Trátase dunha obra puramente orquestral, dividida en catro movementos. Seguía, por tanto, o modelo clásico de sinfonía. Porén esta obra mostra unha tensión entre estrutura e estilo, propia das últimas obras de Mahler. Esta tensión exprésase a través das novas técnicas musicais atonais, que naqueles momentos estaban desenvolvendo paralelamente Arnold Schönberg e Anton Webern. Así, non existe unha tonalidade central que se distribúa uniformemente ó longo da obra, senón que Mahler varía constantemente as notas, buscando unha maior expresividade musical.