Sistema sexaxesimal
O sistema sexaxesimal ou sistema de base 60, é un sitema de numeración co sesenta como base. Orixinouse entre os antigos sumerios no terceiro milenio antes da nosa era, pasando despois aos antigos babilonios e aínda continúa a empregarse para medir tempo, ángulos e coordenadas xeográficas.
O número sesenta, ten doce factores, 1, 2, 3, 4, 5, 6, 10, 12, 15, 20, 30 e 60, dos que 2, 3 e 5 son números primos. Con tantos factores, moitas fraccións con números no sistema sexaxesimal poden simplificarse. Por exemplo, unha hora pode dividirse en anacos de 30, 20, 15, 12, 10, 6, 5, 4, 3, 2 e 1 minuto. 60 é o número máis pequeno divisible por todos os números entre 1 é 6, é dicir, é o mínimo común múltiplo de 1, 2, 3, 4, 5 e 6.
Orixe
[editar | editar a fonte]É fácil para as persoas contar cos seus dedos ata 12 empregando só unha man, co polgar apuntando a cada falanxe dos catro dedos por quendas. Aínda existe un sistema de conta tradicional en moitas rexións de Asia que pode explicar a existencia de sistema numéricos baseados en 12 e 60 ademais dos que se basean en 10, 20 e 5. Neste sistema, cunha man cóntase repetidamente ata 12, marcando o número de iteracións na outra man ata cinco ducias, é dicir, sesenta.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ifrah, Georges (2000). The Universal History of Numbers: From prehistory to the invention of the computer. John Wiley and Sons. ISBN 0-471-39340-1.. Traducido do francés ao inglés por David Bellos, E.F. Harding, Sophie Wood e Ian Monk.
- ↑ Macey, Samuel L. (1989). The Dynamics of Progress: Time, Method, and Measure. Atlanta, Georgia: University of Georgia Press. p. 92. ISBN 978-0-8203-3796-8.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ifrah, Georges (1999). The Universal History of Numbers: From Prehistory to the Invention of the Computer. Wiley. ISBN 0-471-37568-3..
- Nissen, Hans J.; Damerow, P.; Englund, R. (1993). Archaic Bookkeeping. University of Chicago Press. ISBN 0-226-58659-6.