Saltar ao contido

José Tomé Roca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Tomé Roca
Biografía
Nacemento3 de setembro de 1958 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Guitiriz, España Editar o valor en Wikidata
Presidente da Deputación de Lugo
2019 –
← Darío Campos Conde
Alcalde de Monforte de Lemos
2015 –
← Severino Rodríguez Díaz Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, mestre, sindicalista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata
Membro de

BUSC: tome-roca-jose-1958

José Tomé Roca, nado en Guitiriz o 3 de setembro de 1958, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Profesor de Tecnoloxía Agraria na Escola de Capacitación Agraria de Monforte de Lemos. Foi Secretario Xeral de UGT Lemos e concelleiro en Monforte de Lemos polo PSdeG-PSOE.

Encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE no concello de Monforte de Lemos nas eleccións municipais de 2003, sendo primeiro tenete de alcalde e concelleiro de medio ambiente baixo a alcaldía do nacionalista Severino Rodríguez Díaz. Nas eleccións autonómicas de 2005 foi elixido deputado e volveu ser elixido nas autonómicas de 2009, aínda que causou baixa o 6 de setembro de 2011.

Encabezou a candidatura socialista en Monforte de Lemos en 2007 e 2011, mellorando progresivamente os seus resultados, se ben os nacionalistas mantiveron a alcaldía (con maioría absoluta no primeiro caso e maioría simple no segundo), co cal formou parte da oposición. Nas eleccións municipais de 2015 encabezou de novo a candidatura do PSdeG-PSOE e logrou a vitoria con 6 concelleiros, polo que foi elixido alcalde e gobernou minoría.

Nas eleccións municipais de 2019 volveu encabezar a candidatura do PSdeG-PSOE e acadou unha ampla maioría absoluta con 11 concelleiros, o que lle permitiu revalidar o cargo de alcalde de Monforte de Lemos. Impulsado por estes resultados, en xullo de 2019 foi elixido presidente da Deputación de Lugo. En febreiro de 2022 foi elixido Secretario Provincial do PSdeG-PSOE de Lugo, tras alcanzar un acordo de integración co alcalde de Castroverde Xosé María Arias Fernández, o cal pasou a selo seu vicesecretario xeral. Nas eleccións municipais de 2023 revalidou a alcaldía con maioría absoluta e foi reelixido presidente da Deputación.


Predecesor:
Severino Rodríguez Díaz
 
Alcalde de Monforte de Lemos
 
2015 - actualidade
Sucesor:
no cargo
Predecesor:
Darío Campos Conde
 
Presidente da Deputación Provincial de Lugo
 
2019 - actualidade
Sucesor:
no cargo
Predecesor:
Patricia Otero Rodríguez
 
Secretario xeral do PSdeG-PSOE da Provincia de Lugo
 
2022 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]