Saltar ao contido

Shiitake

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Shiitake cru
Valor nutricional por 100 g
Enerxía141 kJ (34 kcal)
6.8 g
Azucres2.4 g
Fibra alimentaria2.5 g
0.5 g
2.2 g
VitaminasCantidade
%DV
Tiamina (B1)
2%
0.02 mg
Riboflavina (B2)
18%
0.22 mg
Niacina (B3)
26%
3.88 mg
Ácido pantoteico (B5)
30%
1.5 mg
Vitamina B6
22%
0.29 mg
Ácido fólico (B9)
3%
13 μg
Vitamina C
4%
3.5 mg
Vitamina D
3%
0.4 μg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
0%
2 mg
Ferro
3%
0.4 mg
Magnesio
6%
20 mg
Manganeso
10%
0.2 mg
Fósforo
16%
112 mg
Potasio
6%
304 mg
Sodio
1%
9 mg
Cinc
11%
1.0 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga89.7 g
Selenium5.7 ug

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient
Shiitake seco
Valor nutricional por 100 g
Enerxía1 238 kJ (296 kcal)
75.37 g
Azucres2.21 g
Fibra alimentaria11.5 g
0.99 g
9.58 g
VitaminasCantidade
%DV
Tiamina (B1)
26%
0.3 mg
Riboflavina (B2)
106%
1.27 mg
Niacina (B3)
94%
14.1 mg
Ácido pantoteico (B5)
438%
21.879 mg
Vitamina B6
74%
0.965 mg
Ácido fólico (B9)
41%
163 μg
Vitamina C
4%
3.5 mg
Vitamina D
26%
3.9 μg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
1%
11 mg
Ferro
13%
1.72 mg
Magnesio
37%
132 mg
Manganeso
56%
1.176 mg
Fósforo
42%
294 mg
Potasio
33%
1534 mg
Sodio
1%
13 mg
Cinc
81%
7.66 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga9.5 g
Selenium46 ug

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient

O shiitake (Lentinula edodes) é un cogomelo comestíbel nativo do leste de Asia. A especie é hoxe en día o segundo cogumelo comestíbel máis consumido no mundo, incorporado desde hai moito nos hábitos alimentarios dos pobos asiáticos. Recentemente, foi introducido para produción e consumo nos países occidentais[1].

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

A palabra "shiitake" ten orixe no xaponés shii (unha árbore semellante ao carballo) e take (cogomelo)[2].

En xaponés chámase 椎茸 (shiitake), que significa "seta de Castanopsis", porque a madeira destas árbores úsase como sustento para cultivalas. E en todo o mundo é moi común achala en restaurantes chineses, onde adoita chamarse simplemente "seta chinesa", aínda que e en chinés é 香菇, que significa "cogomelo recendente" ou "cogomelo delicioso".

A primeira referencia histórica do consumo de shiitake data de 199 AD. En Galiza é unha especie cultivada dende hai pouco polo que non ten un nome galego.

Na natureza, o shiitake pódese atopar en forestas asiáticas, onde se desenvolve en árbores mortas. É un fungo aerobio, decompoñedor de madeira, que degrada celulosa e lignina para obter enerxía.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

A historia taxonómica do shiitake remóntase ao ano 1878, cando o botánico inglés Miles Joseph Berkeley propuxo o nome Agaricus edodes para a súa clasificación. De aí en diante, a especie foi asignada a diversos xéneros entre eles Collybia, Armillaria, Lepiota, Pleorotus e Lentinus (esta última dada por Singer). Recentemente Pegler[3] denominou o shiitake de Lentinula edodes polas diferenzas microscópicas que existían respecto da súa última clasificación (Lentinus).

Propiedades

[editar | editar a fonte]

O shiitake é nutritivo, rico en proteínas, contendo en relación á materia seca 17,5% de proteínas, con nove aminoácidos esenciais. Ten tamén importancia medicinal, posuíndo substancias con propiedades medicinais para o tratamento e control da presión arterial, redución do nivel de colesterol, fortalecemento do sistema imunolóxico, e inhibición do desenvolvemento de tumores, virus e bacterias.

Produción e conservación

[editar | editar a fonte]

O shiitake é producido en compostos orgánicos á base de serraxe, farelo de arroz e/ou trigo e/ou soia, previamente hidratada e co pH corrixido.

Para variedades adaptadas ao clima frío, o produto repousa durante 145 días nun local fechado e climatizado arredoe de 14 °C até o que os cogomelos abrollan. Outras variedades adaptadas ao clima máis quente responden mellor a unha temperatura de 20 °C e con tempo de repouso entre 70 a 90 días.Este proceso tamén é coñecido como cultivo axénico.

O shiitake pode conservarse durante 10 a 15 días no refrixerador (4 °C). Xeralmente, embálanse en bandexas de isopor (200g), recubertos cun filme de PVC, en tarros ou en pequenas caixas de cartón.

O shiitake pódese preparar en sopas, mollos, ensaladas e até empanado. Pode ser preparado de xeito semellante ao da carne.

Outros tipos: Champiñon, Agaricus blazei, Auricularia erinaceus, Buna shimeji, Coprinus, Flammulina velutipes, Ganoderma lucidum, Hericum erinaceus, Maitake, Nameko, Pleurotus salmón, Pleurotus citrinopileatus, Pleurotus cystidiosus, Pleurotus djamor, Pleurotus eryngii, Pleurotus euosmus, Pleurotus tuberregium, Stropharia rugosoannulata, Shirotomagiotake, Cardoncello, Shiitake, Shimeji branco, Shimeji negro, Tremella fuciformis, Volvariella volvacea

  1. (en inglés) "Shiitake Mushroom - A história do Shitake". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2022. Consultado o 10 de outubro de 2013. 
  2. Blazei-Pharma Shiitake[Ligazón morta]
  3. Solomon, W. (2005).“Shiitake (Lentinus edodes). Encyclopedia of Dietary Supplements”. Israel and National Academy of Sciences of Ukraine, Kiev, Ukraine

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]