Saltar ao contido

Sexismundo III de Polonia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sexismundo III Vasa»)
Modelo:BiografíaSexismundo III de Polonia

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(sv) Sigismund
(pl) Zygmunt Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de xuño de 1566 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Castelo Gripsholm, Suecia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte19 de abril de 1632 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Varsovia (República das Dúas Nacións) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteictus Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaRoyal Tombs of the Wawel Cathedral (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rei de Suecia
17 de novembro de 1592 – 24 de xullo de 1599
← João III da Suécia (pt) TraducirCarlos IX de Suecia →
Rei de Polonia
19 de agosto de 1587 – 19 de abril de 1632
← Estevo I BáthoryVladislau IV Vasa (pt) Traducir →
Grand Duke of Lithuania (en) Traducir

← Anna Jagiellon (pt) TraducirVladislau IV Vasa (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmecenas, monarca Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1587 Editar o valor en Wikidata - 1632 Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei
Grão-príncipe (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía de Vasa Editar o valor en Wikidata
CónxuxeConstança de Habsburgo (1605–)
Ana de Áustria (1592–) Editar o valor en Wikidata
FillosAnne Marie Vasa
 () Ana de Áustria
Vladislau IV Vasa
 () Ana de Áustria
João II Casimiro Vasa
 () Constança de Habsburgo
John Albert Vasa
 () Constança de Habsburgo
Karol Ferdynand Vasa
 () Constança de Habsburgo
Alexander Charles Vasa
 () Constança de Habsburgo
Anna Katarzyna Konstancja
 () Constança de Habsburgo Editar o valor en Wikidata
PaisJoão III da Suécia Editar o valor en Wikidata  e Catarina Jagelão Editar o valor en Wikidata
IrmánsJohn, Duke of Östergötland
Isabella Johansdotter
Princess Anna of Sweden
Sofia Johansdotter Gyllenhielm Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia soviética armenia
Dicionário Biográfico Sueco (pt) Traducir, lang: lingua sueca
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Vasa-39 Find a Grave: 8508923 Editar o valor en Wikidata

Sexismundo III Vasa, nado en Mariefred (Suecia) o 20 de xuño de 1566 e finado en Varsovia (Polonia) o 30 de abril de 1632, foi rei de Polonia de 1587 até 1632, co nome de Sexismundo III e rei de Suecia de 1592 a 1599, co nome de Sexismundo I. Era fillo do rei Xoán III e de Catarina Jagiellon.

Sexismundo alcanzou a autoridade real de dous reinos: Polonia e Suecia. Foi un fervente católico e un monarca de visión expansionista. O seu goberno levouno a cabo principalmente en Polonia, dende onde tentou gobernar Suecia. A súa impopularidade ocasionou que fose derrocado en Suecia e que ocorresen levantamentos en Polonia, así como o fracaso da súa expansión no tsarato ruso. No entanto, a República das Dúas Nacións comezou con el un período de fortaleza e influencia política.

Herdeiro de Suecia e candidato a rei de Polonia-Lituania

[editar | editar a fonte]

Sexismundo naceu o 20 de xuño de 1566 no castelo de Gripsholm, en Mariefred, Suecia, onde os seus pais atopábanse prisioneiros por ordes do rei Erico XIV.[1] O seu pai era o duque Xoán de Finlandia (posteriormente Xoán III de Suecia), fillo de Gustavo Vasa, e a súa nai a princesa polaca Catarina Jagiellon, filla á súa vez do rei polaco Sexismundo I e Bona Sforza.[1] Cando o seu pai se converteu en rei, Sexismundo á súa vez foi elevado a herdeiro á coroa sueca. Por outra banda, tamén foi nomeado herdeiro da coroa de Lituania, pero en 1569 creouse a Unión de Lublin e Polonia e Lituania formaron unha confederación, que a partir de entón tivo unha monarquía única de tipo electiva.

Para que Sexismundo puidese gañar adeptos no electorado polaco, Xoán III deulle unha educación no catolicismo, que era a relixión das realezas polaca e lituana, aínda que os seus primeiros profesores foron protestantes. Precisamente por estes plans do seu pai, rexeitouse a posibilidade de que Sexismundo casase con Cristina de Holstein-Gottorp, de convicción protestante. A esmerada educación do intelixente Sexismundo quedou en mans das xesuítas, que fixeron del un ardente católico.[1] Adquiriu deles gran cultura e aprendeu varios idiomas: falaba sueco, polaco, alemán, italiano e latín.[1] Era ademais bo músico, pintor, ourive e alquimista.[1]

Cando faleceu o rei Estevo I de Polonia (o conde húngaro Estevo Báthory), monarca da Confederación Polaco-Lituana, a candidatura de Sexismundo enfrontouse coa do arquiduque Maximiliano III de Austria.[2] Sexismundo contou co apoio do chanceler Xoán Zamoyski[2] e da viúva de Batory, a súa tía Ana Jagiellon de Polonia. Os delegados polaco-lituanos esixiron a Suecia que cedese Livonia oriental (aproximadamente a actual Estonia) á Confederación Polaco-Lituana para aceptar a Sexismundo, pero acabaron por facelo mesmo cando este se negou a entregar o territorio.[3] Sexismundo triunfou nas eleccións o 19 de agosto de 1587, pero un sector apoiou a Maximiliano, e librouse unha guerra civil de curta duración que finalizou en xaneiro de 1588, coa derrota e encarceramento do arquiduque.[3]

Rei da Confederación Polaco-Lituana

[editar | editar a fonte]

Sexismundo partiu de Suecia rumbo a Polonia, a ocupar o cargo que gañara, en setembro de 1587. A súa coroación levouse a cabo en Cracovia en decembro dese mesmo ano e Sexismundo non puido resolver a cuestión da cesión de Estonia por parte de Suecia, o que decepcionou os nobres polacos, incluído Zamoyski. Sexismundo decidiu aprazar a cuestión ata que tomase posesión da coroa sueca.[3] Pouco despois de chegar a Polonia, Sexismundo reuniuse co seu pai en Revel; este, medorento de que o seu fillo insistise en obter Estonia e permitise que Carlos (irmán de Xoán e duque de Soderman) lle arrebatase o cetro sueco, tratou de persuadilo para que renunciase á coroa polaco-lituana a cambio dun substancioso donativo, desposase unha princesa Habsburgo e se retirase a un ducado italiano.[4] Sexismundo rexeitou a proposta, pero a oferta desagradou a parte da nobreza, que lembraba a marcha de Henrique de Valois.[4]

Relación coa nobreza e o Parlamento

[editar | editar a fonte]

O longo reinado de Sexismundo empezou con mal pé, pois o seu temperamento desgustou á fracción da nobreza que o elixiu e axiña se puxo a mal con Zamoyski, cuxa actitude paternalista o desgustaba.[3] Os intentos do chanceler de reformar as eleccións de soberano para axilizalas e evitar as eleccións dobres que podían acabar en choques militares fracasaron pola falta de apoio.[3] Aínda que non pretendeu disolver o Parlamento e gobernar de maneira absolutista, parte da nobreza sospeitaba que así era, e os intentos do rei de reformar o sistema político foron rexeitados polas dietas.[4] Sexismundo, tras dúas décadas de reinado, tratou en van de que o Parlamento permitise crear un exército permanente sufragado con impostos adecuados, apresurar os procedementos das Cámaras e celebrar a elección do herdeiro ao trono sen esperar á morte do rei.[4] As dietas, que temían o reforzamento do poder real e perder autonomía, tenderon cada vez máis a entorpecer a acción gobernamental.[4] Segundo avanzou o reinado, os choques co Parlamento creceron; Sexismundo tratou de aprobar medidas por maioría, de subornar os adversarios e mesmo de amañar as medidas aprobadas grazas ao control que tiña da comisión de edictos.[5] Aínda que era o desexo de fortalecer política e militarmente o país o que motivaba as súas accións, estas desgustaron a parte da nobreza e contribuíron a frustrar toda reforma do sistema político.[6]

A principal fracción opositora volveuse cada vez máis irada trala morte de Zamoyski en xuño de 1605, cando pasou a encabezala Mikołaj Zebrzydowski.[6] Este chegou a acusar o rei na sesión parlamentaria de marzo de 1606 de desexar abolir a Constitución polaco-lituana e en 1607 alzouse contra o rei.[6] As tropas reais esmagaron os rebeldes na batalla de Guzów o 7 de xullo pero, falto de apoios, o rei tivo que contentarse co sometemento dos rebeldes, que dominaron a Cámara Baixa até o final do reinado.[6] A corrente política que avogaba por un maior control político da nobreza foi gañando adeptos.[6] En 1631, o ano antes da súa morte, tratou infrutuosamente de que se aprobase o antigo plan de Zamoyski de que a elección do soberano se fixese por maioría.[7] Para obter o permiso para que os seus fillos herdasen as súas terras, tivo que confirmar a prohibición de que a elección do seguinte rei se fixese en vida do monarca.[7]

A pesar dos continuos choques entre o rei e a nobreza, o Parlamento funcionou mellor durante o reinado de Sexismundo que en ningún outro da historia da Unión polaco-lituana.[7] A clave diso foi a hábil actividade do Senado, que foi gañando poder e serviu como eficaz intermediario entre o monarca e a Cámara Baixa.[7]

Relixión e Contrarreforma

[editar | editar a fonte]

Mediante a mediación da curia pontificia, tentáronse mellorar as relacións con Austria. Sexismundo casou en Cracovia con Ana de Habsburgo, filla do arquiduque Carlos II de Estiria, o mes de maio de 1592.[4] A partir de entón, as relacións cos Habsburgo foron cada vez máis estreitas, o que xerou descontento entre a nobreza polaca inimiga dos austríacos.[4] Sexismundo levou unha política represiva contra os seus adversarios políticos.

O seu intenso catolicismo provocou a rápida reconciliación coa xerarquía católica, que se opuxo á súa elección.[8] Aínda que respectou o xuramento de tolerancia relixiosa que fixera ao asumir a coroa, mostrou unha clara preferencia pola nobreza católica tanto no nomeamento de cargos como na concesión de grazas.[8] Cando Sexismundo chegou ao trono, no Senado había trinta e oito protestantes, mentres que á súa morte, debido á preferencia real por nomear católicos para os postos que dependían do monarca, só quedaban dous.[8]

Permitiu ademais as persecucións que os católicos levaron a cabo dos protestantes en diversos puntos do reino e prohibiu en ocasións a celebración de reunións do clero protestante.[9] Durante o seu reinado tamén empeorou a sorte dos xudeus e dos tártaros musulmáns.[9]

Sexismundo foi un férreo promotor da contrarreforma que permitiu a rápida expansión da rede educativa xesuíta polo país, de gran calidade e prestixio.[9] Os colexios xesuítas, aos que en ocasións asistían protestantes e ortodoxos, pasaron de vinte e cinco en 1608 a corenta e dous en 1634.[9]

Durante o seu reinado aconteceu tamén a Unión de Brest, entre a Igrexa católica e unha parte da ortodoxa, entón en crise.[10] Aínda que a unión mellorou a curto prazo a situación da xerarquía ortodoxa e reforzou o poder do catolicismo, a longo prazo acentuou o enfrontamento entre católicos e ortodoxos.[10] Ante o amplo rexeitamento que suscitou a unión por parte dos ortodoxos, Sexismundo mantivo unha actitude moderada para suavizar a oposición ortodoxa á medida e evitar problemas políticos.[11]

Sexismundo III de Polonia de a cabalo

Rei de Suecia

[editar | editar a fonte]

En 1592, faleceu o seu pai, o rei Xoán III de Suecia, e Sexismundo recibiu permiso do parlamento polaco para partir rumbo a Suecia, coa condición de regresar en certo prazo establecido e de ceder Estonia a Polonia. Sexismundo desembarcou en Estocolmo o 30 de setembro de 1593 en compañía da súa esposa e de varios xesuítas, así como do nuncio da Santa Sé Germanico Malaspina. A súa chegada espertou inquietude entre a nobreza sueca, encabezada polo seu tío o duque Carlos, debido ao fervor católico do herdeiro.[12] Sexismundo, pola súa banda, prometeu a liberdade de culto en Suecia. Foi coroado o 19 de febreiro de 1594[11] na catedral de Uppsala. Para obter a coroa, tivera que recoñecer o luteranismo como relixión de Estado e conceder o goberno do país a un consello de rexencia presidido polo seu tío durante os períodos nos que el se atopase ausente.[11]

Sexismundo contara con poder ceder Livonia oriental a Polonia-Lituania e compensar a Suecia con territorios arrebatados aos rusos.[13] O tratado de Teusina, asinado en 1595 polo consello de rexencia sueco para conservar as conquistas que o país realizara ata ese momento, frustrou os plans de Sexismundo.[13]

En xullo de 1594, presionado polo parlamento polaco, regresou a Polonia. Tentou gobernar Suecia dende ese país, deixando o goberno sueco en mans dun goberno interino que rexese no seu nome. O goberno foi deixado de maneira nominal en mans do consello e do seu tío o duque Carlos, mais Sexismundo deixou lugartenentes que favoreceron os seus intereses e os da Igrexa católica, o que provocou irritación entre os suecos.

Conflito co duque Carlos e derrocamento en Suecia

[editar | editar a fonte]

En Suecia, o apoio que Sexismundo concedera á contrarreforma, fixo que se temese o regreso do reino á autoridade da Igrexa católica. Apoiado neste argumento, o duque Carlos levantouse contra o goberno de Sexismundo e logrou en pouco tempo controlar a maior parte do país. Sexismundo, pola súa banda, planeou unha expedición armada a Suecia, e recrutou mercenarios polacos e buques prusianos. O Parlamento polaco outorgoulle o permiso para viaxar novamente a Suecia, pero formalmente Polonia mantívose neutral no conflito. Sexismundo tentou gañar o apoio das cidades e príncipes do norte de Alemaña para realizar un bloqueo económico a Suecia, mais unicamente obtivo o da dinastía Hohenzollern, que gobernaba o ducado de Prusia.

Sexismundo ocupou o porto de Kalmar, e dende aí enviou emisarios para negociar con Carlos. As negociacións non levaron a ningún acordo. O 8 de setembro de 1598 Sexismundo inflixiu unha derrota a Carlos na batalla de Stegeborg. Con todo, pouco despois, Carlos triunfou de forma decisiva trala batalla de Stångebro o 25 de setembro do mesmo ano.[13] Sexismundo foi apresado na lide e, para recobrar a liberdade, entregou a Carlos aos seus principais partidarios que, tras ser xulgados polo Parlamento, foron axustizados en 1600.[13] En Estocolmo, Sexismundo foi formalmente deposto do goberno sueco o 24 de xullo de 1599.

A sesión do Parlamento de 1600 que condenou os seguidores de Sexismundo derrocou a este, mais permitiu que o seu fillo Ladislau obtivese o cetro real a cambio de trasladarse de inmediato a Suecia e converterse ao protestantismo.[13] Cando Ladislau rexeitou as condicións que se lle impuñan, Carlos asumiu a coroa como Carlos IX.[13]

Sexismundo rompeu a negociación, e partiu de Kalmar rumbo a Danzig. En Polonia, novamente realizou accións diplomáticas para bloquear economicamente a Carlos, e recrutou un exército para evitar a caída de Kalmar. Con todo, a cidade foi tomada antes de que Sexismundo puidese regresar, e pouco despois caeu Finlandia.

Sexismundo non renunciou ás súas reivindicacións sobre Suecia, e a súa posición repercutiu en varios conflitos e guerras entre Polonia e Suecia que non finalizaron ata a Gran Guerra do Norte.[13] Ambos os reinos enfrontáronse pola posesión de Livonia e pola influencia en Rusia.[13] Formalmente, Sexismundo anexouse Livonia, pero non puido arrebatarlla completamente aos suecos, a pesar das vitorias militares que logrou, como a de Kircholm, en que o hetman lituano dominou un exército sueco nas proximidades de Riga.[13] A contenda continuou sen un vencedor claro ata 1608, cando as dúas nacións decidiron porlle fin para intervir en Rusia.[13]

Política expansionista de Polonia

[editar | editar a fonte]

En 1596 creou a Unión de Brest, un pacto que tentaba atraer parte dos fieis ortodoxos bielorrusos e ucraínos á Igrexa católica. Ese mesmo ano, trasladou a capital polaca de Cracovia a Varsovia (en memoria de tal acto o seu fillo, Ladislau IV, mandou construír enfronte do Castelo Real a columna que leva o seu nome). En 1598 faleceu a raíña Ana e Sexismundo casou coa irmá desta, Constanza de Habsburgo en 1605, a pesar de que parte dos seus asesores e o propio chanceler Zamoyski llo desaconlleraron.[4]

No seu goberno libráronse as Guerras Moldavas dos Magnates que enfrontaron a Confederación Polaco-Lituana contra o Imperio Otomán pola posesión de Moldova. O resultado foi a derrota dos polacos.

Política rusa

[editar | editar a fonte]

No seu afán de ampliar a súa influencia, inmisciuse no Período Tumultuoso no tsarato ruso; brindou apoio a Dimitri I, pretendente ao trono ruso en oposición a Basilio IV, aínda que Polonia se mantivo neutral no conflito.[13] Á morte de Iván IV, Rusia sumiuse nunha gravísima crise, que Sexismundo creu poder aproveitar.[13] O falso Dimitri, convertido secretamente ao catolicismo, contou co apoio das xesuítas e de varios nobres lituanos, en especial de Jerzy Mniszech, que casou con el a súa filla Marina e prestoulle as súas tropas para apoderarse do trono moscovita.[13] O caos ruso favoreceu a Dimitri, que foi ben recibido por campesiños e cosacos e, á morte de Boris Godunov, obtivo tamén o apoio dos boiardos, que en abril de 1605 o proclamaron tsar.[13] Foi coroado en Moscova en xuño, pero en maio do ano seguinte un levantamento acabou coa súa vida e coa influencia dos xesuítas e dos polacos na corte rusa.[13]

Situación territorial trala Paz de Deulino de 1618-1619. Sexismundo non logrou apoderarse do trono moscovita, pero si obter extensos territorios do tsarato ruso.

Á morte de Demetrio I, xurdiu un novo pretendente ao trono, Dimitri II, en 1607, que de novo contou con axuda polaco-lituana e alcanzou as murallas de Moscova; aburado polo falso Dimitri e polas revoltas nas provincias, Basilio asinou un tratado militar con Suecia, ao que Sexismundo respondeu cunha alianza con Dimitri II.[13] Entón Sexismundo entrou abertamente en guerra contra Rusia: na batalla de Klushino de xullo de 1610, o seu exército esmagou o dos rusos.[13] En abril de 1611 e tras un longo asedio, apoderouse de Smolensk.[14] Para tratar de acabar coas revoltas, os boiardos rusos decidiron en agosto de 1610 aceptar a Ladislau como tsar.[14] No seu nome, o hetman polaco ocupou o Kremlin de Moscova, prometeu a conversión de Ladislau ao credo ortodoxo, respectar a relixión ortodoxa, devolver os territorios arrebatados ao tsarato e axudar a este para loitar con Suecia.[14] Sexismundo rexeitou o acordo alcanzado polo seu hetman e os nobres rusos e tratou de facerse el mesmo co cetro do tsarato e impor o catolicismo en Rusia.[14] Isto desbaratou o acordo e orixinou unha reacción en Rusia.[14] Os partidarios do segundo falso Dimitri asasinárono cando este sufriu unha derrota militar, e os rusos formaron novos exércitos que en novembro de 1612 se apoderaron de Moscova.[14] En febreiro de 1613, o Zemski Sobor elixiu tsar a Miguel I de Rusia.[14] A guerra entre rusos e suecos continuou ata 1617, cando o tratado de Stolbovo deixou a costa báltica en mans suecas e o interior nas rusas.[14] O conflito entre polaco-lituanos e rusos perdurou máis, até 1619, cando o tratado de Deulino concedeu varios territorios a Polonia-Lituania e permitiu que Ladislau mantivese a súa reclamación ao trono ruso.[14] Este armisticio durou catorce anos.[14]

Últimos anos como monarca polaco

[editar | editar a fonte]

En Polonia ocorreron en 1606 levantamentos populares contra o seu goberno absolutista, que foron reprimidos. Sexismundo asinou en 1613 unha alianza formal entre Polonia e Austria.

Faleceu o 30 de abril de 1632 no castelo de Varsovia e está sepultado na catedral de Cracovia.

Fillos con Ana de Habsburgo:

  1. Ana María (1593-1600).
  2. Catarina (1594).
  3. Ladislau (1595-1648). Rei de Polonia-Lituania. Tsar de Rusia.
  4. Catarina (1596-1597).
  5. Cristovo (1598).

Fillos con Constanza de Habsburgo, irmá da súa primeira muller:

  1. Xoán Casimiro (1607-1608).
  2. Xoán Casimiro (1609-1672). Rei de Polonia-Lituania.
  3. Xoán Alberto Vasa (1612-1634). Bispo de Cracovia.
  4. Carlos Fernando Vasa (1613-1655). Duque de Opole.
  5. Alexandre Carlos Vasa (1614-1634).
  6. Ana Constanza (1616).
  7. Ana Catarina Constanza Vasa (1619-1651).
Rei de Polonia
Gran Duque de Lituania

Segue a:
Ana e Estevo
Sexismundo III de Polonia
Precede a:
Ladislau IV
Vasa
Rei de Suecia

Segue a:
Xoán III
Sexismundo III de Polonia
Precede a:
Carlos IX
Vasa
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Stone 2001, p. 131.
  2. 2,0 2,1 Stone 2001, pp. 131-132.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Stone 2001, p. 132.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 Stone 2001, p. 133.
  5. Stone 2001, pp. 133-134.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Stone 2001, p. 134.
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Stone 2001, p. 135.
  8. 8,0 8,1 8,2 Stone 2001, p. 136.
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 Stone 2001, p. 137.
  10. 10,0 10,1 Stone 2001, pp. 137-138.
  11. 11,0 11,1 11,2 Stone 2001, p. 139.
  12. Stone 2001, pp. 139-140.
  13. 13,00 13,01 13,02 13,03 13,04 13,05 13,06 13,07 13,08 13,09 13,10 13,11 13,12 13,13 13,14 13,15 13,16 Stone 2001, p. 140.
  14. 14,00 14,01 14,02 14,03 14,04 14,05 14,06 14,07 14,08 14,09 Stone 2001, p. 141.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]