Saltar ao contido

Amigas y conocidas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Amigas y conocidas
Formato Talk show
Presentado por Inés Ballester
Localización(s) Estudos de Prado del Rey
Cadea Televisión Española
Día da estrea 2 de setembro de 2014

Na rede
http://www.rtve.es/television/la-manana-de-la-1/
IMDB: tt3995024 Twitter: AYC_TVE Editar o valor en Wikidata

Amigas y conocidas é un programa de televisión emitido pola cadea española La 1 de Televisión Española de luns a venres despois de La mañana. Comezou a emitirse o 2 de setembro de 2014 e está presentado por Inés Ballester.

O luns 4 de agosto de 2014, La mañana de verano (versión estival de La mañana de La 1) estreou unha nova sección na que se reunían seis mulleres coñecidas para debater e opinar sobre varios temas de actualidade. Estas mulleres eran Inés Ballester (a presentadora substituta de Mariló Montero durante a época estival), Loles León, Alba Carrillo, Carmen Delgado, Teresa Bueyes e Paloma Gómez Borrero.[1]

Tras a boa acollida da sección nas redes sociais, Televisión Española decidiu independizala para testar o seu funcionamento como formato propio. Deste xeito, Amigas y conocidas estreouse o martes 2 de setembro de 2014, ás 13:15 horas, en La 1.[2]

No verán de 2015 Beatriz Cortázar (unha das interlocutoras) substituíu a Inés Ballester como presentadora durante as vacacións. No verán de 2016 a súa substituta foi Berta Collado.

Amigas y conocidas é a adaptación española do programa estadounidense The View.[3] No formato, seis mulleres de distintas xeracións debaten sobre varios temas de actualidade, ofrecendo os seus diferentes puntos de vista.

Presentadoras

[editar | editar a fonte]

Colaboradoras

[editar | editar a fonte]

Audiencias

[editar | editar a fonte]
Tempada Episodios Estrea Final Audiencia
Espectadores Cota
1 235 2 de setembro de 2014 31 de xullo de 2015 417.000 6,7%
2 - 17 de agosto de 2015 xullo de 2016
Total - 2014 -
  1. Redacción (6 de agosto de 2014). FórmulaTV, ed. "Loles León, Alba Carrillo e Paloma Gómez Borrero únense a Inés Ballester en 'La mañana de verano'". Madrid: Noxvo. Consultado o 6 de agosto de 2014. 
  2. Álvarez, José (29 de agosto de 2014). FórmulaTV, ed. "'Amigas y conocidas' independízase de 'La mañana' e convértese en programa con entidade propia con Inés Ballester". Madrid: Noxvo. Consultado o 29 de agosto de 2014. 
  3. "A sensación do momento é 'Amigas y conocidas, o 'The view' español de La 1". Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2016. Consultado o 19 de xullo de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]