Sima de Aradelas
Tipo | cova | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Esperante, España | |||
| ||||
A sima de Aradelas é unha cova natural situada na parroquia de Esperante, no concello de Folgoso do Courel. É a cova máis profunda de Galicia,[1] e a súa parte máis profunda atópase asolagada por augas subterráneas formando unha lagoa.[2] Desta sima tomou o seu nome o club espeleolóxico vigués Espeleo Club Aradelas.
Historia
[editar | editar a fonte]A cova é coñecida dende tempo inmemorial polos veciños pero non foi explorada cientificamente ata 1972 nos que se chegou ata os primeiros 120 m da cavidade. Máis tarde, en sucesivas campañas atopáronse novos pozos e galerías, e en 1991, a chamada Sala Monforte. Unha nova exploración no ano 2024 descubriuse unha nova entrada (denominada Cova Emilio), así como 2,2 km de galerías adicionais, así como a lagoa que ocupa o fondo da sima á que chamaron Hydra.[3]
Xeoloxía
[editar | editar a fonte]Aradelas insírese no complexo xeolóxico do Courel. Nesta cova atópanse numerosos elementos ou espeleotemas como estalactitas, estalagmitas ou gours.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lugo, El Progreso de (2024-10-22). "Descubren dos kilómetros más en una cueva de O Courel, la más profunda de Galicia". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2024-10-22.
- ↑ "Descubren un lago de aguas color turquesa en la cueva más profunda de Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). 2024-10-22. Consultado o 2024-10-22.
- ↑ Casas, Lucía (2024-10-22). "Descubertos dous quilómetros de galerías na cova máis profunda de Galicia". GCiencia. Consultado o 2024-10-22.