Criptobránquidos
Criptobránquidos Cryptobranchidae Rango fósil: paleoceno - actualidade 60 Ma - 0 Ma | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cryptobranchus alleganiensis | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||
A dos criptobránquidos[1] (Cryptobranchidae) é unha familia de anfibios da orde dos caudados ou urodelos, unha das dúas que compoñen a suborde dos criptobrancoideos.
Debido ao seu gran tamaño as únicas tres especies[2] que a compoñen son coñecidas vulgarmente como salamántigas xigantes.
Distribución
[editar | editar a fonte]As tres especies da familia distribúense pola China, o Xapón, o leste dos Estados Unidos e o sueste do Canadá.[3]
As especies asiáticas son Andrias davidianus (a salamántiga xigante chinesa) e Andrias japonicus (a salamántiga xigante xaponesa), mentres que a única especie presnte en Norteamérica é Cryptobranchus alleganiensis (a salamántiga americana xigante).
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A familia foi descrita en 1826 polo zoólogo austríaco Leopold Fitzinger, na súa obra:
- Fitzinger, L. (1826): Neue classification der reptilien nach ihren natürlichen verwandtschaften. Nebst einer verwandtschafts-tafel und einem verzeichnisse der reptilien-sammlung des K. K. zoologischen museum's zu Wien, pp. 1-67. Ver en liña.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Cryptobranchoidea está formado polos elementos do latín científico crypto-, -branch- e ´-idea (plural de -ideus, que o sufixo co que se forman as familias dos animais), tirados, respectivamente, dos termos do grego antigo κρυτός cryptós, 'oculto'; βράγχια bránchia, 'branquia' e εἴδος eídos, 'aspecto', 'aparencia', 'forma'. Literalmente: 'os que teñen as branquias aparentemente ocultas' (debido a que presentan fendeduras branquiais durante o estado adulto).
Clasificación
[editar | editar a fonte]Actualmente recoñécense dous xéneros con tres especies:[2][4]
- Familia Cryptobranchidae Fitzinger, 1826
- Xénero Andrias Tschudi, 1837 [5]
- Andrias davidianus (Blanchard, 1871) – salamántiga xigante chinesa
- Andrias japonicus (Temminck, 1836) – salamántiga xigante xaponesa
- Xénero Cryptobranchus Leuckart, 1821 [6]
- Cryptobranchus alleganiensis (Daudin, 1803)
- Xénero Andrias Tschudi, 1837 [5]
Ademais, coñécense dous xéneros fósiles, Chunerpeton † Gao & Shubin, 2003 e Pangerpeton † Wang & Evans, 2006.[7]
Evolución
[editar | editar a fonte]Os rexistros máis antigos deste grupo son os do xénero Chunerpeton, que datan do xurásico medio.[8] Chunerpeton exhibe un gran número de similitudes morfolóxicas coas especies actuais do grupo, o que pon en evidencia o pouco que cambiaron as estruturas nestas especies ao longo de aprocimadamente 160 millóns de anos. Este fósil tamén apoia a hipótese que supón que a diverxencia entre os Cryptobranchidae e os Hynobiidae producíronse en Asia antes do xurásico medio. Ambas as familias forman un clado, sendo este o máis antigo entre os caudados. Por outra parte, a extensión de especies de dos Cryptobranchidae a Norteamérica explicaríase pola posterior formación dunha ponte de terra.[9][10]
Por outra parte, as especies da familia dos Hynobiidae (comunmente coñecidas como salamántigas asiáticas) teríanse estendido desde Asia cata a Europa, quedando no holoceno restrixidas ao continente asiático.
Filoxenia
[editar | editar a fonte]As relacións filoxenéticas dos criptobráquidos son as que se expresan no seguinte cladograma, baesado en Frost et al. (2006).[11]
Cryptobranchidae |
| ||||||||||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ criptobránquido -da 1 adx Relativo ou pertencente aos criptobránquidos. 2 s m ANIMAL Anfibio da familia dos criptobránquidos. 3 s m pl ANIMAL Familia de anfibios urodelos integrada por por individuos de grandes dimensións, de corpo cilíndrico ou deprimido, que se caractariza por posuír fendeduras branquiais durante o estado adulto. No Dicionario de galego. Ir Indo Edicións, Vigo, 2004, ISBN 84-7680-504-7.
- ↑ 2,0 2,1 Criptobránquidos. Lista de especies en AmphibianWeb.
- ↑ Amphibian Species of the World.
- ↑ Cryptobranchidae Fitzinger, 1826 no ITIS.
- ↑ Andrias Tschudi, 1837 no ITIS.
- ↑ Cryptobranchus Leuckart, 1821 no ITIS.
- ↑ Cryptobranchidae en Mikko's Phylogeny Archive.
- ↑ Gao, K. & Shubin, N. H. (2003): Earliest known crown-group salamanders. Nature 422: 424-428.
- ↑ Milner, A. R. (2000): Amphibian Biology. Vol. 4.
- ↑ Milner, A. R. (1983): Evolution, Time and Space: The Emergence of the Biosphere (eds. Sims, R. W., Price, J. H. & Whalley, P. E. S.), pp. 431–468.
- ↑ Frost et al. (2006) "The Amphibian Tree of Life" Arquivado 11 de agosto de 2016 en Wayback Machine.. Bulletin of the American Museum of Natural History 297: 1–291.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Criptobránquidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Criptobránquidos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Weisrock, D. W. et al. (2005): "Resolving deep phylogenetic relationships in salamanders: Analyses of mitochondrial and nuclear genomic data". Systematic Biology 54: 758-777.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Amphibian Species of the World
- Cryptobranchidae en AmphibianWeb (en inglés).
- Criptobránquidos. Lista de especies en AmphibianWeb.
- Cryptobranchidae na ADW (en inglés).
- Cryptobranchidae na EOL.
- Cryptobranchidae no ITIS.
- Cryptobranchidae no NCBI.
- Cryptobranchidae en Tree of Life
- Cryptobranchidae Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks.
- Especies de criptobránquidos na UICN.