Sociedade Canadense de Papel Moeda
Sociedade Canadense de Papel Moeda | |
---|---|
Tipo | sociedade científica |
Campo de traballo | numismática |
Data de fundación | 1964 |
Sede | Otava |
País | Canadá |
Na rede | |
http://www.cpmsonline.ca | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Sociedade Canadense de Papel Moeda (en inglés: Canadian Paper Money Society –CPMS–) é unha organización numismática sen ánimo de lucro e dedicada á promoción dos estudos e do coleccionismo de billetes canadenses, correspondentes a emisións tanto públicas coma privadas.[1]
Foi fundada en 1964 e ten a súa sede en Otava, Ontario.[2][3] O seu presidente é Stephen Oatway.[4]
Os seus membros son fundamentalmente canadenses, aínda que tamén os hai nos Estados Unidos e noutros países.
A CPMS fai coincidir a súa asemblea xeral ordinaria coa celebración da súa convención anual.
Os seus membros teñen acceso á consulta dos fondos da biblioteca da Real Asociación Numismática do Canadá.[5]
Xornal da CPMS
[editar | editar a fonte]A Sociedade Canadense de Papel Moeda publica con periodicidade trimestral o xornal Canadian Paper Money Society Journal, con informacións de actualidade e artigos de investigación acerca do papel moeda canadense.[6]
Presidentes da CPMS
[editar | editar a fonte]Esta é unha listaxe dos presidentes da entidade desde a súa fundación en 1964.[7]
- W. H. McDonald, FCNRS (1964-1968)
- Jack Veffer (1969-1971)
- John Phipps (1971-1975)
- Harry Eisenhauer (1975-1978)
- Myer Price (1978-1981)
- Al Bliman (1981-1983)
- Ronald Greene (1983-1985)
- J. Richard Becker (1985-1987)
- Graham Esler, (1987-1989)
- Robert Graham (1989-1991)
- Lub Wojtiw (1991-1993)
- Walter D. Allan (1993-1995)
- Geoffrey G. Bell (1995-1997)
- Dick Dunn (1997-1999)
- Paul Berry (1999-2001)
- Earl Salterio (2001-2003)
- Charles Moore (2003-2005)
- Harold Brown (2005-2007)
- Cliff Beattie (2007-2011)
- Michael Zigler (2011-2013)
- Jared Stapleton (2013-2015)
- James Williston (2015–2017)
- Ronald A. Greene (2017-2019)
- Stephen Oatway (desde 2019)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Welcome". Sitio web da CPMS.
- ↑ "Canadian Paper Money Society (páxina de créditos)[Ligazón morta]". En Canadian Paper Money Society Journal. Vol. 50. Nº 143. Decembro de 2014. Páxina 94.
- ↑ "Contact the CPMS". Sitio web da CPMS.
- ↑ "CPMS Executive". Sitio web da CPMS.
- ↑ "Services & Facilities". Sitio web da CPMS.
- ↑ "Official Journal". Sitio web da CPMS.
- ↑ ""CPMS Executive / Past Presidents". Sitio web da CPMS."