Sousón
A sousón[1] é unha variedade de uva tinta (Vitis vinifera) autóctona de Galicia e a Rexión Norte de Portugal, de pequeno tamaño, forma acuminada e pel fina de cor negra azulada, utilizada especialmente para a elaboración dos viños das denominacións de orixe Rías Baixas, Ribeiro e Valdeorras.[2]
Cultívase tamén da outra beira do Miño, no Alto Miño, onde se coñece cos sinónimos lusos: souzão e vinhão. A uva é coñecida por producir viños cunha cor intensa, con sabores bastos e a pasas.[3]
Rexións
[editar | editar a fonte]É orixinario da ribeira do Miño.
Trátase dunha uva escasa, polo que se complementa con outras. Está recomendada como variedade de vinificación en Galicia, segundo a Orde APA/1819/2007, pola que se actualiza o anexo V, clasificación das variedades de vide, do Real Decreto 1472/2000, de 4 de agosto, que regula o potencial de produción vitícola.[4]
Cultívase nas denominacións de orixe Rías Baixas, Ribeiro e Valdeorras.[5]
No Norte de Portugal adóitase usar para a produción de viño do Porto. Tamén está autorizada nas DOC portuguesas de Douro e Dão-Lafões.
Tamén se cultiva en rexións vinivitícolas de Australia, California e Suráfrica. En Australia úsase a sousón para facer viño ao estilo do Porto e tamén viños de mesa mesturándoa con outras variedades portuguesas.
Nota
[editar | editar a fonte]- ↑ Sousón (Tinta) Arquivado 07 de novembro de 2007 en Wayback Machine. donselecto.net
- ↑ VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
- ↑ J. Robinson Vines, Grapes & Wines pg 217 Mitchell Beazley 1986 ISBN 1-85732-999-6
- ↑ Orden APA/1819/2007
- ↑ Orden de 7 de marzo de 2005 de la CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA Y DESARROLLO RURAL de la Xunta de Galicia (publicado en el DOGA nº 54 de 18 de marzo de 2005) por la que se modifican las variedades de uva preferentes y autorizadas por la D.O. Valdeorras