Saltar ao contido

Soutelo Verde, O Castro de Laza, Laza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soutelo Verde

Casa de pedra
ParroquiaO Castro de Laza
ConcelloLaza
Coordenadas42°04′36″N 7°29′39″O / 42.076618, -7.494053
Poboación66 hab. (2011)
editar datos en Wikidata ]
Vista da aldea.

Soutelo Verde é un lugar da parroquia do Castro de Laza, no concello ourensán de Laza, na comarca de Verín. Segundo o INE[1] e o IGE[2] en 2011 tiña 66 habitantes (28 homes e 38 mulleres), tres menos ca en (28 homes e 41 mulleres, segundo o IGE) e seis menos ca en 2009.

Gráfica de evolución demográfica de Soutelo Verde, O Castro de Laza, Laza entre 2000 e 2018
     Poboación de dereito (2001-2014) segundo os censos de poboación do INE.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O lugar está na marxe dereita o curso alto do río Támega, a 8 km do seu nacemento. Pola aldea pasan dous dos seus afluentes, o río de Carraxo e o rego da Ribeira. Pola aldea pasa o camiño de Santiago[3], que vai pola estrada OU-113 entre Laza e Vilar de Barrio. No lugar están os barrios do Peso (ao sur do rego da Ribeira, até a ponte do Peso)[4], O Canto (entre o rego da Ribeira e o río de Carraxo, cara á estrada OU-113), Entre as Pontes (entre a ponte do Peso e a ponte do río Carraxo) e A Poula (ao norte do río de Carraxo).

Historia e patrimonio

[editar | editar a fonte]
Fonte e cruceiro.
Peto de ánimas.
Capela de San Martiño.

O topónimo «Soutelo Verde» fai referencia a un pequeno souto, bosque de castiñeiros.

En 2015 o etnógrafo Bruno Rúa descubriu na fieiteira do Castro dos Mouros un menhir de granito da Idade de Bronce, a coñecida como pedrafita de Rebordiño. O megálito, de 2 metros de alto e 70 cm de ancho, é do tipo «forma cabeza», que trata de imitar un corpo humano de pé, con cabeza e brazos pegados ao corpo.[5][6] Segundo a lenda, o menhir é un home que se intentou roubar a peza de ouro que sostiña a bóveda baixo o castro, e como castigo o rei mouro o converteu en pedra.[7] Outra lenda conta que cando as mozas ían levar o gando aos prados da Escaceira, a moura que vivía no Pozo da Moura, que nunca secaba, a carón do menhir, insistía en peitealas.[7]

O petróglifo das Ferraduras está formado por catro ou cinco cavidades e un signo en forma de ferradura.[8] Segundo a lenda, a marca da ferradura foi deixada polo cabalo do Apóstolo Santiago ao saltar o monte das Penedas de Avión cara ao monte das Ferraduras.[6] O Castro dos Mouros é un poboado castrexo, posiblemente habitado polos tamaganos, tribo que recibe o seu nome do río Támega. A fortificación estaba rodeada por un foxo que no 80 % do perímetro, de até 10 metros de ancho e 7 metros de profundidade nalgúns tramos,[7] se ben foi alterada por actividades forestais e xa non se conservan restos de muralla ou construcións.[8] Durante a romanización de Galicia pasaba polo val do Támega a Vía Secundaria IV,[9] que unía Chaves e Baños de Molgas.[10]

No lugar dos Trigos, en San Martiño, consérvanse os restos dunha necrópole medieval, alterada polas actividades agrícolas e gandeiras. Atopáronse lápidas de lousa, algunhas con inscricións, que foran reutilizadas para limitar os campos. O nome de San Martiño podería indicar a presenza dunha antiga ermida, que se correspondería co cemiterio.[8]

Hai unha antiga explotación mineira de estaño nas Boreas Fundidas.[8]

A fonte e cruceiro están situados no medio do lugar[11]. Detrás da fonte instalouse un lavadoiro comunal de pedra.

A capela de San Martiño é un edificio rectangular de comezos do século XIX[12], construído en estilo popular con cachotaría, agás a fachada construída con pedras de cantaría. A portada é alintelada, con fiestras rectangulares a ambos os lados. Sobre a fachada hai unha espadana cunha campá, con dous pináculos nas esquinas do edificio.[13][14] Anexo á capela hai un peto de ánimas de 1813, a carón do antigo camiño cara ao río Carraxo, co seguinte texto, «Pasajero que vas caminando, socorred las almas que están penando».[15]

Economía

[editar | editar a fonte]

A actividade económica principal é agropecuaria: agricultura, gandaría e industria madeireira. Antigamente había unha ferraría moi activa e dous zapateiros.[11] Tamén chegou a haber dous bares e dous colmados, se ben na actualidade só sobrevive a panadaría A Casa das Bicas, especializada na fabricación de bicas brancas, variedade típica da zona[16].

Cultura e festas

[editar | editar a fonte]

O Entroido de Soutelo Verde é similar ao Entroido de Laza, con peliqueiros e farrapada.

O terceiro domingo de agosto celébrase a festa da Virxen das Dores, na capela do mesmo nome. Antigamente celebrábase o 15 de setembro, con misa solemne e procesión.[11] Na Semana Santa faise a Procesión do Encontro, na que a imaxe da Virxe das Dolores é levada en procesión a medio camiño cara ao lugar de Castro de Laza, preto do río Támega, onde antigamente había un cruceiro e unha pequena capela adicada a Santa María Magdalena.[11]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares do Castro de Laza

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia do Castro de Laza no concello de Laza (Ourense)

O Castro | Correchouso | O Navallo | Naveaus | Soutelo Verde | Tamicelas | Vilameá

Parroquias de Laza

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Laza

A Alberguería (Santa María) | Camba (San Salvador) | Carraxo (San Bieito) | O Castro de Laza (San Pedro) | Cerdedelo (Santa María) | Laza (San Xoán) | Matamá (Santa María) | Retorta (Santa María) | Toro (San Lourenzo) | Trez (Santiago)

  1. INE (ed.). "Instituto Nacional de Estadística. Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales" (en castelán). Consultado o 30.marzo.2013. 
  2. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia – Laza – O Castro de Laza". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 30.marzo.2013. 
  3. "Camino Sanabrés - Vía de la Plata. Etapa 9.- De Laza a Xunqueira de Ambias". Federación Española de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 11 de xaneiro de 2016. 
  4. Xunta de Galicia (26 de febrero de 2008). "Parroquia de Castro de Laza" (PDF). 
  5. Martínez, Sindo (11 de abril de 2015). "Descubren una estatua menhir de hace 4.000 años en un monte de Laza". La Voz de Galicia (en castelán). 
  6. 6,0 6,1 Pedrafita de Rebordiño na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
  7. 7,0 7,1 7,2 Castro dos Mouros na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 "Catálogo de planeamento arqueolóxico" (PDF). Xunta de Galicia. 26 de febreiro de 2008. 
  9. Taboada Chivite, X. (1953). "Carta arqueológica de Verín". Actas del III Congreso Nacional de Arqueología. Zaragoza. 
  10. Fernández Castos, Manuel; Fuentes Corral, Manuel (15 de novembro de 1926). "Unha nova vía romana". Nós (35): 4–5. 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 Diéguez Añel, Antonio Augusto (2015). La cuna del pequeño Támega. Naturaleza, historia y costumbres. Mesada. p. 199. 
  12. Diéguez Añel, Antonio Augusto. La cuna del pequeño Támega. Naturaleza, historia y costumbres. Mesada. pp. 198–199. 
  13. Capela de San Martiño de Soutelo Verde na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
  14. Xunta de Galicia (26 de febrero de 2008). "Parroquia de Castro de Laza" (PDF). 
  15. Peto de ánimas de Soutelo Verde na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
  16. "Xinzo de Limia y pueblos del Macizo Central comienzan el Carnaval más largo de Galicia". Te Interesa (en castelán). 19 de xaneiro de 2013.