Severino Iglesias Siso
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Lousame, España |
Morte | 14 de novembro de 1977 Noia, España |
Alcalde de Noia | |
xuño de 1936 – xullo de 1936 (destitución) ← Germán Vidal Barreiro | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Izquierda Republicana |
Cronoloxía | |
26 de xullo de 1936-28 de xullo de 1936 | evasión dos bous Santa Eulalia e Santa Rosa |
Severino Iglesias Siso, nado en Lousame e finado en Noia o 14 de novembro de 1977, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Afiliado a Izquierda Republicana, foi elixido compromisario para a elección do Presidente da República en abril de 1936. Cando nomearon a Germán Vidal Barreiro, o alcalde de Noia, gobernador civil de Cidade Real, Severino Iglesias foi nomeado concelleiro e elixido alcalde a finais de xuño de 1936.[1]
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu dende Muros cara a Bilbao o 26 de xullo nos bous Santa Eulalia e Santa Rosa. Foi xulgado en Compostela por rebelión, sendo declarado en rebeldía. As autoridades da ditadura emitiron unha requisitoria en xaneiro de 1937.[2] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1939.[3] Dende Bilbao marchou a Barcelona, onde colaborou, como secretario administrativo, coa agrupación Solidaridade Galega Antifeixista.
De alí foi a Francia cun pasaporte especial para dirixirse a París, onde continuou a axuda solidaria aos galegos. Dende a sede do Servizo de Evacuación de Refuxiados Españois (SERE) en París axudou entre outros a Miguel Vázquez Valiño que estaba no campo de concentración de Bram (Aude). Exiliouse na Arxentina. En 1945 integrou a comisión organizadora da Agrupación Izquierda Republicana na Arxentina con Manuel García Gerpe e Luciano Vidán Freiría.[4] Retornou a Galicia en 1962.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Delfina Pérez García, que finou en decembro de 1970.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 27-6-1936, p. 8.
- ↑ El Pueblo Gallego, 30-1-1937, p. 8.
- ↑ BOP A Coruña, 19-12-1939, p. 1.
- ↑ Fasano, Laura (2020). "Los exiliados gallegos y sus vínculos con el asociacionismo hispánico de Buenos Aires. El caso de Manuel García Gerpe". Los españoles en Buenos Aires. Activismo político e inserción sociocultural (1870-1960). Teseo. ISBN 978-9877232400.
- ↑ El Pueblo Gallego, 24-12-1970, p. 2.
Predecesor: Germán Vidal Barreiro |
Alcalde de Noia 1936 |
Sucesor: Fermín Álvarez Mesa |