Saltar ao contido

Sociedad Deportiva de Remo Pedreña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Competición en Pedreña.

A Sociedad Deportiva de Remo Pedreña é un club de remo da localidade cántabra de Pedreña, activa dende 1895. Nese ano comezou a competir nas principais regatas celebradas en Cantabria en tódalas categorías e modalidades de banco fixo (traiñeiras, traiñeiriñas e bateles) e mesmo de banco móbil. No seu extenso palmarés destacan as 4 Bandeiras da Concha en Donostia, 8 Campionatos de España de Traiñeiras e diversas regatas. Actualmente compite na Liga ACT, a máxima competición do remo en banco fixo do mar Cantábrico.

A historia do remo grande ou traiñeiras está indisolubelmente unida a Pedreña, auténtico referente deste deporte. José María Pereda, recolle en "Sotileza" as primeiras regatas. A súa actividade comezou no século XIX, e en 1895 aparece por primeira vez a "Laurak bat" da que era propietario Salustino Higuera, quen contratou como patrón a un guipuscoano de Mutriku, José Ansorena, que capitaneou a bancada que acadou innumerábeis triunfos até 1900, entre eles a Regata dos Cabidos de Santander no ano da súa chegada.

A primeira época gloriosa foi durante a década dos corenta e a segunda nos anos sesenta e setenta. Nos anos corenta Pedreña non atopou rival en augas cántabras, e baixo o mando de César Hermosilla decide aventurarse a traspasar as fronteiras cántabras. En 1934 Pedreña revolucionou o mundo do remo coa construción da súa famosa "Cantabria", confeccionada en Guinea. Din que pesaba só 165 quilos, case 200 menos que a maioría das traiñeiras da época. En 1943 Pedreña irrompeu na Concha con Pepe Bedia "Joselón" como patrón, gañándoa en tres ocasións coa mítica traiñeira, a "Castilla".

En 1964, tras un tempo de parón, un grupo de seguidores conseguiron que Pedreña volvese, aínda co vello lobo de mar, Pepe Bedia como patrón, que se mantiña en activo con 74 anos, e dando o relevo a outro gran mestre, Rubén Laso "Michelena". Nesta época son famosos os desafíos das dúas mellores tripulacións daquela, Pedreña e Hondarribia, chegando a pasar 30.000 persoas polo despacho de billetes en Santoña, para ser testemuñas dun destes acontecementos. Actualmente Pedreña participa na Liga San Miguel xunto cos mellores clubs de remo representando a un pobo, berce de deportistas gañadores nas súas dúas modalidades que lle deron a sona: remo e golf.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Bandeira de Portugalete 2007. Ao fondo a traiñeira negra de Pedreña.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]