Simone Assemani
Globus caelestis Cufico-Arabicus Veliterni musei Borgiani, 1790 | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de febreiro 1752 Roma, Italia |
Morte | 7 de abril de 1821 (79 anos) Padua. |
País de nacionalidade | Italiano. |
Relixión | Católico. |
Educación | Universidade de Roma La Sapienza. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e orientalismo. |
Ocupación | lingüista, numismático |
Empregador | Universidade de Padua |
Descrito pola fonte | Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) Biblioteca dixital BEIC Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Simone Assemani, nado en Roma o 19 de febreiro de 1752 e finado en Padua o 7 de abril de 1821, foi un numismático e orientalista Italiano de orixe libanesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orixe familiar
[editar | editar a fonte]Assemani é o apelido dunha ilustre familia maronita do Líbano, catro de cuxos membros, todos eles cregos, se distinguiron pola súa erudición durante o século XVIII en Oriente e en Europa.[1]
Un deles foi Simone Assemani, nado en Roma o 19 de febreiro de 1852, fillo de nai italiana, chamada Marta Maria Devoti, e de pai libanés maronita, chamado Elia Antonio Assemani.[2] Simone era sobriño neto do tamén orientalista Giuseppe Simone Assemani.[3][4]
Carreira como erudito
[editar | editar a fonte]Cursou estudos de Teoloxía na Universidade La Sapienza de Roma e recibiu a orde sacerdotal polo rito latino, en lugar do maronita.[4] Logo pasou varios anos de ministerio en Siria e Exipto.[1][2][3]
De volta en Europa en 1778, regresou a Roma e a Xénova, coa intención de viaxar a América, aínda que non llo permitiron.[1] Logo viaxou a Alemaña e a Austria, onde traballou na Biblioteca Imperial de Viena.[2][3]
En 1875 exerceu como profesor de linguas orientais no Seminario Maior de Padua, e en 1807 encomendóuselle o ensino das linguas orientais das Sagradas Escrituras na Universidade de Padua,[1][2][5] actividade que mantivo ata a súa morte en 1821.[3]
Simone Assemani foi académico xubilado da Real Academia Imperial das Letras e as Artes de Padua.[2][3]
Morreu en Padua o 7 de abril de 1821.[1][3][2][5]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables de Simone Assemani:[6]
Numismática
[editar | editar a fonte]- (1787-1788). Museo Cufico Naniano. Parte I (1787); Parte II (1788). Padua.
- (1809). Supra le monete Arabe effigiate. Padua.
- (1818). Spiegazione di due rarissime medaglie cufiche della famiglia degli Ommiadi appartenenti al Museo Majnoni in Milano. Milán.
- (1820). Descrizione di alcune monete cufiche del museo di Stefano Mainoni. Milán.
Orientalismo
[editar | editar a fonte]- (1787). Saggio sull'origine culto letteratura e costumi degli arabi avanti il pseudoprofeta Maometto. Padua.
- (1787-1792). Catalogo dei codici manoscritti orientali della Biblioteca Naniana. Parte I (1787); Parte II (1792). Padua.
- (1790). Globus Caelestis Cufico-Arabicus Veliterni Musei Borgiani. Padua.
- (1803). Trattato intorno al santo sacrificio della messa. Padua.
- (1804). Illustrazione della patena mistica creduta di S. Pier Grisologo la quale si conserva nella chiesa cattedrale d'Imola. Padua.
- (1807). Se gli Arabi ebbero alcuna influenza sull' origine della poesia moderna in Europa. Padua.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Oussani, G. (1907-1912).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Canini, E. (2021).
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Levi della Vida, G. (1962).
- ↑ 4,0 4,1 Zabeo, G. P. (1821). Páxina 144.
- ↑ 5,0 5,1 Zabeo, G. P. (1821). Páxina 145.
- ↑ "Assemani, Simone 1752-1821". WorldCat Identities.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Simone Assemani |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Canini, E. (2021). "Simone Assemani: la Sacra Scrittura e le lingue orientali". En Periodico Daily. 19 de febreiro.
- Contadini, A. (1989). "Simone Assemani, professore di lingue orientali a Padova". En Gallotta, A.; Marazzi, U. (Hrsg.). La Conoscenza dell'Asia e dell'Africa in Italia nei secoli XVIII e XIX3, 1. Istituto Universitario Orientale, Nápoles. Páxinas 209-245.
- Levi della Vida, G. (1962). "Assemani, Simone". En Dizionario biografico degli Italiani. Vol. 4.
- Oussani, G. (1907-1912) "Assemani. Illustrious Maronite family of Mount Lebanon, Syria". En Catholic Encyclopedia (Catholic.com).
- Pontani, A. (2013). "Nuovi contributi all'archivio di Simone Assemani (1752-1821): la biografia e il carteggio con Giovanni Cristofano Amaduzzi". En Quaderni per la storia dell'Università di Padova, 46. Páxinas 61-104.
- Zabeo, G. P. (1821). "Assemani Simone". En Prospetto delle letture … del cesareo-regio istituto di scienze, lettere ed arti... Bettoni, Padua. Páxinas 144-147.