Saltar ao contido

Sonia Ferrer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSonia Ferrer

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de setembro de 1977 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,71 m Editar o valor en Wikidata
Peso54 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmodelo, xornalista, presentadora de televisión, actriz Editar o valor en Wikidata
EmpregadorTelevisión Española Editar o valor en Wikidata
Familia
ParellaÁlvaro Muñoz Escassi (2013–2015) Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1422904 Twitter: SoniaFerrerTV Editar o valor en Wikidata

Sonia Ferrer González, nada en Barcelona o 26 de setembro de 1977, é unha actriz, modelo e presentadora española.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Cursou os seus primeiros estudos no C.P. La Caixa, no barrio barcelonés da Verneda, en Sant Martí.

Deuse a coñecer nunha mini serie de 13 capítulos que rodou para TVE Catalunya, Happy House. Ademais presentou para Vía Dixital na Canle Cosmopolitan, o programa Café Cosmopolitan e entre 2000 e 2008 copresenta xunto a Pepa Bueno primeiro e María José Molina máis tarde o programa Gente de TVE-1.

En maio de 2006, TVE escolleuna como representante do ente público para dar o resultado das votacións españolas no Festival da Canción de Eurovisión.

En abril de 2007 faise cargo, ademais, da presentación do concurso Lluvia de estrellas, tamén en Televisión Española. En 2011 co-presenta, xunto a Melchor Miralles, o programa de debate político Con voz y voto en Telemadrid.

Sonia Ferrer estivo seis anos na prestixiosa academia de ballet de París Rosella Hightower e fala inglés e francés, ademais do catalán e do castelán. Realizou estudos de Técnico en Empresas Turísticas e de Locución, Redacción e Presentación en Radio e Televisión. Presentou varias galas de TVE e rodou para o cinema a película Lisístrata e a telenovela Luna negra para TVE, na que interpretaba a unha moza de 30 anos e nai solteira.

Sonia Ferrer tamén foi modelo.

Desde xullo e ata setembro de 2013 co-presentou en Telecinco o programa Campamento de verano, xunto a Joaquín Prat.

Desde o 4 de febreiro de 2015 colabora no programa Amigas y conocidas de Televisión Española.

Televisión

[editar | editar a fonte]
  • 2008-2009: Felices 30.

Presentadora

[editar | editar a fonte]

Programas

[editar | editar a fonte]
  • Cartagena te conquistará, en 2002.
  • Murcia, que hermosa eres, en 2004.
  • Contigo, en 2004.
  • Gala de La Rioja, en 2006.
  • Quién me iba a decir (Especial David Bisbal), en 2006.
  • Eurovisión 2006 (voceira dos votos españois), en 2006.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Sonia casou en agosto de 2007 co cirurxián italiano Marco Vricella e ten unha filla, Laura, nacida en Madrid en 2010. En outubro de 2006, foi portada e realizou unha ampla reportaxe fotográfica para a revista Interviú.[1] O 9 de abril de 2013 faise pública a separación entre Sonia e Marco.[2]

En xuño de 2013 confírmase que a presentadora mantén unha relación sentimental co xinete Álvaro Muñoz Escassi que foi confirmada tras o seu paso por ¡Mira quién salta! onde se coñeceron ambos.[3] En xaneiro de 2015 poñen punto final á súa relación.[4]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2016. Consultado o 26 de xullo de 2016. 
  2. "Sonia Ferrer sepárase do seu marido". Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2013. Consultado o 26 de xullo de 2016. 
  3. Álvaro Muñoz Escassi e Sonia Ferrer, xuntos
  4. Sonia Ferrer e Esccasi rompen a súa relación