Sotigui Kouyaté
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de xullo de 1936 Bamaco, Malí |
Morte | 17 de abril de 2010 (73 anos) 15º distrito de París, Francia |
Causa da morte | doenza pulmonar |
Actividade | |
Ocupación | actor, actor de dobraxe, actor de televisión, músico, futbolista, actor de cinema, compositor |
Deporte | fútbol |
Familia | |
Fillos | Dani Kouyaté, Hassane Kassi Kouyaté, Mabô Kouyaté |
Sotigui Kouyaté, nado en Bamaco o 19 de xullo de 1936 e finado en París o 17 de abril de 2010[1] foi un dos primeiros actores de Burkina Faso.[2] Era o pai do director de cine Dani Kouyaté e era membro do grupo étnico mandinga.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sotigui Kouyaté naceu en Malí, sendo os seus pais de Guinea, pero era burkinense de adopción.[3] Cando era neno, desfrutaba dos espectáculos koteba.[3] Chegou a xogar na selección de fútbol de Burkina Faso.[3] Kouyaté comezou a súa carreira teatral en 1966, nunha obra histórica producida polo seu amigo Boubacar Dicko.[3] Ese mesmo ano, fundou unha compañía de teatro con 25 persoas e axiña escribiu a súa primeira obra, The Crocodile’s Lament.[3]
Filmografía selecta
[editar | editar a fonte]- 1972 : F.V.V.A.: Femmes Voitures Villas Argent de Mustapha Alassane
- 1973 : Toula ou le génie des eaux de Mustapha Alassane
- 1983 : Le Médecin de Gafiré de Mustapha Diop
- 1983: Le Courage des autres de Christian Richard
- 1986 : Black Mic Mac de Thomas Gilou
- 1988 : Le Mahâbhârata de Peter Brook
- 1991 : IP5 - L'île aux pachydermes de Jean-Jacques Beineix
- 1992 : Golem, l'esprit de l'exil de Amos Gitai
- 1994 : Tombés du ciel de Philippe Lioret
- 1995 : Le Maître des éléphants de Patrick Grandperret
- 1996 : La Plante humaine de Pierre Hébert
- 1997 : Keïta ! l'Héritage du griot de Dani Kouyaté
- 1999 : La Genèse de Cheick Oumar Sissoko
- 2001 : Little Senegal de Rachid Bouchareb
- 2002 : Sia, le rêve du python de Dani Kouyaté
- 2003 : Dirty Pretty Things de Stephen Frears
- 2004 : Genesis de Marie Perennou
- 2005 : Travaux, on sait quand ça commence... de Brigitte Roüan
- 2005 : L'Annulaire de Diane Bertrand
- 2009 : London River de Rachid Bouchareb
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]No 2009, Kouyaté gañou o Oso de Prata do Festival de Cine de Berlín pola súa actuación no filme de Rachid Bouchareb London River.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "www.africansuccess.org". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2013. Consultado o 16 de maio de 2013.
- ↑ "Who's Who at Fespaco: Dani Kouyaté". BBC News. 2005. Consultado o 2008-08-24.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Guttman, Cynthia (2001). "Sotigui Kouyaté : The wise man of the stage" (PDF). UNESCO Courier. Consultado o 2008-08-24.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)