Sleeper (álbum de Ty Segall)
Sleeper | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Ty Segall | ||||
Publicado | 20 de agosto de 2013 | |||
Gravación | xaneiro - marzo de 2013 | |||
Estudio(s) | 515 National Street, San Francisco | |||
Duración | 35:53 | |||
Xénero(s) | música acústica, neopsicodelia, folk psicodélico | |||
Selo(s) | Drag City | |||
Produtor | Ty Segall | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Sleeper é o sexto álbum de estudio do músico estadounidense de indie rock Ty Segall, publicado o 20 de agosto de 2013 a través do selo Drag City. Gravado entre xaneiro e marzo de 2013, o disco ten principalmente composicións acústicas de folk psicódelico e está influenciado pola morte do pai de Segall e o seu posterior afastamento da súa nai.[1]
Tras o lanzamento do álbum, Segall sinalou: "Non estaba nun bo momento. Pasara por cousas difíciles, como a morte do meu pai, e tamén estaba pasando por algúns problemas de relación. Ademais, estaba tendo todos estes soños horribles. Uns sobre o sono e a morte, e a partir de aí escribiría cousas. Non é realmente como o que fago. É máis brutal para min".[2]
O álbum destaca por ser o primeiro sen un sinxelo promocional desde o álbum debut homónimo de Segall. Aínda así, en novembro de 2013, lanzouse un vídeo oficial para "The Man Man".
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]N.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "Sleeper" | 3:55 |
2. | "The Keepers" | 3:42 |
3. | "Crazy" | 2:28 |
4. | "The Man Man" | 3:17 |
5. | "She Don't Care" | 3:50 |
6. | "Come Outside" | 4:34 |
7. | "6th Street" | 2:55 |
8. | "Sweet C.C." | 3:36 |
9. | "Queen Lullabye" | 4:21 |
10. | "The West" | 3:15 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rubin, Mike (2013-08-23). "I Love You, Mom, but Hear My Record". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2024-07-28.
- ↑ "Ty Segall: Anything But A Light Sleeper" (en inglés). 2013-08-19. Consultado o 2024-07-28.