Por la mañana (2002)
Por la mañana | |
---|---|
Formato | Magazine |
Duración | 105 min. |
Presentado por | Inés Ballester |
Cadea | Televisión Española |
Día da estrea | 5 de setembro de 2002 |
Última emisión | 20 de marzo de 2008 |
Na rede
| |
Por la mañana foi un programa de televisión emitido por La 1 de Televisión Española en horario matinal de luns a venres entre o 5 de setembro de 2002 e o 20 de marzo de 2008.
Formato
[editar | editar a fonte]Dirixido por Alfonso Yunta e presentado por Inés Ballester, nunha primeira etapa, e ata setembro de 2004, contou coa colaboración do cociñeiro Karlos Arguiñano. Ademais no mini-espazo Así son las cosas, Manuel Giménez, ex-policía, realizaba a crónica de sucesos.
No verán de 2007 o programa foi presentado por Silvia Jato. Desde setembro de 2007, Ballester estivo acompañada na presentación polo xornalista Iñaki del Moral en substitución de Manuel Giménez.
O programa combina noticias, información sobre temas de interese, consumo, cociña, crónica rosa, entrevistas e debates.
Audiencias
[editar | editar a fonte]Contou con moi bos datos de audiencia durante as primeiras tempadas. O descenso destes propiciou a cancelación do programa en marzo de 2008 e a súa substitución por Esta mañana, con Pepa Bueno.
Audiencia media segundo datos de TN Sofres.[1]
- Tempada 2002/03: 25,2% de cota de pantalla e 793.000 espectadores.
- Tempada 2003/04: 25,0% de cota de pantalla e 933.000 espectadores.
- Tempada 2004/05: 21,2% de cota de pantalla e 748.000 espectadores.
- Tempada 2005/06: 21,6% de cota de pantalla e 822.000 espectadores.
- Tempada 2006/07: 16,7% de cota de pantalla e 624.000 espectadores.
- Tempada 2007/08: 16,2% de cota de pantalla e 498.000 espectadores.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "vertele.com". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2008. Consultado o 19 de xullo de 2016.