Saltar ao contido

Sorex

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Soricininos»)

Sorex
Furafollas

Rango fósil: oligoceno temperán - actualidade

Furafollas pequeno (Sorex minutus)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Infraclase: Placentalia
Superorde: Laurasiatheria
Orde: Soricomorpha
Familia: Soricidae
Subfamilia: Soricinae
Tribo: Soricini
G. Fischer, 1814
Xénero: Sorex
Linnaeus, 1758
Subxéneros e Especies
Véxase o texto

Sorex é un xénero de mamíferos soricomorfos da familia dos sorícidos, subfamilia dos soricinos,[1] o único actual da tribo dos soricininos (Soricini).[2]

O xénero inclúe moitas das musarañas máis comúns de Eurasia e Norteamérica (rexión Holoártica). As que viven en Galicia coñécense como furafollas.[3][4]

Características

[editar | editar a fonte]

As especies de Sorex son pequenos animais (de 4 a 18 cm de lonxitude) de aparencia que recorda á dos ratos, pero co fociño moito máis longo, afiado e móbil. A súa boca ten 32 dentes. As orellas son pequenas e, a miúdo, non son visíbeis, xa que quedan ocultas pola pelaxe. Presentan glándulas odoríferas situadas nos flancos do corpo. Como a súa vista é xeralmente pobre, empregan a audición e o olfacto para localizaren ás súas presas, principalmente insectos; algunhas tamén utilizan a ecolocación.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

A tribo foi descrita en 1814 polo zoólogo e paleontólogo saxón, nacionalizado ruso, Gotthelf Fischer von Waldheim, en Zoognosia tabulis synopticis illustrata, in usum prälectionum Academiae Imperialis Medico-Chirurgicae Mosquentis edita, 3: x.[2]

En canto ao xénero Sorex, o tipo da tribo, a subfamilia e a familia, fora descrito por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae. Linneo tomou o nome do latín sōrex, -icis, "rato", e tamén "musaraña".

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Segundo MSW, na actualidade recoñécense no xénero as seguintes especies:[2]

Xénero Sorex

  • Subxénero incertae sedis
    • S. arizonae
    • S. emarginatus
    • S. merriami
    • S. minutissimus
    • S. planiceps
    • S. saussurei
    • S. sclateri
    • S. stizodon
    • S. thibetanus
    • S. trowbridgii
    • S. ventralis
    • S. veraecrucis
  • Subxénero Sorex
  • Subxénero Ognevia
    • S. mirabilis
  • Subxénero Otisorex
    • S. alaskanus
    • S. bairdi
    • S. camtschatica
    • S. cinereus
    • S. dispar
    • S. fumeus
    • S. gaspensis
    • S. haydeni
    • S. hoyi
    • S. jacksoni
    • S. leucogaster
    • S. longirostris
    • S. lyelli
    • S. macrodon
    • S. milleri
    • S. monticolus
    • S. nanus
    • S. neomexicanus
    • S. oreopolus
    • S. orizabae
    • S. ornatus
    • S. pacificus
    • S. palustris
    • S. portenkoi
    • S. preblei
    • S. pribilofensis
    • S. sonomae
    • S. tenellus
    • S. ugyunak
    • S. vagrans
    • S. veraepacis

En Galicia

[editar | editar a fonte]

En Galicia están rexistradas tres especies do xénero:[3][4]

  1. Sorex en MSW
  2. 2,0 2,1 2,2 Soricini en MSW.
  3. 3,0 3,1 SGHN (1995), pp. 194-197.
  4. 4,0 4,1 Díaz d'a Silva, J. I. e Cartelle, Y. (2007), pp. 34-37.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]