Saltar ao contido

Slavoj Žižek

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Slavoj Zizek»)
Modelo:BiografíaSlavoj Žižek

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de marzo de 1949 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Liubliana (República Federal Socialista de Iugoslavia) Editar o valor en Wikidata
ResidenciaLiubliana Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo cristán Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de París 8 - filosofía (–1986)
Universidade de Liubliana - filosofía
Gimnazija Bežigrad - educación secundaria Editar o valor en Wikidata
Director de teseJacques-Alain Miller Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoIdeoloxía, ciencia política, Marxismo, teoría do cinema, ontoloxía, psicanálise, teoloxía, freudomarxismo, filosofía e culturoloxía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Liubliana Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, político, crítico cultural, teólogo, xornalista de opinión, actor, psicanalista, profesor universitario, psicólogo, ensaísta, académico da cultura, sociólogo, guionista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorEuropean Graduate School
Birkbeck College
Universidade de Liubliana Editar o valor en Wikidata
Partido políticoLiga dos Comunistas de Eslovenia (–1988)
Democracia Liberal de Eslovenia Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoHegelianismo, Marxismo, Lacanianismo, Escola de Psicanálise de Liubliana, freudomarxismo e Filosofía continental Editar o valor en Wikidata
Influencias
Participou en
13 de novembro de 2019Petición pública en favor dunha negociación política sobre Cataluña
maio de 2015Manifesto de apoio a Barcelona en Comú Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJela Krečič (2013–)
Renata Salecl Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1670978 Allocine: 171338 Rottentomatoes: celebrity/slavoj_zizek Allmovie: p475057
Facebook: prof.slavoj.zizek Twitter: slavojiek Instagram: slavojzizeks BNE: XX1593929 Bitraga: 1269 Dialnet: 134079 iTunes: 410717738 Musicbrainz: 7bf9c33f-33a9-44ea-87c8-0e130550bce3 Discogs: 1677691 Editar o valor en Wikidata

Slavoj Žižek, nado en Liubliana (Eslovenia) o 21 de marzo de 1949, é un sociólogo, filósofo, psicanalista e filólogo esloveno. A súa obra integra o pensamento de Jacques Lacan co de Marx e Hegel, e nela destaca unha tendencia a exemplificar a teoría coa cultura popular.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Žižek estudou filosofía na Universidade de Liubliana e psicanálise na Universidade de París VIII Vincennes-Saint-Denis, onde se doutorou. A súa carreira profesional inclúe un posto de investigación no Instituto de Socioloxía da Universidade de Liubliana, en Eslovenia. Entre outros destinos, formou parte de varias institucións en calidade de profesor convidado, como Columbia, a Universidade de Princeton, New School for Social Research de Nova York ou a Universidade de Míchigan. Dende 2004 é Director Internacional do Instituto Birkbeck de Humanidades, Birkbeck College - Universidade de Londres.

Žižek usa nos seus estudos exemplos extraídos de cultura popular, dende a obra de Alfred Hitchcock e David Lynch, até a literatura de Kafka ou Shakespeare. Ademais, problematiza autores esquecidos pola academia como V. I. Lenin, Stalin e Robespierre e trata sen remordementos temas controvertidos coma o fundamentalismo, o anticapitalismo, a tolerancia, a subxectividade e o "politicamente correcto" na filosofía posmoderna. En contraposición cos postulados intelectuais da esquerda universalista europea en xeral, e que Habermas define como postnacionais en particular, Žižek realiza unha defensa aberta e inequívoca de procesos soberanistas abertos en Europa[Cómpre referencia].

Slavoj Žižek.

Tamén usa a teoría psicanalítica na versión lacaniana coma arma para a súa habitual análise da política internacional. Para isto ten en conta non só as e os líderes e os seus posibles problemas psicolóxicos, senón tamén á sociedade no seu conxunto.

En 1990, foi candidato á presidencia da República de Eslovenia, pero non foi elixido.

Desenvolvemento da teoría lacaniana

[editar | editar a fonte]

Slavoj Zizek toma de Jacques Lacan a descrición dos conceptos da súa tópica (descrita desde 1953 e constituída coma unha estrutura composta de tres ordes ou rexistros estrutura inseparábeis) e desenvólveos como segue:

O real

Aquí; o "real" acaba por ser un termo bastante enigmático e non debe ser confundida coa realidade, xa que a nosa realidade constrúese de forma simbólica; a realidade,pola contra, é un núcleo duro, algo traumático que non se pode simbolizar (é dicir, expresado en palabras.) O real non ten existencia positiva; só existe como obstruído.

Non todo na realidade pode ser desenmascarado coma unha ficción; só basta con ter presente certos aspectos -puntos indeterminados- que teñen que ver co antagonismo social,a vida,a morte e a sexualidade. A estes aspectos temos que afrontalos se queremos simbolizalos. O real non é ningún tipo de realidade detrás da realidade, senón o baleiro que deixa á realidade incompleta e inconsistente. É a pantalla da pantasma; en si é a propia pantalla que distorsiona a nosa percepción da realidade. A tríada do simbólico/imaxinario/real reprodúcese dentro de cada parte individual da subdivisión. Hai tamén tres modalidades do real:

  • O real simbólico: o significante reducido a unha fórmula sen sentido (coma na física cuántica, que coma toda ciencia parece rabuñar o real, pero só produce conceptos apenas comprensibles).
  • O real ou o real mesmo: unha cousa horrible, o que transmite o sentido de terror nas películas de terror.
  • O real imaxinario: un algo insondábel que permea* as cousas como unha peza do sublime. Esta forma de realidade convértese en perceptíbel na película Full Monty, por exemplo, onde os protagonistas desempregados deben espirse por completo. Noutras palabras, a través deste xesto extra de degradación "voluntaria", algo da orde do sublime tórnase visíbel.

A psicanálise ensina que a realidade (posmoderna) precisamente non ten que verse coma unha narrativa, senón que o suxeito ten que recoñecer,soportar e ficcionalizar o núcleo duro do real dentro da súa propia ficción.

O simbólico

O simbólico inaugúrase coa adquisición da linguaxe; é mutuamente relacional. Así, acontece aquilo de que "o home é o rei só porque os seus súbditos compórtanse con el como un rei". Ao mesmo tempo, sempre permanece unha certa distancia respecto ó real (agás na paranoia: non só é tolo un mendigo que pensa que é rei, tamén o é o rei que realmente cre que é un rei. Desde feito, este último só ten o "mandato simbólico" dun rei.

O simbólico real é un significante reducido a unha fórmula sen sentido.

  • O símbolo imaxinario qua símbolos junguianos.
  • O simbólico ou o simbólico mesmo qua a fala e a linguaxe con sentido en si.

A pantalla do monitor como forma de comunicación no ciberespazo: coma unha interface refírenos a unha mediación simbólica de comunicación, a un abismo entre quen fala e a "posición de falar" en si (por exemplo, o alcume, o correo electrónico). "Eu" nunca "en realidade" estou de acordo exactamente co significante, non me invento a min mesmo; en cambio,a miña existencia foi, en certo sentido, xa co-fundada coa chegada do ciberespazo. Aquí un debe chegar a entenderse con certa inseguridade, pero non pode resolverse coma nun simulacro contixente posmoderno...Aquí tamén,como na vida social, as redes simbólicas circulan arredor dos núcleos do real. Esta é unha resposta á inversión decote formulada por Zizek: non se trata de "que podemos aprender acerca da vida no ciberespazo?" senón máis ben "que podemos aprender acerca do ciberespazo na vida?" Estas inversións serven á psicanálise teórica: é dicir, contrario á psicanálise aplicada, non busca tan so analizar traballos de arte e facer o que é ameazante, comprensible,senón crear unha nova perspectiva no ordinario,renovar a sensación de estrañeza sobor da vida diaria, e por vía do obxecto desenvolver máis alá a teoría.

As redes simbólicas son a nosa realidade social

[editar | editar a fonte]

O imaxinario outro exemplifícase no que Lacan chama o estado do espello, polo cal un recoñécese nunha imaxe ficticia de si mesmo (a imaxe proxectada nun espello), e nese recoñecemento hai un erro, é un recoñecemento ilusorio polo cal o "eu" constitúese coma un outro, como conclúe Lacan citando a Arthur Rimbaud: "Eu son outro". O imaxinario é a fantasía fundamental que é inaccesíbel a nosa experiencia psíquica e elévase da pantalla fantasmal na que atopamos obxectos de desexo. Aquí tamén se pode dividir o imaxinario,ou o imaxinario mesmo,(a imaxe/pantalla en si que serve de cebo) e un simbólico (os arquetipos de Jung e o pensamento New Age). O imaxinario nunca será agarrado, xa que todo discurso sobre el sempre localizarase no simbólico.

Tódolos niveis están interconectados, de acordo con Lacan (do seminario XX en adiante), nunha forma de nó borromeo, como tres aneis enlazados de xeito que se un deles se desconecta o resto tamén caerá.

Obra orixinal en inglés

[editar | editar a fonte]
Título Ano Editorial ISBN Notas
Sex and the Failed Absolute 2019 Bloomsbury Academic 9781350043770
The Relevance of the Communist Manifesto 2019 Wiley
Like a Thief in Broad Daylight: Power in the Era of Post-Humanity 2018 Allen Lane
Incontinence of the Void: Economico-Philosophical Spandrels 2017 MIT Press
Lenin 2017 2017 VersoBooks Republicado en 2018 co título The Day After the Revolution, como parte da serie Verso Revolutions
The Courage of Hopelessness: Chronicles of a Year of Acting Dangerously 2017 Penguin Books
Antigone 2016 Bloomsbury Academic, Londres
Disparities 2016 Bloomsbury Academic, Londres
Refugees, Terror and Other Troubles with the Neighbours: Against the Double Blackmail 2016 Allen Lane
The Wagnerian Sublime: Four Lacanian Readings of Classic Operas 2016 Verlag der Buchhandlung Walther Konig, Berlín
Trouble in Paradise: From the End of History to the End of Capitalism 2015 Melville House, Brooklyn
Absolute Recoil: Towards a New Foundation of Dialectical Materialism 2014[1] Verso, Londres
Event: A Philosophical Journey Through a Concept 2014 Penguin, Nova York
The Most Sublime Hysteric: Hegel with Lacan 2014 Malden, Cambridge, Reino Unido; Polity Press, Massachusetts
Žižek's Jokes: (Did you hear the one about Hegel and negation?) 2014 MIT Press, Cambridge, Massachusetts
Demanding the Impossible 2013 Polity Press, Malden, Massachusetts
The Year of Dreaming Dangerously 2012 Verso,[2] Londres
Less Than Nothing: Hegel and the Shadow of Dialectical Materialism 2012 Verso, Londres
Living in the End Times 2010 Verso, Londres
First As Tragedy, Then As Farce 2009 Verso, Londres
Violence: Six Sideways Reflections (Big Ideas/Small Books) 2008 Picador, Nova York
In Defense of Lost Causes 2008 Verso, Londres
How to Read Lacan 2006 Granta Books, Londres tamén en 2007: W.W. Norton & Company, Nova York
The Parallax View 2006 MIT Press, Cambridge, Massachusetts
Lacan: The Silent Partners 2006 Verso, Londres editor literario
The Universal Exception 2006 Continuum International Publishing Group, Londres, Nova York
Interrogating the Real 2005 Continuum International Publishing Group, Londres, Nova York
Iraq: The Borrowed Kettle 2004 Verso, Londres
The Puppet and the Dwarf: The Perverse Core of Christianity 2003 MIT Press, Cambridge, Massachusetts
Organs Without Bodies 2003 Routledge, Londres
Revolution at the Gates: Žižek on Lenin, the 1917 Writings 2002 Verso, Londres
Welcome to the Desert of the Real 2002 Verso, Londres
Repeating Lenin 2001 Arkzin D.O.O., Zagreb
Opera's Second Death 2001 Routledge, Londres
On Belief 2001 Routledge, Londres
The Fright of Real Tears 2001 British Film Institute (BFI), Londres
Did Somebody Say Totalitarianism? 2001 Verso, Londres
The Fragile Absolute: Or, Why is the Christian Legacy Worth Fighting For? 2000 Verso, Londres
The Art of the Ridiculous Sublime: On David Lynch's Lost Highway 2000 University of Washington Press, Washington
The Ticklish Subject 1999 Verso, Londres
The Plague of Fantasies 1997 Verso, Londres
The Abyss of Freedom 1997 University of Michigan Press, Míchigan
The Indivisible Remainder: Essays on Schelling and Related Matters 1996 Verso, Londres
The Metastases of Enjoyment 1994 Verso, Londres
Tarrying with the Negative 1993 Duke University Press, Durham, Carolina do Norte
Enjoy Your Symptom! 1992 Routledge, Londres
Looking Awry 1991 MIT Press, Cambridge, Massachusetts
For They Know Not What They Do 1991 Verso,[3] Londres
The Sublime Object of Ideology 1989 Verso, Londres

Obra orixinal en esloveno

[editar | editar a fonte]
Título Ano Editorial ISBN Notas
Začeti od začetka 2011 Cankarjeva založba, Ljubljana editor literario Peter Klepec
Badiou & Žižek: Hvalnica Ljubezni (Love and Terror) 2010 Društvo za teoretsko psihoanalizo, Ljubljana
Problemi 4-5, (K definiciji komunistične kulture) 2010 Društvo za teoretsko psihoanalizo, Ljubljana
Kako biti nihče 2005 Društvo za teoretsko psihoanalizo, Ljubljana
Paralaksa: za politični suspenz etičnega 2004 Društvo za teoretsko psihoanalizo, Ljubljana
Kuga Fantazem 2003 Društvo za teoretsko psihoanalizo, Ljubljana
Strah pred pravimi solzami: Krzysztof Kieslowski in šiv 2001 Društvo za teoretsko psihoanalizo, Ljubljana
Krhki absolut: Enajst tez o krščanstvu in marksizmu danes 2000 Društvo za teoretsko psihoanalizo, Ljubljana
Alain Badiou, Sveti Pavel: Utemeljitev Univerzalnosti 1998 Društvo za teoretsko psihoanalizo, Ljubljana epílogo Alain Badiou as a Reader of Saint Paul
Argument za strpnost (Robert Schumann or romantic antihumanism) 1997 Društvo za teoretsko psihoanalizo, Ljubljana
Slovenska smer 1996 Cankarjeva Založba, Ljubljana
Problemi: Eseji 4-5 1994 Društvo za teoretsko psihoanalizo, Ljubljana Film vpričo "vsesplošne težnje po ponižanju v ljubezenskem življenju"
Filozofija skoz psihoanalizo VII. 1993 Društvo za teoretsko psihoanalizo, Ljubljana "Cogito as Sexual Difference David Lynch as a pre-raphaelite"
Hitchcock II. 1991 Društvo za teoretsko psihoanalizo, Ljubljana texto esloveno titulado Dans ses yeux insolents je vois ma perte écrite
Beseda, dejanje svoboda: Filozofija skoz psihoanalizo V. 1990 Društvo za teoretsko psihoanalizo, Ljubljana "Roberto Rosellini: death, freedom, suicide"
Druga smrt Josipa Broza Tita 1989 Državna založba Slovenije, Ljubljana
Pogled s strani 1988 Ekran, Ljubljana
Jezik, ideologija, Slovenci 1987 Delavska enotnost, Ljubljana
Hegel in objekt 1985 Društvo za teoretsko psihoanalizo, Ljubljana escrito con Mladen Dolar
Problemi teorije fetišizma: Filozofija skoz psihoanalizo II. 1985 Društvo za teoretsko psihoanalizo, Ljubljana escrito con Rado Riha
Filozofija skozi psihoanalizo 1984 Univerzum, Ljubljana editor literario
Birokratija i uživanje 1984 Radionica SIC, Belgrado
Zgodovina in nezavedno 1982 Cankarjeva založba, Ljubljana
Gospostvo, Vzgoja, Analiza: Zbornik tekstov Lacanove šole psihoanalize 1983 DDU Univerzum, Ljubljana editor literario e tradutor
Hegel in označevalec 1980 Univerzum, Ljubljana
Znak, označitelj, pismo 1976 Mladost, Belgrado
Bolečina razlike 1972 Obzorja, Maribor

Obra orixinal en castelán

[editar | editar a fonte]
Título Ano Editorial ISBN Notas
En defensa de la intolerancia 2007 Sequitur, Madrid

Obra orixinal en croata

[editar | editar a fonte]
Título Ano Editorial ISBN Notas
Pervertitov vodič kroz film ("The Pervert's Guide to Cinema", recompilación de ensaios sobre cinema) 2008 Hrvatsko društvo pisaca & Izdanja Antibarbarus (Biblioteka Tvrđa),Zagreb edición literaria de Srećko Horvat

Como coautor ou editor literario

[editar | editar a fonte]
Título Ano Editorial ISBN Notas
Subject Lessons: Hegel, Lacan, and the Future of Materialism 2020 Northwestern University Press, Evanston, Illinois edición literaria de Russell Sbriglia e Slavoj Žižek
Reading Marx 2018 Polity, Cambridge con Frank Ruda e Agon Hamza
Comradely Greetings: The Prison Letters of Nadya and Slavoj 2014 Verso,[4] Londres con Nadya Tolokonnikova
From Myth To Symptom: the Case of Kosovo 2013 KMD,[5] Pristina con Agon Hamza
What Does Europe Want? - The Union and its Discontents 2013 Istros Books, Londres con Srećko Horvat, traducido en parte por S. D Curtis-Kojakovic
The Idea of Communism 2: The New York Conference 2013 Verso, Londres editor literario
God in Pain: Inversions of Apocalypse 2012 Seven Stories Press, Nova York con Boris Gunjević
Hegel and the Infinite: Religion, Politics, and Dialectic 2011 Columbia University Press, Nova York edición literaria de Clayton Crockett, Slavoj Žižek e Creston Davis. Prefacio e capítulo 12 escritos por Žižek
Philosophy in the Present 2010 Polity, Cambridge con Alain Badiou
Paul's New Moment: Continental Philosophy and the Future of Christian Theology 2010 Brazos Press, Grand Rapids, Míchigan con Creston Davis e John Milbank
The Idea of Communism 2010 Verso, Londres Textos da conferencia "The Idea of Communism", 2009. Edición literaria de Žižek e Costas Douzinas
Mythology, Madness and Laughter: Subjectivity in German Idealism 2009 Continuum con Markus Gabriel
The Monstrosity of Christ: Paradox or Dialectic? 2009 MIT Press, Cambridge, Massachusetts con Creston Davis e John Milbank
On Practice and Contradiction 2007 Verso, Londres Textos selectos de Mao Zedong cunha introdución de Žižek
Terrorism and Communism 2007 Verso, Londres Textos selectos de Leon Trotsky cunha introdución de Žižek
Virtue and Terror 2007 Verso, Londres Textos selectos de Robespierre cunha introdución de Žižek
Neighbors and Other Monsters 2006 University of Chicago Press, Cambridge, Massachusetts en The Neighbor: Three Inquiries in Political Theology
On Eggs and Omelets 2005 Open Court Publishing 9780812695793 Epílogo titulado Marxism and the Call of the Future: Conversations on Ethics, History, and Politics
Conversations with Žižek 2004 Polity Press, Londres con Glyn Daly
The Fright of Real Tears: Krzystof Kieslowski between Theory and Post-Theory 2001 British Film Institute, Londres
Contingency, Hegemony, Universality 2000 Verso, Londres coescrito con Judith Butler e Ernesto Laclau
Cogito and the Unconscious: Sic 2 1998 Duke university press
Everything You Always Wanted to Know About Lacan... But Were Afraid to Ask Hitchcock 1993 Verso,[6] Londres editor literario
Beyond Discourse Analysis 1990 Verso, Londres unha parte en la obra de Ernesto Laclau titulada New Reflections on the Revolution of Our Time

Traducións ao galego

[editar | editar a fonte]
  1. Žižek, Slavoj (7-10-2014). Absolute Recoil: Towards a New Foundation of Dialectical Materialism (en inglés) (1 ed.). Londres: Verso Books. ISBN 9781781686829. Consultado o 18-6-2014. 
  2. Žižek, Slavoj (9-10-2012). The Year of Dreaming Dangerously (en inglés). Londres: Verso Books. ISBN 9781781680421. Consultado o 18-6-2014. 
  3. Žižek, Slavoj. For They Know Not What They Do: Enjoyment as a Political Factor (en inglés) (1 ed.). Londres: Verso Books. ISBN 9781844672127. Consultado o 18-6-2014. 
  4. Žižek, Slavoj; Tolokonnikova, Nadya (30-9-2014). Comradely Greetings: The Prison Letters of Nadya and Slavoj (en inglés) (1 ed.). Londres: Verso Books. ISBN 9781781687734. Consultado o 18-6-2014. 
  5. Crockett, Clayton. "Crisis & Critique. "From Myth to Symptom: The Case of Kosovo"" (PDF). Materializmi Dialektik (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15-02-2015. Consultado o 6-5-2015. 
  6. Žižek, Slavoj (1-10-1992). Everything You Always Wanted to Know About Lacan (But Were Afraid to Ask Hitchcock) (en inglés) (2 ed.). Londres: Verso Books. ISBN 0860915921. Consultado o 18-6-2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Gómez Camarena, Carlos (2018). "Prólogo". Ardillas para las bellotas. Entre psicoanálisis, filosofía y el cine de Ernst Lubitsch (en castelán). México: Paradiso/Universidad Iberoamericana. p. 250. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]