Soiuz 7K-T
Descrición | |
---|---|
Función: | Misións na órbita terrestre. |
Tripulación: | Dous cosmonautas.[1][2][3] |
Dimensións | |
Altura:: | 7,48 m |
Diámetro: | |
Lanzamento Carga útil: | - |
Retorno de Carga útil: | - |
Masa no lanzamento: | 6800 kg[3] |
Volume Presurizado: | 11 m3[3] |
Enerxía Eléctrica | |
Fonte: | Baterías[3] |
Tamaño: | |
Enerxía Xerada: | 0,84 kW[3] |
Motores a bordo | |
Motor principal: | |
Propulsores: | |
Rendemento | |
Resistencia: | |
Apoapse: | |
Periapse : | |
Inclinación: | |
Lanzamento | |
Sitio de Lanzamento: | Cosmódromo de Baikonur |
Rampla: | |
Foguete Acelerador: | Soiuz 11A511 |
Soiuz 7K-T foi un modelo de nave Soiuz deseñado para misións na órbita terrestre. Estivo en servizo entre 1972 e 1981.[1][2][3]
Características
[editar | editar a fonte]Despois da traxedia da misión Soiuz 11, na que os seus tres ocupantes morreron durante a reentrada atmosférica debido á descompresión na cápsula tripulada, o deseño da cápsula 7KT-OK foi revisado, dando como resultado a Soiuz 7K-T, máis segura pero con capacidade para só dous cosmonautas debido á nova norma de ter que usar traxe de presión durante a reentrada. Entre os cambios introducidos, nas primeiras unidades das 7K-T elimináronse os paneis solares, funcionando só con baterías para evitar posibles problemas no seu despregamento como os ocorridos coa Soiuz 1. O modelo foi substituído pola Soiuz T en 1981.[1][2][3]
Variantes
[editar | editar a fonte]Soiuz 7K-T/A9
[editar | editar a fonte]A variante 7K-T/A9 era unha 7K-T modificada para voos ás estacións militares Almaz. Entre as diferenzas coas 7K-T básicas incluíase equipamento para operar remotamente as estacións Almaz e un sistema de paracaídas revisado.[4][2]
Soiuz 7K-T/AF
[editar | editar a fonte]A Soiuz 7K-T/AF foi unha Soiuz 7K-T cun telescopio ultravioleta a bordo, denominado Orion 2, operado polos cosmonautas. Foi a única nave do seu tipo en voar.[5]
Voos
[editar | editar a fonte]Número[1][2][3] | Data[1][2][3] | Centro de lanzamento[1][2][3] | Misión[1][2][3] | Resultado[1][2][3] | Notas[1][2][3] |
---|---|---|---|---|---|
1 | 26 de xuño de 1972 | Cosmódromo de Baikonur | Kosmos 496 (proba non tripulada) | Éxito | Primeiro voo dunha nave Soiuz 7K-T. |
2 | 15 de xuño de 1973 | Cosmódromo de Baikonur | Kosmos 573 (proba non tripulada) | Éxito | |
3 | 27 de setembro de 1973 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz 12 | Éxito | |
4 | 30 de novembro de 1973 | Cosmódromo de Baikonur | Kosmos 613 (proba non tripulada) | Éxito | |
5 | 27 de maio de 1974 | Cosmódromo de Baikonur | Kosmos 656 (proba non tripulada) | Éxito | |
6 | 3 de xullo de 1974 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz 14 | Éxito | Variante 7K-T/A9 |
7 | 26 de agosto de 1974 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz 15 | Éxito | Variante 7K-T/A9 |
8 | 10 de xaneiro de 1975 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz 17 | Éxito | |
9 | 5 de abril de 1975 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz 18-1 | Fallo | Fallo do foguete portador. A cápsula foi exectada e os cosmonautas sobreviviron. |
10 | 24 de maio de 1975 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz 18 | Éxito | |
11 | 17 de novembro de 1975 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz 20 | Éxito | Variante 7K-T/A9 |
12 | 6 de xullo de 1976 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz 21 | Éxito | |
13 | 14 de outubro de 1976 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz 23 | Éxito | Variante 7K-T/A9 |
14 | 7 de febreiro de 1977 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz 24 | Éxito | Variante 7K-T/A9 |
15 | 9 de outubro de 1977 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz 25 | Éxito | |
16 | 10 de decembro de 1977 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz 26 | Éxito | |
17 | 10 de xaneiro de 1978 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz 27 | Éxito | |
18 | 2 de marzo de 1978 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz 28 | Éxito | |
19 | 15 de xuño de 1978 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz 29 | Éxito | |
20 | 27 de xuño de 1978 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz 30 | Éxito | Variante 7K-T/A9 |
21 | 26 de agosto de 1978 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz 31 | Éxito | |
22 | 25 de febreiro de 1979 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz 32 | Éxito | |
23 | 10 de abril de 1979 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz 33 | Éxito | |
24 | 6 de xuño de 1979 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz 34 | Éxito | |
25 | 9 de abril de 1980 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz 35 | Éxito | |
26 | 26 de maio de 1980 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz 36 | Éxito | |
27 | 23 de xullo de 1980 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz 37 | Éxito | |
28 | 18 de setembro de 1980 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz 38 | Éxito | |
29 | 22 de marzo de 1981 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz 39 | Éxito | |
30 | 14 de maio de 1981 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz 40 | Éxito | Último voo dunha Soiuz 7K-T. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 12, 17, 18, 21, 25 - 29, 31 - 40 (7K-T, 11F615A8)" (en inglés). Consultado o 21 de setembro de 2017.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 14, 15, 20, 23, 24, 30 (7K-T, 11F615A9)" (en inglés). Consultado o 21 de setembro de 2017.
- ↑ 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 3,12 Mark Wade (2017). "Soyuz 7K-T" (en inglés). Consultado o 21 de setembro de 2017.
- ↑ Mark Wade (2021). "Soyuz 7K-T/A9" (en inglés). Consultado o 13 de xuño de 2021.
- ↑ Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 13 (7K-T-AF, 11F615A8)" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2024.