Sigmund Jähn
Sigmund Werner Paul Jähn, nado en Rautenkrantz o 13 de febreiro de 1937 e finado o 21 de setembro de 2019, foi o primeiro cosmonauta alemán. Particiou nas misións Soiuz 31 e Soiuz 29.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Jähn graduouse en 1958 como piloto na Escola Superior para Oficiais da Forza Aérea Franz Mehring para logo servir na Forza Aérea da República Democrática Alemá. En 1970 graduouse na Academia Gagarin da Forza Aérea da Unión Soviética. Grazas ao seu dominio do ruso traduciu varias publicacións políticas e militares rusas ao alemán.[1]
En 1976 ingresou, xunto con Eberhard Koellner, no corpo de cosmonautas soviéticos, no grupo Interkosmos número 1. Participou nas misións Soiuz 29 e Soiuz 31. Ao seu regreso continou servindo na Forza Aérea. Faleceu o 21 de setembro de 2019.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Jaehn, Sigmund Werner Paul 'Sig'" (en inglés). Consultado o 24 de xullo de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sigmund Jähn |