Sira (filme)
Sira | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Sira |
Director | Apolline Traoré |
Produtor | Apolline Traoré Denis Cougnaud |
Guión | Apolline Traoré |
Intérpretes |
|
Música | Cyril Morin |
Fotografía | Nicolas Berteyac |
Montaxe | Sylvie Gadmer |
Estudio | Araucania Films Les Films Selmon One Fine Day Films Sunuy Films Canal+ |
Distribuidora | Wide International Sales & Distribution |
Estrea | 21 de febreiro de 2023 |
Duración | 122 minutos |
Orixe | ![]() ![]() ![]() ![]() |
Xénero | Drama |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() |
Sira é un filme de 2023 escrito e dirixido por Apolline Traoré. Está protagonizado por Nafissatou Cissé, Mike Danon, Lazare Minoungou, Nathalie Vairac e Ruth Werner. O filme narra a historia dunha moza nómade chamada Sira, que tras un brutal ataque rexeita entregarse ao seu destino sen loitar e, no seu canto, adopta unha posición contra o terror islamista.[1] É unha coprodución entre Burkina Faso, o Senegal, Francia e Alemaña.
Estreouse internacionalmente o 21 de febreiro de 2023 na 73ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín,[2] onde gañou o premio Panorama Audience ao mellor filme.[3] Foi escollido como candidato de Burkina Faso para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 96ª edición dos premios,[4] mais finalmente non foi nomeado.[5] É o primeiro filme que presenta Burkina Faso dende 1989.[6]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Nafissatou Cissé como Sira
- Mike Danon como Moustapha
- Lazare Minoungou como Yere
- Nathalie Vairac como Aissatou
- Ruth Werner como Kemi
- Abdramane Barry como Jean Sidi
- Ildevert Meda como Karim
- Oumou Ba como Djamila
- Seydou Diallo como Tidiane
- Moïse Tiemtore como Faysal
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Traoré, Apolline (18 de xaneiro de 2023). "Sira". Cineuropa (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2023.
- ↑ Abbatescianni, Davide (18 de xaneiro de 2023). "The Berlinale adds new titles to Berlinale Special and rounds off its Berlinale Series, Panorama and Generation line-ups". Cineuropa (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2023.
- ↑ "The Panorama Audience Awards Go to Sira by Apolline Traoré and Kokomo City by D. Smith". Berlinale. 25 de febreiro de 2023. Consultado o 25 de febreiro de 2023.
- ↑ Clayton Davis (7 de decembro de 2023). "Academy Announces 288 Eligible Titles for Animated, Documentary and International Feature Oscar Races". Variety (en inglés). Consultado o 7 de decembro de 2023.
- ↑ "96th Oscars Shortlists Announced for 10 Categories". Academy of Motion Picture Arts and Sciences (en inglés). 21 de decembro de 2023. Consultado o 22 de decembro de 2023.
- ↑ Prisca F. Konkobo (15 de setembro de 2023). "Cinéma : le film « Sira » de Apolline Traoré représentera le Burkina Faso aux Oscars" [Cinema: the film “Sira” by Apolline Traoré will represent Burkina Faso at the Oscars]. 24heures (en francés). Consultado o 17 de outubro de 2023.