Sia
![]() (2011) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Sia Kate Isobelle Furler ![]() 18 de decembro de 1975 ![]() Adelaida (Australia) ![]() |
Outros nomes | Sia ![]() |
Residencia | Adelaida ![]() |
Educación | Adelaide High School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantante, produtora musical, actriz, compositora, compositora de cancións, directora de cinema ![]() |
Período de actividade | 1993 ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Electropop e indie pop ![]() |
Tesitura | Mezzosoprano ![]() |
Instrumento | Voz ![]() |
Selo discográfico | Astralwerks ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
Sitio web | siamusic.net ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Sia Kate Isobelle Furler, nada o 18 de decembro de 1975 en Adelaida, máis coñecida como Sia, é unha cantante e produtora musical australiana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]No ano 2000, o seu sinxelo "Taken for Granted" estivo no top 10 do Reino Unido. O seu álbum musical Some People Have Real Problems estivo entre os 50 máis vendidos nos Estados Unidos segundo a listaxe de Billboard 200. No ano 2005, a súa canción "Breathe Me" apareceu na escena final da serie "Six Feet Under". Nos Premios musicais ARIA de 2009, Sia gañou o premio para o mellor DVD musical. Na edición de 2010 acadou seis nomeamentos e gañou o premio ao mellor lanzamento musical por We Are Born e ao mellor vídeo musical para a canción "Clap Your Hands". Colaborou con David Guetta na canción "Titanium" e na produción do sinxelo "She Wolf (Falling to Pieces)" e "Wild Ones" co rapeiro Flo Rida. As tres cancións acadaron grande éxito internacional.[Cómpre referencia]
No 2014, o seu sinxelo "Chandelier" chegou a posicionarse na oitava posición no Billboard Hot 100 e recibiu catro nomeamentos aos Premios Grammy.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums musicais
[editar | editar a fonte]- OnlySee (1997)
- Healing Is Difficult (2001)
- Colour the Small One (2004)
- Some People Have Real Problems (2008)
- We Are Born (2010)
- 1000 Forms of Fear (2014)
- This Is Acting (2016)
- Everyday Is Christmas (2017)
- Music (2021)
- Reasonable Woman (2024)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sia ![]() |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial
- Sia na IMDb (en inglés).