Soledad Rosas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de maio de 1974 Buenos Aires, Arxentina |
Morte | 11 de xullo de 1998 (24 anos) Bene Vagienna, Italia (pt) |
Causa da morte | suicidio |
Educación | Universidade de Belgrano (pt) |
Actividade | |
Ocupación | ecoloxista, squatter (en) |
María Soledad Rosas, nada o 23 de maio de 1974 en Buenos Aires (Arxentina) e finada o 11 de xullo de 1998 en Turín (Italia) foi unha militante anarquista ítalo-arxentina e membro do movemento okupa en Italia. Foi arrestada acusada de ecoterrorrismo por unha serie de atentados contra o proxecto dun tren de alta velocidade en Italia. Porén, cando sucederan eses atentados, Rosas aínda non residía en Italia.[1]
Era descendente de Juan Manuel de Rosas, quen tivera unha filla chamada Fénix Rosas cunha muller indíxena.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Os seus pais, Luís Rosas e Marta Rei de Rosas, casaron en xaneiro de 1970. Tiveron unha filla máis, María Gabriela, nada o 29 de novembro de 1972.[2]
Terminados os seus estudos de hostalaría, os pais regaláronlle unha viaxe a Italia, país ao que chegou en xullo de 1997.[3] Cando buscaba un lugar para pasar a noite, Rosas atopou de casualidade El Asilo, un edificio okupado por anarquistas. Entusiasmada, axiña se mergullou nese modo de vida. Alí coñeceu o seu mozo, Edoardo Massari. Casou con Luca Bruno para obter a cidadanía italiana, e non con Massari, porque este non tiña domicilio.[4]
Rosas e Massari, xunto con Silvano Pelissero, lideraron a okupación dun edificio en Collegno, nos arrabaldes de Turín. A operación foi rexistrada e seguida polas forzas de seguridade italiana, que instalaran un micrófono no coche de Edoardo. O motivo da espionaxe era combater a okupación e conter as protestas xeradas polo grupo No TAV nas que Rosas, Massari e Pelissero participaban. O movemento rexeitaba o proxecto da conexión ferroviaria de alta velocidade entre Turín e Lión.
O 5 de marzo de 1998, a policía irrompeu en Collegno, nos arrabaldes de Turín, e levou detidos os tres mozos. Foron acusados de asociación subversiva con finalidade de terrorismo e subversión da orde democrática. Foron trasladados a unha prisión de alta seguridade. Soamente sobreviviu Silvano Pelissero e puido ser liberado. A causa xudicial estivo chea de manipulacións nas probas. Unha delas foi a edición de conversacións para tentar vincular os okupas cos Lobos Grises, supostos responsábeis dos atentados.[5]
Disque Soledad suicidouse no baño dunha pequena granxa onde cumpría arresto domiciliario. Porén, as circunstancias suscitan dúbidas sobre a verdadeira causa da súa morte.
Na cultura popular
[editar | editar a fonte]Música
[editar | editar a fonte]- O grupo de punk arxentino She-Devils dedicoulle unha canción titulada "L'ultimo gesto dei liberazione". A letra trátase dunha carta que escribiu Rosas.[6]
- A canción "40 minutos" da cantante Andrea Álvarez, tamén arxentina, está inspirada na historia de Soledad. A mesma foi gravada primeiro coa súa banda Pulsomadre (versión que posúe un videoclip) e logo regravada para o seu disco solista homónimo de 2001.[7][8]
- A canción "Esto es to-to-todo, amigos!" do grupo de rock arxentino Patricio Rey y sus Redonditos de Ricota, incluída no seu álbum Último Bondi a Finisterre, di nunha liña: "La Sole se fue de lo linda que era".[9]
- O grupo de rock Jauría dedícalle a canción "El tiempo" no seu primeiro álbum, Jauría, que di: "¿Qué vas a hacer Soledad? La casa está en ruinas y el agua al lavar sale sucia y moja el piso".
- O grupo de jazz-rock GueRRRa rexistrou unha canción titulada "Maria Soledad Rosas" no seu álbum Soprusi.
- O grupo de rock alternativo Ragazzas dedícalle unha canción chamada "La Soledad de las Rosas".
- A finais de 2016, o grupo arxentino Mavirock compuxo unha canción chamada "La Sole", que relata o sufrimento de Rosas na prisión.
Cinema
[editar | editar a fonte]En setembro de 2018 estreouse unha película biográfica titulada Soledad, coa actuación de Vera Spinetta e a dirección de Agustina Macri.[10] A película gañou o Premio á Mellor Película no Festival de Barcelona.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Amor y Anarquía: La historia de Soledad Rosas". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2014. Consultado o 29 de xaneiro de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 Caparrós 2006.
- ↑ ¿Nace una nueva estrella? Página 12.
- ↑ La atribulada vida de "Sole" Rosas Arquivado 30 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine. La Nación.
- ↑ Soledad es un recuerdo explosivo en Turín Arquivado 22 de agosto de 2016 en Wayback Machine. La Nación.
- ↑ L'ultimo gesto di liberazione Rock.com.ar
- ↑ 40 MINUTOS YouTube.com
- ↑ 40 Minutos | Andrea Álvarez Bandcamp.com
- ↑ Mundo Redondo
- ↑ Un grupo anarquista quiso censurar la película de la hija de Macri, "Soledad" Infobae.
- ↑ Clarín.com. ""Soledad", de Agustina Macri, ganó el premio principal en el Festival de Barcelona" (en castelán). Consultado o 18 de decembro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Caparrós, Martín (2006). Amor y anarquía: La vida urgente de Soledad Rosas (1974-1998). Editorial Booket. ISBN 987-580-128-3.