Saltar ao contido

Soleils Atikamekw

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Soleils Atikamekw
Ficha técnica
Título orixinalSoleils Atikamekw
DirectorChloé Leriche
ProdutorChloé Leriche
GuiónChloé Leriche
IntérpretesJacques Newashish
Mirotansa Chilton
Wikwasa Newashish
EstreaFNC: 5 de outubro de 2023
Duración103 minutos
Orixe Canadá
XéneroDrama
Linguafrancés e atikamekw
Na rede
IMDB: tt29644034 Editar o valor en Wikidata

Soleils Atikamekw é un filme canadense de 2023 escrito, producido e dirixido por Chloé Leriche. O filme céntrase na historia real de cinco mozos do pobo atikamekw de Manawan que foron atopados mortos nun camión preto dun río en 1977. A investigación policial segue sen ser concluínte ata hoxe sobre as súas mortes foron un simple accidente ou un ataque por motivos raciais.[1] O elenco está composto por Jacques Newashish, Mirotansa Chilton, Wikwasa Newashish-Petiquay, Carl-David Ottawa e Oshim Ottawa.

Produción

[editar | editar a fonte]

Recibiu financiamento de produción da Société de développement des entreprises culturelles do Quebec en 2019,[2] e de Telefilm Canada en 2020.[3] A súa rodaxe estaba prevista no verán de 2020 mais viuse interrompida pola pandemia de COVID-19.[1]

Rodouse principalmente en colaboración coa comunidade de Manawan, aínda que tamén se realizaron audicións nalgunhas outras cidades do Quebec para permitir que actores das Primeiras Nacións de fóra da comunidade probasen varios papeis.[1]

Estreouse no Festival du nouveau cinéma de 2023.[4]

  1. 1,0 1,1 1,2 "À la recherche de talents autochtones pour un film". Ici Radio-Canada Première, 19 de novembro de 2020.
  2. André Duchesne, "De nouveaux films pour Monia Chokri, Anaïs Barbeau-Lavalette et Émile Gaudreault". La Presse, 16 de decembr de 2019.
  3. Lauren Malyk, "Telefilm awards nearly $8M across six French-language features". Playback, 1 de xuño de 2020.
  4. Charles-Henri Ramond, "FNC 2023: la sélection québécoise". Films du Québec, 20 de setembro de 2023.