Saltar ao contido

Sobredo, Guillarei, Tui

Sobredo
ParroquiaGuillarei
ConcelloTui
Coordenadas42°04′55″N 8°36′50″O / 42.081880081298, -8.6137831592088
Poboación209 hab. (2019)
editar datos en Wikidata ]

Sobredo é un lugar da parroquia de Guillarei, no concello pontevedrés de Tui, na comarca do Baixo Miño. Segundo o padrón municipal de habitantes do Instituto Galego de Estatística no ano 2019 tiña 210 habitantes (101 homes e 109 mulleres), un descenso de 26 habitantes respecto ao ano 1999.

A primeira mención histórica a este lugar é do 1095, co nome de Sobereto[1].

Mártires de Sobredo

[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Mártires de Sobredo

O 28 de novembro de 1922, Cándida Rodríguez González, embarazada e veciña de Pazos de Reis, Joaquín Besada, de Soutelo, e Venancio González Romero, de Budiño, foron asasinados a tiros pola Garda Civil por defender un veciño contra o pagamento dos foros.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]
  • Monumento aos Mártires de Sobredo[2]: monumento dedicado aos mártires construído en 1988. Houbo outro monumento anterior edificado en 1931, pero este foi dinamitado polos franquistas durante a represión franquista dos anos 30. Nel celébrase unha homenaxe aos tres mártires cada 28 de novembro.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Guillarei

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Guillarei no concello de Tui (Pontevedra)

Albelos | A Arrotea | O Calvario | As Cegoñeiras | Eidos | A Estación | A Fenteira | A Fonte | A Gándara | A Igrexa | A Millada | O Outeiro | As Penizas | As Peteiras | A Pinza | O Pombal | A Ponte Nova | Ribe | Rodas | Sobredo | O Souto | A Teixugueira | A Torre


Parroquias de Tui

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Tui

Areas (Santa Mariña) | Baldráns (Santiago) | Caldelas de Tui (San Martiño) | Guillarei (San Mamede) | Malvas (Santiago) | Paramos (San Xoán) | Pazos de Reis (O Sagrario) | Pexegueiro (San Miguel) | Randufe (Santa María da Guía) | Rebordáns (San Bartolomeu) | Ribadelouro (Santa Comba) | Tui (O Sagrario)

  1. Martínez Sigüenza, X. (2010). As parroquias de Tui –síntese histórica–. Revista de Estudios Provinciais Nº 19, Deputación de Pontevedra.
  2. "Monumento aos Mártires de Sobredo". Patrimonio Galego. Consultado o 2020-09-29.