Som do Galpom
Aparencia
Som do Galpom | |
---|---|
Concerto na sala Nasa de Compostela (2007) | |
Orixe | A Moniña, Santiago de Compostela, Galiza |
Período | 2005- |
Xénero(s) | Funk-reggae-rap |
Selo(s) discográfico(s) | A Regueifa Plataforma |
Membros | Gael Bassave Brais Bassave Jose Peludo |
Na rede | |
Som do Galpom é un grupo musical galego creado en decembro de 2005. Tamén é o nome dun primeiro EP de seis temas descargábel desde a páxina web do selo A Regueifa Plataforma.
Entre os fitos da súa curta carreira coma banda destacan o 2º posto no certame GZcrea 2007. No 2008 foron gañadores do Foundation Reggae Festival, e mais do II Certame Nsaio no Camiño. Ademais participaron no concurso organizado polo xornal electrónico Vieiros e a Radio Galega, A polo ghit 2008 coa canción "Na cama".
En marzo de 2009 publicouse o seu primeiro disco, Em Terra de Ninguém. O primeiro single deste disco é "Quedamos nesa praza".
Compoñentes
[editar | editar a fonte]- Gael Bassave: voz.
- Brais Bassave: violín.
- Pablito Mordecán: batería.
- Guillermo Vistoso: guitarra.
- Iván Bernárdez: baixo.[1]
Discografía
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Som do Galpom". cultura.gal. Consultado o 2023.