Saltar ao contido

Siro López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSiro López
Biografía
Nacemento20 de marzo de 1956 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Sarria, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm3800098 Twitter: sirolopez Editar o valor en Wikidata

Siro López Fernández, nado en Sarria o 20 de marzo de 1956, é un xornalista deportivo galego. Especializado en baloncesto e fútbol, foi xefe de prensa do Deportivo da Coruña e ​​ten traballado en diferentes medios de comunicación nacionais, tanto de narrador deportivo como presentador ou colaborador.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Dende os dez anos viviu coa súa familia en Barcelona, onde estudou e se licenciou en xornalismo na Facultade de Ciencias da Información de Bellaterra na Universidade Autónoma de Barcelona.

Director de deportes de Telemadrid

[editar | editar a fonte]

Entre 2000 e 2010, foi o director de deportes de Telemadrid, sendo á súa vez desde 2004, presentador da sección de deportes das Telenoticias da canle rexional.[1] Anteriormente, desempeñou diferentes cargos en diversos medios e institucións, como responsable de prensa do Deportivo da Coruña, editor e narrador de baloncesto do equipo de José María García en Antena 3 Radio, xefe de deportes da Coruña e Santiago de Onda Cero e posteriormente redactor xefe de Don Balon e director da páxina web 'Defensacentral.com'.[2]

Contexto nos medios de comunicación de televisión

[editar | editar a fonte]

Foi un dos fundadores de Punto Pelota xunto con Tomás Roncero ou José Damián González, que permaneceron desde o seu inicio en 2008 ata a fin do programa en 2013. A partir do 6 de xaneiro de 2014 comezou como socio no novo proxecto de Josep Pedrerol en Atresmedia, El chiringuito de jugones.

Pouco despois dun mes, o 10 de febreiro de 2014, anunciábase a súa marcha ao outro gran grupo privado de televisión do país, Mediaset España, participando nos debates do programa deportivo de medianoite rival do de Pedrerol, Tiki-Taka, en Energy e como colaborador en Deportes Cuatro.[3][4]

Narrador de baloncesto en Mediaset España

[editar | editar a fonte]

Un dos motivos da fichaxe de Siro polo grupo de Fuencarral foi a posibilidade de ser o principal narrador dos partidos en España no Mundial de 2014 que a selección disputou como anfitrión, e no Eurobasket 2015. Narrou estes dous campionatos xunto co especialista internacional en baloncesto Antoni Daimiel e o ex xogador José Miguel Antúnez.

Presentador de La Goleada en 13tv

[editar | editar a fonte]

Entre outubro de 2014 e febreiro de 2015 presentou xunto con Danae Boronat, o debate deportivo de medianoite La goleada na canle 13tv, competindo na medianoite deportiva do TDT de domingo a xoves, cos seus antigos compañeiros de El chiringuito de jugones, dirixida por Pedrerol. 13tv cancelou o programa a mediados da tempada debido á baixa audiencia.[5]

Distincións

[editar | editar a fonte]

Lucense do ano de El Progreso en 2023.[6]

  1. TV3-APM? Siro López youtube.com
  2. Marbán Bermejo, Roberto (16 de marzo de 2011). "Siro López deja 'Defensa Central' tras la polémica por un artículo que relacionaba el tumor de Abidal con el dopaje". Periodista Digital (en castelán). Consultado o 3 de abril de 2021. 
  3. Siro López abandona a Josep Pedrerol y ficha por 'Tiki Taka' en Mediaset
  4. "Siro López abandona a Josep Pedrerol y ficha por ‘Tiki Taka’ en Mediaset". Periodista Digital (en castelán). 10 de febreiro de 2014. Consultado o 3 de abril de 2021. 
  5. "Siro López y Danae Boronat presentarán 'La Goleada'". Marca (en castelán). 3 de outubro de 2014. Consultado o 3 de abril de 2021. 
  6. "Marica Campo, Siro López, Melania Cruz ou Adrián Ben, entre os Lucenses do Ano". G24. Consultado o 2023-12-11.