Criptobrancoideos
Criptobrancoideos Cryptobranchoidea Rango fósil: xurásico tardío - actualidade [1] 160 Ma - 0 Ma | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Cryptobranchus alleganiensis | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Familias | |||||||||||||||||
A dos criptobrancoideos (Cryptobranchoidea) é unha suborde de anfibios da orde dos caudados ou urodelos.
O grupo constitúe un clado monofilético.[2]
Na actualidade comprende dúas familias, criptobránquidos e hinobíidos, con xéneros, con numerosas especies.[3]
Características
[editar | editar a fonte]As súas especies son coñecidos como salamánigas primitivas, en contraste coa da suborde dos salamandroideos ou salamántigas avanzadas.[4]
Unha das súas caracterísiticas típicas é a de posuíren fendeduras branquiais durante o estado adulto, (ao que alude o seu nome).[5]
As especies da familia dos Cryptobranchidae, que son completamente acuáticas, coñécense como salamánigas xigantes debido ao seu gran tamaño.
Distribución
[editar | editar a fonte]Encóntrase no leste dos Estados Unidos, na China en Taiwán e no Xapón.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/eb/Andrias_japonicus_cropped.jpg/240px-Andrias_japonicus_cropped.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b3/Hynobius_kimurae_%28cropped%29_edit.jpg/240px-Hynobius_kimurae_%28cropped%29_edit.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/bd/Paradactylodon_persicus01.jpg/240px-Paradactylodon_persicus01.jpg)
Descrición
[editar | editar a fonte]A suborde foi descrita en polo herpetólogo estadounidense Emmett Reid Dunn, no seu traballo:
- Dunn, E. R. (1922): "The sound-transmitting apparatus of salamanders and the phylogeny of the Caudata". The American Naturalist, 56: 418-487.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Cryptobranchoidea está formado polos elementos do latín científico crypto-, -branch- e -oidea (plural de -oideus), tirados, respectivamente, dos termos do grego antigo κρυτός cryptós, 'oculto'; βράγχια bránchia, 'branquia' e εἴδος eídos, 'aspecto', 'aparencia', 'forma'. Literalmente: 'os que teñen as branquias aparentemente ocultas' (debido a que presentan fendeduras branquiais durante o estado adulto).
Clasificación
[editar | editar a fonte]A suborde comprende na actualidade só dúas familias, cos doce xéneros que se indican:[3]
Suborde Cryptobranchoidea Dunn, 1922
- Familia Cryptobranchidae Fitzinger, 1826 [6]
- Xénero Andrias Tschudi, 1837
- Xénero Cryptobranchus Leuckart, 1821
- Familia Hynobiidae Cope, 1859 [7]
- Subfamilia Hynobiinae Cope, 1859 [8]
- Xénero Batrachuperus Boulenger, 1878
- Xénero Hynobius Tschudi, 1838
- Xénero Liua Zhao & Hu, 1983
- Xénero Onychodactylus Tschudi, 1838
- Xénero Pachyhynobius Fei, Qu & Wu, 1983
- Xénero Paradactylodon Risch, 1984
- Xénero Pseudohynobius Fei & Yang, 1983
- Xénero Ranodon Kessler, 1866
- Xénero Salamandrella Dybowski, 1870
- Subfamilia Protohynobiinae Fei & Ye, 2000 [9]
- Xénero Protohynobius Fei & Ye, 2000
- Subfamilia Hynobiinae Cope, 1859 [8]
Outras familias extinguíronse no pasado e só se coñecen polos seus restos fósiles.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Anderson, J. S. (2012). "Fossils, molecules, divergence times, and the origin of Salamandroidea". Proceedings of the National Academy of Sciences 109 (15): 5557. PMC 3326514. PMID 22460794. doi:10.1073/pnas.1202491109.
- ↑ Zhang, P. & Wake, D. A. (2009): "Higher-level salamander relationships and divergence dates inferred from complete mitochondrial genomes". Molecular Phylogenetics and Evolution. 53: 492–508.
- ↑ 3,0 3,1 Cryptobranchoidea no NCBI.
- ↑ Heying, Heather. "ADW:Family Cryptobranchidae: giant salamanders and hellbenders".
- ↑ criptobránquido -da 1 adx Relativo ou pertencente aos criptobránquidos. 2 s m ANIMAL Anfibio da familia dos criptobránquidos. 3 s m pl ANIMAL Familia de anfibios urodelos integrada por por individuos de grandes dimensións, de corpo cilíndrico ou deprimido, que se caractariza por posuír fendeduras branquiais durante o estado adulto. No Dicionario de galego. Ir Indo Edicións, Vigo, 2004, ISBN 84-7680-504-7.
- ↑ Cryptobranchidae Fitzinger, 1826 no ITIS.
- ↑ Hynobiidae Cope, 1859 no ITIS.
- ↑ Hynobiinae Cope, 1859 no ITIS.
- ↑ Protohynobiinae Fei & Ye, 2000 no ITIS.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Criptobrancoideos ![]() |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Criptobrancoideos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Larson, A. (1991): "A molecular perspective on the evolutionary relationships of the salamander families". Evolutionary Biology 25: 211-277.
- Vitt, Laurie J. & Janalee P. Caldwell (2014): Herpetology: An Introductory Biology of Amphibians and Reptiles. 4th Edition. San Diego, California, USA: Academic Press. ISBN 978-0-1238-6919-7.
- Zug, G. R. (1993): Herpetology: an introductory biology of amphibians and reptiles. San Diego, California, USA: Academic Press.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Cryptobranchidae na ADW.
- Cryptobranchidae na EOL.