Soiuz 34
Soiuz 34 | |
---|---|
Unha Soiuz 7K-T | |
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 6 de xuño de 1979[1][2][3] |
Foguete portador | Soiuz U[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2] |
Obxectivo da misión | Probas en órbita.[2][5] |
Regreso | 19 de agosto de 1979[1] |
NSSDC ID | 1979-049A |
Soiuz 34 foi unha misión espacial soviética lanzada sen tripulación o 6 de xuño de 1979 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur e que volveu tripulada a terra.[2][3][4][5]
Características
[editar | editar a fonte]Soiuz 34 foi unha Soiuz 7K-T lanzada a órbita sen tripulación para auxiliar aos membros da Soiuz 32, acoplada nese momento á estación Saliut 6. A estación debía ter recibido a visita da Soiuz 33, pero un problema co seu motor abortou o acoplamento e a nave tivo que facer un regreso de emerxencia. Preocupados porque o mesmo tipo de fallo puidera afectar á Soiuz 32 impedindo o seu regreso unha vez desacoplada da estación, o control de terra decidiu enviar a Soiuz 34, cun motor revisado e funcional, para que os cosmonautas da Saliut 6 regresaran nela. Finalmente a nave regresou o 19 de agosto de 1979 cos cosmonautas Vladimir Liakhov e Valeri Riumin a bordo.[2][3][4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2024). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ 34" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (28 de outubro de 2022). "Soyuz 34" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2024.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 26 November 1979 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (79-37403 (E)). 19 de decembro de 1979: 4. Consultado o 25 de febreiro de 2024.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 12, 17, 18, 21, 25 - 29, 31 - 40 (7K-T, 11F615A8)" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2024.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Anatoly Zak (28 de xaneiro de 2024). "The Salyut era: First space stations" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2024.