Soldadeira
A soldadeira en galego-portugués (soldadera en castelán e jograresa en occitano) na Europa medieval, era unha muller que cantaba e danzaba realizando exercicios ximnásticos durante actuacións xograrescas ou trobadorescas.[1][2]
Como o seu nome indica, as soldadeiras dos reinos medievais ibéricos refírense ás 'mulleres a soldo', que ás veces significaba unha muller de moralidade cuestionábel e corresponde ás jograresas (bufonas) provenzais.[3]
Adelina Aletti refírese a elas como as 'herdeiras espirituais' das 'puellae gaditanae' do sur da Bética, mencionadas por Marcial e Juvenal.[4]
As súas danzas solían acompañarse con "castañolas ou outros instrumentos de percusión porque os xograres tocaban instrumentos de corda ou corda fretada, como a viola de arco, a cítola" ou outro instrumento.[5]
Soldadeiras famosas
[editar | editar a fonte]A máis famosa das soldadeiras foi María Balteira, que frecuentou as cortes de Fernando III de Castela e do seu fillo Afonso X o Sabio, protagonista de varias cantigas de escarnio e maldicer e branco favorito dos poetas da época. Consérvanse dezaseis composicións sobre a alegre licenciosidade da súa vida e arte.[6] A tradición popular supóna arrepentida e penitente nos últimos anos da súa vida e foi enterrada no mosteiro cisterciense de Santa María de Sobrado. Debeu ter sido unha personaxe moi popular, pois é citada en 15 cantigas, a maioría dos Betanceiros, coma ela, Pero Garcia de Ambroa e Pedr´Amigo de Sevilla, pero tamén de Pero da Ponte.
Outras soldadeiras coñecidas son María Negra, da que se conservan tres cancións dedicadas a ela por Pedro García Burgalés, como a de: María Negra vi eu, en outro día,[7] ou Maior García, cantada polos juglares João Baveca e Pedr'Amigo. A María de Grave menciónase na cantiga de Johan Soarez Coelho: Maria do Grave, grav’ é de saber e María Mateu que aparece é unha cruel sátira de Afonso Eanes de Cotom: Mari’ Mateu, ir-me quer’ eu daquen.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Soldadeira". Dicionario RAG. Real Academia Galega. Consultado o 16 de decembro de 2022.
- ↑ "Soldadero, ra". Dicionario da lingua española. Real Academia Española. Consultado o 16 de decembro de 2022.
- ↑ Dronke, Peter (2007). Forms and imaginings: from antiquity to the fifteenth century (en inglés). Ed. di Storia e Letteratura. ISBN 978-88-8498-371-8.
- ↑ Aletti, Adelina (1980). Gli abbracci feriti: poetesse portoghesi di oggi (en italiano). Feltrinelli Economica.
- ↑ Yzquierdo Perrín, Ramón (1998). Actas do VI Curso de Cultura Medieval. "Escenas de juglaría en el románico de Galicia" (PDF). Universidade da Coruña (en castelán): 70-71. ISBN 84-86547-46-6.
- ↑ Dronke, Peter (1996). The Medieval Lyric (en inglés). Boydell & Brewer. ISBN 978-0-85991-484-0.
- ↑ Marcerano, Simone. Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa, ed. "María Negra vi eu, en outro día; Pedro García Burgalés. 1382" (PDF). illa.udc.gal (en galego e portugués). Consultado o 16 de decembro de 2022.
- ↑ Márcio Ricardo Coelho Muniz (28 de xullo de 2016). Quilombo noroeste, ed. "As soldadeiras: vós que conhecedes a mim tam ben…" (en portugués). Consultado o 16 de decembro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Aletti, Adelina (1980). Gli abbracci feriti: poetesse portoghesi di oggi . Milán: G. Feltrinelli. p. 5.
- Filios, Denise Keyes (1997). Women Out of Bounds: Soldadeiras, Panaderas, and Serranas in the Poetry of Medieval Spain. (Tese de doutoramento en Literatura Comparada). Universidade de California, Berkeley. páxinas 13, 22, 68.
- Dronke, Peter (2007). Forms and imaginings: from antiquity to the fifteenth century . Edizioni di Storia e Letteratura. p. 334.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ofydd (17 de xaneiro de 2006). "A soldadeira. Facendo xustiza con María Peres "a Balteira"". Celtiberia. Consultado o 19 de maio de 2022.