Seyðisfjörður
Seyðisfjörður é unha vila situada en Islandia. Ten aproximadamente uns 663 habitantes censados.[1]
Está emprazada nos fiordes da costa oriental islandesa, a 27 km de Egilsstaðir. Popular polas súas coridas edificacións, tres cadeas montañosas flanquean a vila e cobren os arredores con multitude de saltos de auga que caen desde o rìo Fjardara. Considerada como unha vila estudantil, contén unha comunidade internacional resaltábel de artistas, músicos e artesáns.[2]
Clima
[editar | editar a fonte]Ten un clima considerado de tundra. Frío durante a maior parte do ano, a media aproxímase aos 3.4 °C. Nun ano a chuvia media é de 1267 mm.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]A vila, seguindo o patrón xeral no país, atopa as súas orixes en asentamentos comerciais daneses durante o século XIX. A peculiaridade na historia de Seyðisfjörður atópase na chegada de pescadores noruegueses entre 1870-1900. Os noruegueses construíron abundantes almacéns de peixe ao estilo do seu país, o que disparou a actividade da pequena comunidade nos anos vindeiros.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Saltos de auga na turística estrada de montaña a Seyðisfjörður
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Habitantes de Seyðisfjörður revisado en Abril 2018 (en inglés).
- ↑ Seyðisfjörður Arquivado 31 de marzo de 2018 en Wayback Machine. (en inglés).
- ↑ Seyðisfjörður (en inglés).