Sociedade de Estudos Numismáticos e Arqueolóxicos
Sociedade de Estudos Numismáticos e Arqueolóxicos | |
---|---|
![]() | |
Acrónimo | SÉNA |
Tipo | sociedade científica |
Data de fundación | 1963 |
Fundador(es) | Paul Lafolie, Max Le Roy e Jean Baptiste Colbert de Beaulieu |
Sede | París |
País | Francia |
Na rede | |
http://www.sena.fr/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Sociedade de Estudos Numismáticos e Arqueolóxicos (en francés: Société d’Études Numismatiques et Archéologiques –SÉNA–) é unha sociedade erudita francesa fundada en 1963 e destinada á promoción da investigación numismática e arqueolóxica.[1]
A sociedade forma parte do Consello Internacional de Numismática. O seu presidente é Éric Vandenbossche.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]A segunda guerra mundial provocou a desaparición de numerosas institucións e publicacións que desde había un século, favorecían o pluralismo no acceso dos numismáticos á información e á investigación. Nese contexto, dous antigos membros do consello de dirección da Sociedade Francesa de Numismática (SFN), Paul Lafolie e Max Le Roy, determinaron a creación da Société d’Études Numismatiques et Archéologiques (SÉNA), o 23 de novembro de 1963, baixo a presidencia de Max Le Roy.[3][4]

A constitución formal da SÉNA non se produciu ata o 22 de febreiro de 1964, mediante unha asemblea xeral constituínte na que se designou como membro de honra o académico Fernand Benoît e presidente de honra o patron honorario do Gabinete de Moedas e Medallas da Biblioteca Nacional de Francia, Jean Babelon, que xa era, pola súa vez, presidente honorífico da SFN.[3][4]
Entre os 31 membros fundadores salientan as figuras do gravador e futuro académico Raymond Corbin, o membro do CNRS e ex vice-presidente da SFN Jean Baptiste Colbert de Beaulieu, e os numismáticos profesionais Serge Boutin, René Kampmann (Maison Platt), Nadia Kapamadji e Bernard Poindessault.[3][4]
En xuño de 1964, a SÉNA creou os Cahiers numismatiques ("Cadernos numismáticos"), revista trimestral complementaria do Bulletin mensual e da Revue numismatique anual editados pola SFN, cos que se mantiña unha coordinación constante.[5][6]
En 1965 Paul Lafolie, o entón presidente da SÉNA, foi o seu representante no centenario da SFN. Pola súa banda, en 2000 a SÉNA organizou en conxunto coa SFN as Xornadas Numismáticas que tiveron lugar na Monnaie de Paris.[7]
Actividades
[editar | editar a fonte]Co paso dos anos, a SÉNA foi ampliando os focos de interese das súas investigacións, da numismática celta á numismática xeral (antiga, medieval, clásica, estranxeira, moderna...) e os estudos arqueolóxicos. Desde a súa creación, a SÉNA agrupa investigadores, profesionais, coleccionistas e outras persoas interesadas pola historia, a numismática e a arqueoloxía.[8]
A sociedade organiza para os seus membros viaxes de estudo por toda Francia e por outros países, ademais de coloquios científicos, cuxas actas son publicadas con regularidade.[9] Ademais, cada trimestre nos Cahiers numismatiques amósanse os resultados de traballos científicos levados a cabo por especialistas relacionados polas áreas de interese da sociedade.[6] Con carácter mensual, a SÉNA celebra reunións mensuais na súa sede.[10] Asemade, tamén mensualmente, organiza na Monnaie de Paris unha conferencia sobre un asunto numismático ou arqueolóxico, seguida dun debate entre os asistentes.[11]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Cahiers numismatiques
[editar | editar a fonte]
Os Cahiers numismatiques son, desde xuño de 1964, a revista trimestral da Société d’Études Numismatiques et Archéologiques. A SÉNA publica neles os resultados dos traballos científicos que promove. Eses artigos científicos abordan temas tan variados como os documentos premonetarios, estudos técnicos ou prácticos, moedas gregas e romanas, moedas galas, cecas e utensilios monetarios, moedas ibéricas, moedas bizantinas, moedas dos pobos bárbaros (longobardos, visigodos...), moedas orientais e asiáticas, moedas medievais, fichas comerciais e moedas de necesidade, pesos monetarios, moedas falsas ou achados monetarios, entre outros moitos.[12]
Nos Cahiers numismatiques publícanse igualmente as novidades editoriais e algunhas recensións e notas críticas, así como novas da SÉNA e informacións de actualidade numismática e arqueolóxica.[6]
Colección Recherches et Travaux
[editar | editar a fonte]Desde 2006, a SÉNA edita as actas dos coloquios que organiza en colaboración con outras institucións (museos, universidades, institutos superiores...) na colección Recherches et travaux de la Société d'Études Numismatiques et Archéologiques (RTSÉNA):[13][14]
- (2006) Hollard, D. (ed). L'armée et la monnaie. Actes de la journée d’études du 10 décembre 2005 à la Monnaie de Paris. ISBN 978-2952660006
- (2009). Clairand, A.; Hollard, D. (eds). Numismatique et archéologie en Poitou-Charentes. Actes du colloque de Niort, 7-8 décembre 2007, Musée Bernard d’Agesci. ISBN 978-2952660013
- (2010). Hollard, D. (ed). L'armée et la monnaie II. Actes de la journée d’études du 25 avril 2009 à la Monnaie de Paris. ISBN 978-2952660020
- (2011). Hollard, D. (ed). La numismatique en Normandie. Actes du colloque de Bayeux du 17 avril 2010, Médiathèque municipale. ISBN 978-2-9526600-3-7
- (2013). Guihard, P-M.; Hollard, D. (eds). De nummis gallicis. Mélanges de numismatique celtique offerts à Louis-Pol Delestrée. ISBN 978-2952660044
- (2015). Hollard, D.; Meziane, K. (eds). Numismatiques bretonne. Les faux monétaires. Actes du colloque de Brest, 17-18 mai 2013. ISBN 978-2952660051
- (2017). Schiesser, P. (ed.). Monnaies et circulation monétaire mérovingiennes (vers 670 - vers 750). Les monnayages d'argent de Touraine. ISBN 978-2952660068
- (2018). Hollard, D.; Meziane, K. (eds). Numismatique monégasque et provençale de l'antiquité à nos jours. Colloque de la SÉNA à Monaco (2015) à l’occasion du tricentenaire de la mort de Louis XIV (1715). ISBN 978-2952660075
- (2019). Hollard, D.; Meziane, K. (eds). Le monnayage à Metz et en pays lorrain de l'antiquité à nos jours. Actes du colloque des 27-30 septembre 2018 au Musée de la Cour d’Or - Metz Métropole. ISBN 978-2952660082
Presidentes de honra
[editar | editar a fonte]
A SÉNA conta entre os seus presidentes de honra coas seguintes personalidades:[3]
- Raymond Corbin, escultor e medallista, membro do Instituto de Francia.
- Jean Babelon, numismático, bibliotecario e historiador, membro do Instituto de Francia.
- Jean-Baptiste Colbert de Beaulieu, intelectual e numismático.
- Jean Duplessy, numismático.
- Luce Gavelle, numismático profesional.
- Paul Lafolie, numismático.
- Louis-Pol Delestrée, doutor en letras e en dereito.
- Christian Charlet, numismático e historiador, membro de honra da SFN.
- Max le Roy, maxistrado e intelectual.
- Laurent Schmitt, numismático.
- Fernand Benoit, historiador e arqueólogo, membro do Instituto de Francia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Statuts Arquivado 18 de marzo de 2021 en Wayback Machine.". Sitio web da SÉNA.
- ↑ "Le Bureau Arquivado 29 de outubro de 2020 en Wayback Machine.". Sitio web da SÉNA.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Charlet, C. (2016). "Un demi-siécle de SENA, par Laurence Calmels". En CGB.fr. Informations numismatiques.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Chronique numismatique". En Revue archéologique du Centre de la France. 1966- 5-1. Páxinas 86-88.
- ↑ "Cahiers numismatiques". BnF Data.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 "Cahiers Numismatiques Arquivado 29 de outubro de 2020 en Wayback Machine.". Sitio web da SÉNA.
- ↑ Un demi-siècle de Journées numismatiques (1956-2006). Société française de numismatique. París, 2007.
- ↑ "Editorial Arquivado 26 de decembro de 2018 en Wayback Machine.". Sitio web da SÉNA.
- ↑ "Excursions Arquivado 25 de marzo de 2021 en Wayback Machine." e "Colloques Arquivado 25 de marzo de 2021 en Wayback Machine.". No sitio web de SÉNA.
- ↑ "Réunions et conférences mensuelles Arquivado 24 de marzo de 2021 en Wayback Machine.". Sitio web da SÉNA.
- ↑ " Conférences de la SENA". Monnaie de Paris.
- ↑ "[http://senatest.e-monsite.com/medias/files/table-cahiers-numismatiques.pdf Cahiers numismatiques. Table de Matières (196 4-2017)][Ligazón morta]". En Cahiers numismatiques. Hors série. Xuño de 2018.
- ↑ "Recherches et Travaux Arquivado 30 de marzo de 2021 en Wayback Machine.". Sitio web da SÉNA.
- ↑ "Recherches et travaux de la Société d'études numismatiques et archéologiques". WorldCat.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web da Société d'études numismatiques et archéologiques Arquivado 26 de decembro de 2018 en Wayback Machine.