]
Posguerra
[editar | editar a fonte]Hara protagonizou o primeiro filme de posguerra de Akira Kurosawa, Waga seishun ni kuinashi (1946).[3] Tamén traballou co director Kimisaburo Yoshimura en Anjō-ke no butōkai (1947) e con Keisuke Kinoshita en Ojôsan kanpai (1949). En todos estes filmes, interpretou a "nova" muller xaponesa, arelando un futuro brillante. Porén, en moitos dos seus filmes, especialmente os dirixidos por Yasujirō Ozu e Mikio Naruse representou a típica muller xaponesa, actuando de filla, esposa ou nai.[1]
O primeiro dos seus seis filmes con Yasujirō Ozu foi Primavera tardía (1949), e a colaboración entre eles durou os seguintes vinte anos. En Primavera tardía interpretou a Noriko, unha filla devota que prefire quedar na casa coidando do seu pai en lugar de casar, a pesar dos rogos dos seus familiares. En Bakushū (1951), interpretou unha personaxe non relacionada tamén chamada Noriko, que quería casar e atopa o valor para facelo sen a aprobación da súa familia. A este seguinos Contos de Toquio (1953), quizais o filme máis célebre de Ozu, en que interpreta a unha viúva, tamén chamada Noriko, cuxo marido foi asasinado na guerra. A súa devoción polo home morte preocupa á súa familia política, que insiste en que debería mudarse ou volver casar.[5][7]
O último gran personaxe de Hara foi Riku, a esposa de Ōishi Yoshio, no filme Chushingura (1962).
Últimos anos
[editar | editar a fonte]Hara, que nunca casou, foi alcumada "a virxe eterna" no Xapón[1] e é un símbolo da era dourada do cinema do Xapón da década de 1950[Cómpre referencia]. Abandonou a interpretación en 1963 (ano da morte de Ozu), e pasou unha vida recluída en Kamakura, onde se rodaron moitos dos filmes en que a dirixiu Ozu, rexeitando todas as entrevistas e fotografías.[1][8] Durante anos, a xente especulou sobre as razóns para que abandonase a vida pública. Hara confesou durante a súa última conferencia de prensa que realmente nunca gozou da interpretación e empregábao como medio para axudar a súa familia; non obstante, moita xente continuou a pensar na posibilidade de que tivese unha relación romántica con Ozu, ou a deteroración da súa vista.[1]
Tras ver a Hara nun filme, o novelista Shūsaku Endō escribiu: "Suspiraríamos ou deixaríamos saír unha grande exhalación do máis fondo do noso corazón, pero que o que nós sentimos foi precisamente isto: Pode ser posible que haxe unha muller así no mundo?"[9]
Tras máis de cincuenta anos de reclusión, Hara faleceu de pneumonía no hospital da prefectura de Kanagawa o 5 de setembro de 2105, aos 95 anos. A súa morte non foi recollida nos medios de comunicación ata o 25 de novembro dese ano debido a que a súa familia non achegou a información antes, seguramente por privacidade.[3][10][11] O filme anime Sennen Joyū (2001), dirixido por Satoshi Kon, está baseado en parte na súa vida, aínda que foi producido e estreado máis dunha década antes da súa morte.[1]
Filmografía seleccionada
[editar | editar a fonte]- Kōchiyama Sōshun (1936)
- Die Tochter des Samurai (1937)
- Kyojinden (1938)
- Totsugu hi made (1940)
- Hawai Mare Oki Kaisen (1942)
- Ahen senso (1943)
- Waga seishun ni kuinashi (1946)
- Anjō-ke no butōkai (1947)
- Aoi sanmyaku (1949)
- Primavera tardía (1949) (dirixido por Ozu)
- Shirayuki-sensei to kodomo-tachi (1950)
- Hakuchi (1951)
- Meshi (1951)
- Bakushū (1951) (dirixido por Ozu)
- Contos de Toquio (1953) (dirixido por Ozu)
- Yama no Oto (1954)
- Non-chan Kumo ni Noru (1955)
- Shūu (1956)
- Ōban (1957)
- Tōkyō boshoku (1957) (dirixido por Ozu)
- Musume • tsuma • haha (1960)
- Outono tardío (1960) (dirixido por Ozu)
- Kohayagawa-ke no aki (1961) (dirixido por Ozu)
- Chushingura (1962)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Abrams, Simon (1 de abril de 2011). "Setsuko Hara: The diva who left Japan wanting a lot more". Capital New York. Arquivado dende o orixinal o 31/12/2012. Consultado o 11 de xullo de 2012.
- ↑ ja:原節子
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Grimes, William (27 de novembro de 2015). "Setsuko Hara, Japanese Star of Films by Ozu and Kurosawa, Is Dead at 95". The New York Times.
- ↑ "ためらふ勿れ若人よ" (en xaponés). Japanese Movie Database.
- ↑ 5,0 5,1 "HARA, Setsuko". Film Reference. Consultado o 11 de xullo de 2012.
- ↑ Richie, Donald (1 de abril de 2011). "Ozu and Setsuko Hara". The Criterion Collection.
- ↑ Erickson, Hal. "Setsuko Hara". Allmovie. Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2016. Consultado o 23 de agosto de 2018.
- ↑ Bradshaw, Peter (16 de xuño de 2009). "The heart-wrenching performance of Setsuko Hara, Ozu's quiet muse". Consultado o 11 de xuño de 2012.
- ↑ Harris, David. "Rediscover: Late Spring". Spectrum Culture. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2012. Consultado o 11 de xullo de 2012.
- ↑ "Acting legend Setsuko Hara of Ozu film "Tokyo Story" dies at 95". Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2015. Consultado o 25 de novembro de 2015.
- ↑ 原節子さん死去、日本映画黄金期を代表する女優 日刊スポーツ 2015年11月25日
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Setsuko Hara |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Karlsson, Mats. 'Setsuko Hara: Japan's Eternal Virgin and Reluctant Star of the Silver Screen.' In Stars in World Cinema: Screen Icons and Star Systems Across Cultures, ed. Andrea Bandhauer and Michelle Royer, pp. 51–63. I.B. Tauris. (2015) ISBN 1780769776
- Weston, Mark. Giants of Japan: The Lives of Japan's Greatest Men and Women. Kodansha International. (2002) ISBN 1568363249
- Yoshimoto, Mitsuhiro. Kurosawa: Film Studies and Japanese Cinema. Duke University Press. (2000) ISBN 0822325195