Sirenoideos
Sirenoideos Sirenoidea Rango fósil: cretáceo tardío - actualidade 95 Ma - 0 Ma | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Siren lacertina | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
|
A dos sirenoideos (Sirenoidea)[1] son unha pequena suborde (para algúns autores un clado) de anfibios caudados que comprende tan só catro especies reunidas nuha única familia, a dos sirénidos (Sirenidae), e repartidas en dous xéneros con dúas especies cada un, que vive no sueste dos Estados Unidos e o nordeste de México.[2]
Características
[editar | editar a fonte]Exhiben corpos alongados adaptados a unha vida completamente acuática, carecen de dentes pedicelados, extremidades reducidas (carecendo das posteriores) e pedomorfismo, ao reter as branquias na etapa adulta, o sistema da liña lateral e unha alimentación por succión (aínda que posúen unha mandíbula móbil).[3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Unha posición sistemática dubidosa
[editar | editar a fonte]Os primeiros estudos moleculares posicionaban este taxon como o grupo irmán das salamántigas (e por iso algúns autores inclúeno na suborde dos salamandroideos), pero análises posteriores de secuencias de xenes nucleares suxerían o clado Cryptobranchoidea (Cryptobranchidae e Hynobiidae) como o máis basal.[4][5][6]
Por outra parte, Zhang & Wake (2009) volveron a situar os Sirenidae de acordo coa posición dos primeiros estudos, confirmando, ademais, o clado conformado por aqueles grupos con fecundación interna, polo que a fecundación externa (presente en Sirenidae, Cryptobranchidae e Hynobiidae) sería un carácter plesiomórfico.[7]
Descrición
[editar | editar a fonte]Esta nova suborde foi descrita en 2005 polo herpetólogo francés Alain Dubois.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Suborde Sirenoidea
- Familia Sirenidae
Filoxenia
[editar | editar a fonte]As relacións filoxenéticas entre os xéneros e as especies da familia dos sirénidos son as seguintes:
O Cladograma está baseado en Moler & Kezer (1993) e Frost et al. (2006).[5][8]
Sirenidae |
| ||||||||||||||||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Non confudir con Sirenoidea van Beneden, 1855, un sinónimo de Sirenia, unha orde de mamíferos acuáticos que incúe os dugongos e os manatís.
- ↑ Frost, D. R. Sirenidae. Amphibian Species of the World: an Online Reference. Ne2 York, USA: Museo Americano de Historia Natural. Consultado o 1 de abril de 2017.
- ↑ Duellman, W. E. & Trueb, L. (1994): Biology of Amphibians. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-4780-6.
- ↑ Wiens, J. J. et al. (2005): Ontogeny discombobulates phylogeny: Paedomorphosis and higher-level salamander relationships. Systematic Biology 54: 91-110.
- ↑ 5,0 5,1 Frost et al. (2006): The Amphibian Tree of Life Arquivado 11 de agosto de 2016 en Wayback Machine.. Bulletin of the American Museum of Natural History 297: 1–291.
- ↑ Roelants, K. et al. (2007): Global patterns of diversification in the history of modern amphibians. Proceedings of the National Academy of Sciences of the USA 104: 887-892.
- ↑ Zhang, P. & Wake, D. B. (2009): Higher-level salamander relationships and divergence dates inferred from complete mitochondrial genomes. Molecular Phylogenetics and Evolution 53: 492-508.
- ↑ Moler, P. E. & Kezer, J. (1993): "Karyology and systematics of the salamander genus Pseudobranchus (Sirenidae)". Copeia 1993: 39-47.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sirenoideos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gardner, J. D. (2003): "Revision of Habrosaurus Gilmore (Caudata; Sirenidae) and relationships among sirenid salamanders". Palaeontology 46 (6): 1089-1122. DOI: 10.1046/j.0031-0239.2003.00335.x
- Larson, A. (1991): "A molecular perspective on the evolutionary relationships of the salamander families". Evolutionary Biology 25: 211-277.
- Liu, F. R. et al. (2004): "Allozyme Variation in the Salamander Genus Pseudobranchus: Phylogeographic and Taxonomic Significance". Copeia 1: 136-144.
- Liu, Fu-Guo Robert; Moler, Paul E.; Miyamoto, Michael M. (abril 2006). "Phylogeography of the salamander genus Pseudobranchus in the southeastern United States". Molecular Phylogenetics and Evolution (en inglés) 39 (1): 149–159. doi:10.1016/j.ympev.2005.09.015.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sirenidae en AmphibianWeb
- Sirenidae Arquivado 02 de abril de 2017 en Wayback Machine. en Tree of Life