Saltar ao contido

Severino Domínguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSeverino Domínguez
Biografía
Nacemento5 de marzo de 1915 Editar o valor en Wikidata
Sanxenxo, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de xaneiro de 2018 Editar o valor en Wikidata (102 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de España Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 6283

Severino Domínguez Rey, coñecido como Pepillo, nado en Sanxenxo o 5 de marzo de 1915 e finado en Pontevedra o 11 de xaneiro de 2018,[1] foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Militante do PCE. Foi vicepresidente da Unión Agraria e Mariñeira de Portonovo afecta á CNT e secretario xeral do PCE en Sanxenxo, tamén era responsable do Socorro Rojo e dirixente das milicias. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 1 de agosto e ingresado no cárcere de Cambados; sen procesamento xudicial pasou por varias cadeas e batallóns de traballadores en Galicia e España até 1940. Foi xulgado en Ferrol por deserción resultando con sobresemento definitivo. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.[2] En 1948, cando caeu a organización comunista na provincia de Pontevedra, foi novamente detido con Manuel López Esperón, Carlos Crespo Alfaya, Jesús Carrera Barreiro e Gonzalo Velasco, e torturado pola súa actividade política clandestina. Foi acusado de difundir propaganda clandestina e exemplares de Mundo Obrero e El Guerrillero. Foi sometido a un novo consello de guerra e condenado a dous anos en prisión por un delito equiparado ao de rebelión militar. Cumpriu condena na Prisión Provincial de Pontevedra, de onde saíu en liberdade condicional en marzo de 1950.[3]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Franco Torres, Mª Elisa (2010). Pasaxes na Memoria: historia e testimonios dos represaliados políticos no Concello de Sanxenxo (1936-1950). Librería Nós. ISBN 978-84-613-8248-4.