Severino Rodríguez Díaz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1956 (68/69 anos) Monforte de Lemos, España |
Alcalde de Monforte de Lemos | |
2003 – 2015 ← Nazario Pin – José Tomé Roca → | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Monforte de Lemos |
Ocupación | político, xestor administrativo |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Severino Rodríguez Díaz, nado en Marcelle (Monforte de Lemos) en 1956, é un político galego do BNG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballaba nunha xestoría. Militante do BNG dende 1990, ocupou diferentes cargos de responsabilidade a nivel local e comarcal. Nas eleccións municipais de 2003 foi elixido alcalde de Monforte de Lemos grazas ao apoio do PSdeG-PSOE e do concelleiro de Iniciativa Galega e exalcalde Celestino Torres, gobernando en minoría cos socialistas. Nas municipais de 2007 volveu ser elixido alcalde tras obter a maioría absoluta ao fornte do BNG. Nas municipais de 2011 foi tamén elixido alcalde ao sela candidatura máis votada, encabezando un goberno en minoría. En outubro de 2014 anunciou que non se presentaría á reelección nos comicios de maio de 2015, finalizando o seu mandato o 13 de xuño dese ano.
Predecesor: Nazario Pin |
Alcalde de Monforte de Lemos 2003 - 2015 |
Sucesor: José Tomé Roca |