Denominación de Orixe Ribeiro
Suxeriuse que "Ribeiro (viño)" sexa fusionado con este artigo ou apartado (conversa). Para realizar a fusión dos artigos sigue estes pasos. |
D.O. Ribeiro | |
---|---|
Industrias | |
Superficie | |
Viticultores | |
Produción uva | |
Páxina web | |
Enderezo | 32400 Ribadavia. |
A Denominación de Orixe Ribeiro é unha das cinco cinco zonas con denominación de orixe para os seus viños existentes en Galiza. O viño que produce a zona coñécese internacionalmente como ribeiro.
Datos técnicos
[editar | editar a fonte]A denominación de orixe distribúese polos vales dos ríos Arnoia, Avia e Miño, co que se delimitan tres subzonas dentro da mesma denominación de orixe.
A produción de viño ocupa unhas 2 646 hectáreas e agrupa 107 adegas e colleiteiros, nas que traballan 1 725 viticultores. Os datos para 2017 eran respectivamente 2 500 ha, 115 e 5 500[3]. A produción superou os 11 millóns de quilos de uva anuais en 2016[2] e 14 de media.[3]
Tipo de uva
[editar | editar a fonte]A uva admitida dentro da denominación de orixe Ribeiro é:
- Uva branca[4]: treixadura, torrontés, palomino, godello, caiño branco, loureiro, albariño, lado, albilla.
- Uva tinta[4]: caíño, sousón, ferrón, mencía, brancellao, garnacha.
Tamén se produce dentro da denominación de orixe o viño tostado.
Consello regulador
[editar | editar a fonte]A denominación de orixe é a máis antiga de Galicia, e remóntase ao ano 1932, que foi considerado con rango de lei en 1933.[Cómpre referencia] O Consello regulador creouse en 1956 por unha orde ministerial que foi modificada xa varias veces, a última en 2009.
O presidente do consello regulador é Juan Manuel Casares.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 O Ribeiro sufrió en cinco años un notable descenso de viticultores, nova en La Voz de Galicia (en castelán)
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Datos Vendimia D.O. Ribeiro 2016". Vino D.O. Ribeiro (en castelán). 2016-11-22. Consultado o 2019-02-01.
- ↑ 3,0 3,1 "Denominación de Orixe". Vino D.O. Ribeiro. Consultado o 2019-02-01.
- ↑ 4,0 4,1 "Orden del DOG nº 4 de 2017/1/5 - Xunta de Galicia". www.xunta.gal (en castelán). Consultado o 2019-02-01.
- ↑ "Orde do DOG nº 147 do 2017/8/3 - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2019-02-01.