Slo Burn
Slo Burn | |
---|---|
Orixe | Palm Desert (California), Estados Unidos ![]() |
Período | 1996 - 1997 2017 |
Xénero(s) | stoner rock, desert rock |
Selo(s) discográfico(s) | Malicious Vinyl |
Membros | John Garcia Damon Garrison Chris Hale Brady Houghton |
Artistas relacionados | Kyuss, Unida, Hermano |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Slo Burn foi unha banda de stoner rock de curta vida formada por John Garcia en 1996, meses despois da disolución de Kyuss, anterior banda de Garcia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Slo Burn naceu inicialmente como unha sesión de improvisación pero acabou transformándose nunha banda.[1] O grupo editou unicamente un EP titulado Amusing the Amazing. Estaba composta polo líder e vocalista de Kyuss John Garcia (voz), Damon Garrison (baixo), Chris Hale (guitarra) e Brady Houghton (batería).[2] Slo Burn estivo de xira co Ozzfest de 1997 pero separouse, antes de que rematase, no mes de setembro dese ano.
Slo Burn ten unha sonoridade semellante á de Kyuss, debido á característica voz de John Garcia e ao traballo de produción de Chris Goss no uníco traballo que editaron, o EP Amusing the Amazing. Con todo, a súa música é máis directa e menos complexa que a da Kyuss, que en moitas ocasións alcanzaba a sicodelia.
Despois da disolución da banda John Garcia uniríase á igualmente banda de curta vida Unida antes de converterse no vocalista de Hermano, coa que editou dous álbums de estudio e un en directo. Damon Garrison tocou nas bandas Casino, Vega, Zoo, sendo membro no presente de Brave Black Sea, onde tamén toca Chris Dale e o batería Alfredo Hernandez. Brady Houghton tocou nos grupos The Ross Sea Party e Life Leone[1]
No ano 2017 Slo Burn reuniuse e tocou en varios festivais europeos como o Desertfest de Londres[3] e o Freak Valley en Alemaña.[4] A banda tamén realizou un único concerto nos Estados Unidos no Psycho Las Vegas 2017.[1]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo | |
---|---|---|---|
Demo | 1996 | autoeditado | demo |
Amusing the Amazing | 1997 | Malicious Vinyl | EP |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Admin (2017-08-16). "The Return of Slo Burn". Coachella Valley Weekly (en inglés). Consultado o 2020-09-09.
- ↑ Allmusic (ed.). "Slo Burn". Consultado o 3 de abril de 2018.
- ↑ "John Garcia’s cult desert rock unit SLO BURN to reform for an exclusive U.K. performance at DESERTFEST LONDON – Purple Sage PR". Purple Sage (en francés). Consultado o 2020-09-09.
- ↑ "FREAK VALLEY 2017: Slo Burn Added to Lineup". The Obelisk. 2016-11-18. Consultado o 2020-09-09.