Inés Ballester
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de setembro de 1958 (66 anos) Borriana, España |
Educación | Universidade Autónoma de Barcelona |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, presentadora, presentadora de televisión |
Empregador | Televisión Española |
Inés Ballester, nada en Borriana (Castelló) o 28 de setembro de 1958, é unha xornalista e presentadora española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Xornalismo pola Universidade Autónoma de Barcelona, iniciou a súa carreira na Cadena SER para pasar despois ao magacín diario de Radio Nacional de España. Logo duns anos deu o salto á televisión, primeiro no centro territorial de TVE en Valencia, como xefa de programas e despois en Canal 9 e Telemadrid. Tras tres anos en Telemadrid, foi fichada en Antena 3 en 1997. En 2001 volveu a TVE onde presentou o programa matinal Por la mañana, xunto con Iñaki del Moral, durante seis tempadas. O programa despediuse en marzo de 2008.
Con todo, pouco despois, Ballester asume outro matinal en La 1, neste caso os fins de semana, baixo o título El día por delante, estreado o 24 de maio de 2008.[1] O programa, con todo, despediuse o 2 de agosto, sen chegar aos tres meses en pantalla, tras acumular unha cota de pantalla do 11,3%, por baixo da media da cadea.[2]
Entre xaneiro e decembro de 2010 co-presentou, xunto a Carmen Sevilla, o programa Cine de barrio.
Desde 2009 colabora no programa Julia en la onda, en Onda Cero, xunto a Julia Otero.
En outubro de 2011 incorpórase á cadea 13 TV, presentando o magazine diario Te damos la mañana. Un ano máis tarde estreaba o programa Nuestro cine na mesma cadea.
Ballester escribiu dous libros de receitas de cociña titulados Cocina con corazón e Cocina con más corazón, ambos cos editorial Temas de hoy, que inclúe algunhas das mellores receitas que deu no seu programa.
No verán de 2012 dáse a coñecer que Inés está a se tratar dun cancro de mama, enfermidade da que foi intervida cirurxicamente de urxencia na Fundación Jiménez Díaz.
O 18 de xaneiro de 2013 publícase que Inés contrae matrimonio por segunda vez, aínda que este extremo é desmentido por ela mesma.
Desde o 7 de xullo ao 1 de setembro de 2014 fíxose cargo de La mañana de verano en La 1 cubrindo as vacacións de Mariló Montero.
Desde o 2 de setembro de 2014, presenta nesa mesma cadea o espazo Amigas y conocidas.
Televisión
[editar | editar a fonte]- Sucedió en Madrid (1994-1997)
- En Antena (1997-1998)
- Ver Para Creer (1999), xunto a Liborio García
- Sabor a verano en Antena 3 (1999)
- El Bus en Antena 3 (2000)
- Flashback (2002)
- Ay, mi madre en La 1(2002)
- Por la mañana en La 1 (2002-2008)
- El día por delante (2008)
- Cine de barrio en La 1 (2010) co-presentadora
- Sin ir mas lejos en Aragón Televisión (2010- ) Colaboradora
- Sacalalengua en La 2 (2011)
- Te damos la mañana en 13 TV (2011-2012)
- Nuestro Cine en 13 TV (2012 - actualidade)
- La mañana de Verano en La 1 (2014)
- Amigas y conocidas, en La 1 (2014-actualidade).
Libros
[editar | editar a fonte]- Cocina con corazón (2006). Temas de Hoy. ISBN 978-84-8460-549-2
- Cocina con más corazón (2006). Temas de Hoy. ISBN 978-84-8460-602-4
- Cocina cada día con corazón (2007). Temas de Hoy. ISBN 978-84-8460-637-6
- Cocina cada día con corazón (2008). Temas de Hoy. ISBN 978-84-8460-532-4
Premios
[editar | editar a fonte]- Antena de Ouro (2005), na categoría de Televisión, pola súa labor no programa Por la mañana.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Formulatv.com. "Inés Ballester: "Si la fórmula funciona estamos seguros que otras cadenas intentarán seguirnos"". Consultado o 28 de maio de 2008.
- ↑ El Digital Castilla La Mancha. "A crise dá un serio desgusto a esta popular presentadora". Consultado o 4 de novembro de 2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- 20minutos.es(en castelán)