Som Catalans
Som Catalans | |
---|---|
Partido político de Cataluña | |
Historia | |
Fundación | 2014 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Independentismo catalán Extrema dereita |
Representación | |
Concelleiros de Cataluña | 0 / 9.069 |
Outros datos | |
Na rede | |
www.somcat.cat/ | |
Som Catalans (SOM) é un partido político catalán xenófobo e independentista.[1][2] Foi fundado na primavera de 2014 a partir dunha escisión catalanista de Plataforma per Catalunya.[3]
O partido foi fundado pola vigatana Ester Gallego e o valenciano Enric Ravello. [4] Ester Gallego militara en Esquerra Republicana de Catalunya na década dos 90 e máis tarde en Plataforma per Catalunya . Enric Ravello militara no Círculo Español de Amigos de Europa, no Movemento Social Republicano e, máis tarde, en Plataforma per Catalunya, onde foi responsable das relacións internacionais.[3]
Som Catalans está incluído no movemento identitario.[5] A nivel internacional, mantén relacións cos partidos Vlaams Belang en Flandres, a Liga italiana, Aitheantas Éire en Irlanda e o Casal Europa en Perpiñán, dirixido polo ex-militante da Fronte Nacional Llorenç Perrié.[3][6]
Presentouse ás eleccións municipais de 2015 en Vic sen obter representación.[7] Presentouse ás eleccións municipais de 2019 en Llagostera, Sabadell, Sant Feliu de Guíxols e Ripoll sen obter representación en ningures.[8][9][10][11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Una vigatana lidera un nou partit xenòfob que té la independència com a esquer". 7 de xullo de 2014.
- ↑ "La ultraderecha se hace fuerte en Ripoll dos años después del atentado del 17A". 15 de agosto 2019.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Crític, ed. (31/05/2016). "DICCIONARI DE L’EXTREMA DRETA A CATALUNYA, DE LA A A LA Z".
- ↑ "Una vigatana lidera un nou partit xenòfob, ara amb connotacions independentistes". 4/07/2014.
- ↑ Zúquete, José Pedro (2018-10-30). The Identitarians: The Movement against Globalism and Islam in Europe (en inglés). Indiana: Universidade de Notre Dame. p. 115. ISBN 9780268104245.
- ↑ "La Liga de Salvini participará en una de las ofrendas florales de la Diada 2018". 07/09/2019.
- ↑ Nació Digital (ed.). "Vic. Resultats Eleccions Municipals 2015". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2019. Consultado o 08 de decembro de 2020.
- ↑ Nació Digital (ed.). "Llagostera. Resultats Eleccions Municipals 2019". Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2019. Consultado o 08 de decembro de 2020.
- ↑ Nació Digital (ed.). "Sabadell. Resultats Eleccions Municipals 2019". Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2019. Consultado o 08 de decembro de 2020.
- ↑ Nació Digital (ed.). "Sant Feliu de Guíxols. Resultats Eleccions Municipals 2019". Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2019. Consultado o 08 de decembro de 2020.
- ↑ Nació Digital (ed.). "Ripoll. Resultats Eleccions Municipals 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 08 de decembro de 2020.