Xosé María Arias Fernández
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de maio de 1967 (57 anos) Furís, España |
Alcalde de Castroverde | |
1997 – | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Castroverde |
Ocupación | político, gandeiro |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de |
Xosé María Arias Fernández, nado en Furís (Castroverde) o 21 de maio de 1967, é un gandeiro e político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Gandeiro de profesión. Accedeu á alcaldía de Catroverde no ano 1997 tras unha moción de censura ao alcalde nacionalista Miguel Rodríguez Fernández. Nas eleccións municipais de 1999 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Castroverde e foi elixido alcalde grazas a un pacto co BNG. Nas municipais de 2003 volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta. Volveu ser elixido alcalde nas sucesivas eleccións sempre con maioría absoluta (2007, 2011, 2015 e 2019). Deputado provincial (2007-2011 e 2019-actualidade), foi responsable da área de medio rural da Deputación (2007-2011) e actualmente leva a área de Cooperación cos concellos de dita institución.
Postulouse á secretaría provincial do PSdeG-PSOE en Lugo nas primarias de decembro de 2017 e xullo de 2019, sendo derrotado por Álvaro Santos e Patricia Otero Rodríguez, respectivamente. Anunciou a súa intención de concorrer novamente como candidato nas primarias previstas para xaneiro de 2022, porén rematou integrándose no equipo do outro candidato e presidente da Deputación José Tomé Roca, pasando a selo vicesecretario xeral na executiva que este encabezou tralo Congreso do mes de febreiro.
Predecesor: Miguel Rodríguez Fernández |
Alcalde de Castroverde 1997 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Pablo Rodríguez (13 de maio de 2011). "En busca dunha ampla maioría". El Progreso. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2013. Consultado o 8 de xullo de 2018.