Snatam Kaur
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1972 (52/53 anos) Trinidad, Estados Unidos de América (pt) |
Educación | Mills College Escola secundaria Tamalpais |
Actividade | |
Ocupación | música, compositora de cancións, cantante, cantautora |
Período de actividade | 2000 - |
Instrumento | Voz |
Familia | |
Parentes | Stanley Biber, avó materno |
Sitio web | snatamkaur.com |
Snatam Kaur Khalsa (panxabí: ਸਨਾਤਮ ਕੌਰ ਖ਼ਾਲਸਾ), nada en Trinidad (Colorado) o 19 de xuño de 1972, é unha cantante americanaestadounidense.
A música de Snatam Kaur
[editar | editar a fonte]Snatam Kaur é cantante e música, con influencias da música hindú e en especial do Shabad Kirtan (tradición musical Sikh).
Tras pertencer durante algúns anos ao grupo Peace Family, comezou unha carreira musical en solitario. O seu estilo musical mestura de maneira agradábel melodías occidentais e sonoridades da India, mantras tirados do Kundalinî Yoga, letras das cancións de Yogi Bhajan e tamén compostas por ela mesma. Canta cunha voz moi clara.
Álbums
[editar | editar a fonte]Os álbums de Snatam Kaur editounos a casa Spirit Voyage Music:
- To Heaven and Beyond (2000)
- Prem (2002)
- Shanti (2003) – finalista nos World Music Grammy
- Grace (2004)
- A Mother's Blessing (2005) – conxuntamente con súa mai, Prabhu Nam Kaur
- Anand (2006)
Os álbums Prem, Grace e Shanti están dispoñíbeis na casa Le Souffle d'Or.