Alfred Sisley
Alfred Sisley (30 de outubro, 1839 – 29 de xaneiro, 1899) foi un pintor paisaxista impresionista de orixe inglesa que viviu e traballou en Francia.
Biografía
[editar | editar a fonte]Sisley naceu en París no seo dunha familia acomodada de orixe inglesa, os seus pais eran William Sisley e Felicia Sell. O seu pai, William, exportaba flores artificiais. A nai, Felicia Sell, proviña dunha familia inglesa culta. A comezos de 1860 Alfred estudou no atelier de Marc-Charles-Gabriel Gleyre, onde coñeceu a Frédéric Bazille, Claude Monet e Pierre-Auguste Renoir. Xuntos pintaron paisaxes "en plein air" (ao aire libre), coa fin de capturar os efectos transitorios da luz solar. Este enfoque, innovador na época, deu lugar a cadros máis coloridos e máis amplos que os cadros aos que o público estaba acostumado a ver. En consecuencia, Sisley e os seus amigos tiveron inicialmente poucas oportunidades para exhibir ou vender os seus traballos, aínda que a diferenza dalgúns dos seus compañeiros de estudos que sufriran as dificultades financeiras, Sisley recibiu asignación do seu pai.
Na actualiade non se conserva ningún dos seus traballos de estudante. O seu traballo coñecido máis vello é, Camiño preto dunha pequena vila pintado arredor de 1864.
En 1866, casou con Eugénie Lesouezec, de orixe bretoa, coa quen tivo dous fillos.[1] A súa seguridade financeira viuse afectada en 1870 cando o negocio do seu pai fracasou, véndose obrigado a vivir coas vendas dos seus cadros. O resto da súa vida viviría na pobreza; Os seus traballos só medraron de prezo trala súa morte.[2].
En 1880 Sisley e a súa familia mudáronse a unha vila de Moret-sur-Loing, preto do bosque de Fontainebleau onde os pintores da Escola de Barbizon traballaran a comezos de século. Nese mesmo lugar, tal e como dixera a historiadora de arte Anne Poulet, "As suaves paisaxes cos seus constantes cambios atmosféricos están perfectamente a ton co seu talento.
Sen contar o período comprendido entre 1857 e 1861 (no que Sisley vive en Inglaterra) e as viaxes que fai en 1874, 1881, e 1897, Sisley viviu a maior parte da súa vida en Francia.
Coñécese pouco sobre a influencia que tiveron sobre o pintor os traballos de J. M. W. Turner e John Constable, cadros que Sisley tería visto en Londres e que son suxeridos como influencia en Sisley como impresionista.[3].
Entre os pintores impresionistas, o que máis se asemella a Sisley é Monet, quen o chegou a eclipsar debido á semellanza dos seus traballos, malia ser Sisley menos experimental e traballar nunha escala menor. Sisley foi descrito polo historiador Robert Rosenblum como un pintor cun "carácter case xenérico, cunha idea hiperteórica e impersoal dunha perfecta pintura impresionista",[4] o seu traballo evoca fortemente a atmosfera e os seus ceos son sempre moi impoñentes. O pintor foi un dos impresionistas que se centrou mais na temática paisaxista.
Sisley morreu en Moret-sur-Loing á idade de 59 anos, uns meses máis tarde cá súa dona.
Obra
[editar | editar a fonte]- Lane near a Small Town (c. 1864)
- Avenue of Chestnut Trees near La Celle-Saint-Cloud (c. 1865)
- Village Street in Marlotte (1866)
- Avenue of Chestnut Trees near La Celle-Saint-Cloud (1867)
- Still Life with Heron (1867)
- The Seine at St. Mammes (1867-1869)
- View of Montmartre from the cite des Fleurs (1869)
- Early Snow at Louveciennes (c. 1871-1872)
- Boulevard Heloise, Argenteuil (1872)
- Bridge at Villeneuve-la-Garenne (1872)
- Ferry to the Ile-de-la-Loge - Flood (1872)
- Footbridge at Argenteuil (1872)
- La Grande-Rue, Argenteuil (c. 1872)
- Square in Argenteuil (Rue de la Chaussee) (1872)
- Chemin de la Machine Louveciennes (1873)
- Factory in the Flood, Bougival (1873)
- Rue de la Princesse, Louveciennes (1873)
- Sentier de la Mi-cote, Louveciennes (1873)
- Among the Vines Louveciennes (1874)
- Bridge at Hampton Court (1874)
- The Lesson (1874)
- Molesey Weir - Morning (1874)
- Regatta at Hampton Court (1874)
- Regattas at Molessey (1874)
- Snow on the Road Louveciennes (1874)
- Under the Bridge at Hampton Court (1874)
- Street in Louveciennes (Rue de la Princesse) (1875)
- Small Meadows in Spring (c. 1881)
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Alfred Sisley |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Denvir, B. (2000). The Chronicle of Impressionism: An Intimate DIary of the Lives and World of the Great Artists. Londres: Thames & Hudson. OCLC 43339405
- Poulet, A. L., & Murphy, A. R. (1979). Corot to Braque: French Paintings from the Museum of Fine Arts, Boston. Boston: The Museum. ISBN 0-87846-134-5
- Rosenblum, Robert (1989). Paintings in the Musée d'Orsay. Nova York: Stewart, Tabori & Chang. ISBN 1-55670-099-7
- Turner, J. (2000). From Monet to Cézanne: late 19th-century French artists. Grove Art. Nova York: St Martin's Press. ISBN 0-312-22971-2
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Impressionists at Biography (from archive.org)
- Sisley images and biography at CGFA