Saltar ao contido

Esperante, Folgoso do Courel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esperante
Igrexa de San Pedro de Esperante
ConcelloFolgoso do Courel[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°38′29″N 7°08′12″O / 42.641377, -7.13676
Poboación87 hab. (2019)
Entidades de poboación8[1]
editar datos en Wikidata ]

San Pedro de Esperante é unha parroquia do concello de Folgoso do Courel na comarca de Quiroga, na provincia de Lugo. Tiña 97 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística[2], 53 homes e 44 mulleres. O que supón unha diminución de 20 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 117 habitantes (64 homes e 53 mulleres).

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Limita coas parroquias de Lousada ao norte, Riocereixa ao leste, Visuña ao sueste, e Seoane do Courel ao sur e oeste.

Nesta parroquia, no lugar de Campelo atópase a entrada á Sima de Aradelas, a cova máis profunda de Galicia.[3]

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Nesta parroquia, no lugar do Carbedo, foi atopada unha Tabula Hospitalis, unha peza en bronce cun texto en latín da época da romanización de Galicia.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Esperante

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Esperante no concello de Folgoso do Courel (Lugo)

Campelo | O Carbedo | O Castro Romeor | Esperante | Liñariños | Millares | Mostaz | Romeor


Parroquias de Folgoso do Courel

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Folgoso do Courel

Esperante (San Pedro) | Folgoso do Courel (Santa María) | Hórreos (San Pedro) | Meiraos (Santa María) | Noceda (San Pedro) | Seceda (San Silvestre) | Seoane do Courel (San Xoán) | Vilamor (San Vicente) | Visuña (Santa Eufemia)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]