Shutter Island
Shutter Island | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Shutter Island |
Director | Martin Scorsese |
Produtor | Martin Scorsese Bradley J. Fischer Mike Medavoy Arnold W. Messer |
Guión | Laeta Kalogridis Steven Knight |
Baseado en | Shutter Island de Dennis Lehane |
Intérpretes | Leonardo DiCaprio |
Fotografía | Robert Richardson |
Montaxe | Mick Audsley Thelma Schoonmaker |
Estudio | Appian Way Productions Phoenix Pictures Sikelia Productions |
Distribuidora | Paramount Pictures |
Estrea | 2010 |
Duración | 138 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Suspense psicolóxico |
Orzamento | $80 000 000[1] |
Recadación | $294 804 195 |
Na rede | |
http://www.shutterisland.com | |
Shutter Island é un filme americano de intriga e suspense psicolóxico dirixido por Martin Scorsese. A película está baseada na novela do mesmo nome escrita por Dennis Lehane no 2003.
O filme está protagonizado por Leonardo DiCaprio, que interpreta a un policía de Boston enviado a un centro psiquiátrico, situado nunha pequena illa chamada Shuter Island, para investigar a estraña desaparición dunha perigosa paciente do hospital mental. A produción comezou en marzo do 2008 e fixouse o seu lanzamento para o 2 de outubro do 2010, pero a súa produtora, Paramount Pictures, adiantou esta data e, finalmente, foi estreada o 19 de febreiro do 2010 nos EUA e en Europa.
Está considerado un dos filmes co final máis confuso, e o que máis pescudas en liña xera.[2]
Sinopse
[editar | editar a fonte]No verán de 1954, os axentes federais Teddy Daniels (Leonardo DiCaprio) e Chuck Aule (Mark Ruffalo) son destinados a Ashecliffe, un perigoso hospital psiquiátrico situado nunha remota illa estadounidense chamada Shutter Island, para investigaren as estrañas circunstancias da desaparición dunha reclusa, Rachel Solando, que internara no centro mental despois de afogar os seus tres fillos. Por outra banda, o axente Daniels acepta o caso cun interese persoal, atopar a Andrew Laeddis; o asasino da súa muller, o cal, segundo soubera Daniels, se atopa interno nese mesmo centro.
Os dous axentes comezan a facer indagacións acerca de Rachel, sen contar coa axuda do doutor John Cawley, a cabeza visible da institución, que non parece moi disposto a colaborar con eles na investigación. Por este motivo, ambos axentes deciden marchar da illa debido á falta de axuda por parte dos máximo responsable do hospital. Pero, debido a unha forte tormenta na illa, os dous axentes vense na obriga de quedaren uns días máis. Os seguintes sucesos xirarán en torno á teoría de Daniels, na que sospeita que nese mesmo centro psiquiátrico se realizan crueis experimentos con reclusos. Pero, sen apenas descubrir o que ocorre nesa illa, o axente verase atrapado nun labirinto do que non lle será doado saír.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Leonardo DiCaprio como Edward 'Teddy' Daniels
- Mark Ruffalo como Chuck Aule
- Ben Kingsley como Doutor John Cawley
- Max von Sydow como Doutor Jeremiah Naehring
- Michelle Williams como Dolores Chanal
- Emily Mortimer como Rachel Solando
- Patricia Clarkson como Doutora Rachel Solando
- Jackie Earle Haley como George Noyce
- Ted Levine como Warden
- John Carroll Lynch como Garda McPherson
- Elias Koteas como Andrew Laeddis
- Jill Larson como Muller vella
- Ken Cheeseman como Doutor 1
- Ruby Jerins como Rachel Laeddis
- Robin Bartlett como Bridget Kearns
- Matthew Cowles como Capitán do Transbordador
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BoxOfficeMojo.com
- ↑ SensaCine (2023-09-01). "El final de película que más búsquedas genera: más de 56.000 personas al mes y no es 'Origen'". SensaCine.com (en castelán). Consultado o 2023-09-01.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- Filmes de 2010
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes en lingua alemá
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Martin Scorsese
- Filmes de Paramount Pictures
- Filmes de DreamWorks
- Filmes rodados en Massachusetts
- Filmes ambientados en Massachusetts
- Filmes ambientados en 1954
- Filmes de Appian Way Productions
- Filmes sobre psiquiatría